A Mancomunidade do Salnés quere impulsar o turismo de caravanas nos concellos do interior...

A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.

Somos Cambados e Somos Ribadumia exploran unirse a unha confederación de proxectos locais

Somos Cambados e Somos Ribadumia participarán este sábado nun encontro de candidaturas municipalistas de toda Galicia. Unha reunión que se vai celebrar en Chantada e que busca avanzar na construción dunha confederación de proxectos locais de cara ás municipais de 2027. A proposta pretende crear unha coalición específica para eses comicios mantendo a autonomía de cada formación, pero intentando ser clave para a configuración das Deputacións.

Sanxenxo, en punto de encontro para o descubrimento do viño e a conversa en...

Produtores e amantes do viño déronse cita en Sanxenxo na segunda edición de 'Viños a Piñon'. A xornada, impulsada polo Real Club Náutico da localidade, contou con distintas catas. Unha experiencia, explican, adicada ao descubrimento de viños menos coñecidos e singulares. No acto participaron medio cento de viticultores, hostaleiros e afeccionados.

Comezan as obras do centro de talasoterapia do Terrón, en Vilanova

Arrancan as obras do novo centro de talasoterapia do Terrón, en Vilanova. O proxecto agrupa nun mesmo complexo equipamentos deportivos e acuáticos. O futuro edificio con dous vasos e distintos servizos nun edificio de tres andares. Esta fase do talaso conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega o 50% a través do Plan Extra. Este luns visitaron a zona o presidente provincial e membros do goberno local.

A raia, protagonista da ponte do primeiro de maio en Portonovo cunha proposta cultural...

O Portonovo Gastronómico segue medrando. 21 establecementos, dous máis ca o ano pasado, participan este ano nesta cita impulsada polo Concello de Sanxenxo. Na ponte do 1 de maio, a localidade ofrecerá unha completa variedade de tapas, todas elas coa raia como protagonista. Ademais, salienta tamén o reforzo da programación paralela, co regreso do Raia Rock, un concerto de Treixadura ou un festival de baile con varias agrupacións locais.

Martín Códax incide nas ‘boas prácticas’ para seguir levando o sector a un modelo...

Martín Códax acolleu este xoves unha xornada formativa de boas prácticas. A iniciativa, destinada aos cooperativistas da adega, busca incidir en accións que fomenten unha convivencia harmoniosa entre os viticultores, a veciñanza e o medio ambiente. Nestes momentos, por exemplo, á hora de aplicar tratamentos fitosanitarios co obxectivo de diminuír ao máximo o seu impacto en parcelas próximas a vivendas ou a leitos de ríos.

O Castro, punto de encontro dos concellos do Salnés para a loita conxunta contra...

A Asociación O Castro de Baión, en Vilanova, organizou este xoves a I xornada sobre Idadismo e Lonxevidade. O colectivo quixo abordar este problema, poñendo o foco en especial na soidade non desexada. No Castro defenden a necesidade de promover o envellecemento activo dende todos os niveis da sociedade. Na xornada estiveron presentes todos os concellos do Salnés.

As familias de Meaño mobilízanse para reclamar que se retrase o acceso dos menores...

Mobilización en Meaño para reclamar que se retrase o acceso dos menores aos dispositivos dixitais. Co gallo do Día do Neno, a comunidade educativa dos centros do municipio concentrouse na praza do concello para dar visibilidade á alarma que existe entre as familias polo impacto das pantallas na rapazada, tanto no que se refire ao acceso a contidos non recomendados como no seu desenvolvemento social.

Yolanda Díaz chama a Feijóo ‘vasalo de Vox’ na clausura do Congreso de UPTA...

A vicepresidenta segunda do goberno clausurou este mércores en Vilagarcía o Congreso Nacional de Relevo Xeracional organizado por UPTA. Yolanda Díaz reivindicou a necesidade deste foro na procura de solucións a un problema real. Entre as medidas que defenderon, a regularización das persoas migrantes que, entenden, permitirá garantir a continuidade de negocios e postos de traballo.

Xogos de todo tipo e postos informativos de distintos colectivos na Festa da Familia...

A veciñanza de Ribadumia ten unha cita o vindeiro 10 de maio na Festa da Familia. A xornada inclúe distintos tipos de actividades de lecer, educativas e culturais. O obxectivo é promover a convivencia familiar e veciñal e fomentar os valores da inclusión e a saúde. Nesta proposta inclúense, por exemplo, distintos xogos, postos informativos de distintas asociacións e mesmo un contacontos para a rapazada.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete