A FGCN reivindica os logros sociais na loita contra a droga na súa XXIII...
Vixésimo terceira edición da Gala Anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Unha iniciativa que recoñece o labor de persoas e entidades contra esta lacra. A cita vai ser o vindeiro venres, nun acto no que tamén se entregarán os premios do segundo certame de relatos xuvenís Contos do Camiño. A parte musical virá da man de Cantos da Terra.
A rapazada do cole Sagrada Familia ponse mans á obra cunha recollida de microplásticos...
Xornada de limpeza da praia da Compostela, de Vilagarcía. A rapazada do colexio Sagrada Familia levou a cabo este mércores unha gran recollida de microplásticos. O alumnado está moi concienciado con esta problemática, que ten graves consecuencias para o medio mariño. Este centro, por certo, acaba de entrar nas Escolas Azuis da Unión Europea, en recoñecemento aos seus proxectos medioambientais.
Préstamo de 3,5 millóns de euros a Sanxenxo para mercar terreos en Vilalonga para...
A Xunta abordará en Sanxenxo un novo Proxecto de Interese Autonómico para impulsar en Vilalonga a construción de 350 vivendas, a maioría protexidas. A conselleira de Vivenda e e o alcalde asinaron este martes a concesión dun préstamo do Fondo de Cooperación da Xunta por importe de 3,5 millóns de euros. Cantidade que lle permitirá ao concello adquirir os terreos, a maioría propiedade da Sareb, para cederlle logo ao goberno galego.
Domingo sobre rodas coa sexta edición da XCO Kiwi Atlántico que organiza o Club...
Uns 250 deportistas daranse cita este domingo en Ribadumia na sexta edición da XCO Kiwi Atlántico. Trátase dunha proba de mountain bike cun percorrido técnico que organiza o Club Ciclista Ribadumia pola contorna desta empresa. De feito, as súas instalacións forman parte do percorrido. Este ano a proba é puntuable para o campionato galego.
Sanxenxo asume a xestión e explotación do novo emisario submarino de Montalvo
A explotación do novo emisario de Montalvo xa depende do concello de Sanxenxo. A cesión desta infraestrutura formalizouse esta mañá cunha sinatura na que participaron os alcaldes Telmo Martín e Ángel Moldes, de Poio, e os responsables da empresa pública estatal Acuaes. Trátase dunha peza clave para solucionar os problemas de saneamento dos dous municipios. A construción deste emisario contou cun orzamento de 3,7 millóns de euros, incluídos nun investimento total de 24 millóns para mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra.
Xornada Triple Hélice en Cambados, punto de encontro para o futuro sostible do medio...
Administración, empresa e investigación son os tres piares clave para o futuro do medio rural galego. Este venres, en Cambados, as tres partes estiveron representadas na sétima Xornada Tiple Hélice, centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Foro Empresa Pontevedra, que acolleu a adega Martín Códax.
A Mancomunidade do Salnés forma un novo grupo de soldadores, oficio cunha alta demanda
A Mancomunidade do Salnés, a través de seu plan integrado de emprego, segue formando soldadores. Trátase dun dos obradoiros con máis saídas laborais. Na súa quinta edición formáronse 10 novos alumnos. Como nas anteriores, a presenza feminina cada vez gaña máis peso nun sector tradicionalmente masculinizado. No conxunto das cinco edicións deste curso xa se formaron case 60 candidatos e candidatas.
Arte contra a droga nunha nova edición de Saudarte
Xa se pode visitar en Cambados unha nova edición de Saudarte. Trátase da mostra impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, coa que se pretende fomentar o ocio creativo entre a rapazada. Unha forma de afastar aos máis novos do mundo da droga. A exposición está composta por 25 pezas. Poderase visitar ata o 20 de maio.
Comisións Obreiras anuncia un verán de mobilizacións en Sanxenxo ante o ‘acoso’ ao persoal...
Comisións Obreiras e persoal do servizo de Emerxencias e Protección Civil de Sanxenxo denuncian acoso laboral no concello. Sinalan directamente ao alcalde, Telmo Martín, ao que acusan de utilizar métodos coercitivos para silenciar as demandas de mellora de medios e seguridade feitas polos traballadores. A pinga que encheu o vaso foi a apertura de varios expedientes disciplinarios por faltas moi graves. O sindicato advirte: se non se retiran, comezarán as mobilizacións. E pensan xa no verán.
Concentración da CIG en Vilagarcía para denunciar o incremento das listas de agarda
Xubilados e pensionistas da CIG concentráronse este mércores ante o centro de saúde de Vilagarcía en defensa da sanidade pública. Denuncian o incremento das listas de espera, en especial na atención primaria. Apuntan que un doente non pode agardar mais de 15 días para unha simple consulta. O colectivo mantén en marcha un calendario de mobilizacións e tamén unha recollida de sinaturas.


















