A Xunta únese ao concello do Grove para afrontar a reforma da rúa Luis...
Xunta e concello do Grove colaborarán para levar adiante a reforma da rúa Luis Antonio Mestre. Esta mañá achegouse ao municipio o presidente autonómico. Alfonso Rueda e José Antonio Cacabelos asinaron o convenio de colaboración par a impulsar a humanización desta travesía, que suporá un investimento de 2,6 millóns de euros.
A fase previa do AF7 arranca este xoves en Ribadumia con 65 equipos e...
O mellor torneo internacional alevín do mundo fai de novo parada esta Semana Santa en Ribadumia. A fase previa do Arousa Fútbol 7 arranca este Xoves Santo no campo da Senra coa participación de 65 equipos dispostos a loitar por un pase para o torneo do mes de maio. Por diante temos catro intensos días de futbol, con máis de 10 horas diarias de competición e a participación de máis de 1.000 xogadores.
Mobilización dos traballadores de Alcampo Vilagarcía pola obriga de traballar domingos e festivos sen...
Os traballadores de Alcampo Vilagarcía mobilízanse contra as súas condicións laborais. Poñen o foco na obriga de traballar en festivos e domingos sen incentivos. Consideran que nesas xornadas as grandes áreas tamén deberan permanecer pechadas. Pero de estar abertas, din, que sexa voluntario e se lles pague a maiores. Porque, ademais, denuncian está a pagar uns soldos moi baixos. Para este vindeiro Xoves Santo, que o centro vai abrir, van convocar unha xornada de folga.
O BNG reclama á Xunta un estudo técnico na D.O. Rías Baixas sobre o...
O BNG oponse á redución do rendemento de uva por hectárea que están a debater algúns sectores da Denominación de Orixe Rías Baixas. A formación considera que o debate é inxustificado e que reducir os copos dos 12 mil aos 10 quilos de uva por hectárea só prexudicaría aos pequenos produtores, principalmente na comarca do Salnés. A formación reclama tamén á Xunta que realice un estudo técnico para avaliar a situación.
33 colectivos presentan alegacións contra a proposta de dragado do río Lérez
Queren evitar que eses áridos acaben na boca da ria de Arousa. Advirten das consecuencias que esta operación pode ter, porque o punto previsto para o vertido é onde se produce o afloramento da ría, co impacto que iso pode ter na produción. Alertan tamén da presenza de mercurio neses lodos. Piden ademais que se compense economicamente aos sectores afectados no tempo que duren estes traballos.
Familias de Vilagarcía piden un curso de natación adaptado para os seus fillos con...
Un grupo de familias de Vilagarcía con fillos con necesidades especiais reclama crear un programa de natación adaptado na piscina municipal. Explican que para a rapazada con autismo, síndrome de Down ou parálise celebral unha actividade como este ten moitos beneficios, comezando pola seguridade, porque habitualmente son pequenos que non son conscientes do perigo. Reclaman que se adapten as instalacións de Fontecarmoa para esta proposta e se contrate persoal especializado. Este xoves leverán a súa demanda ao pleno municipal.
A Gala de Vela Galega volve a Sanxenxo, municipio no que se organizou por...
Sanxenxo acollerá este venres a VIII Gala de Vela Galega. Un evento que, precisamente, nacía nesta vila no 2018. A cita recoñecerá a algúns dos nomes propios máis destacados do panorama galego e internacional, con especial protagonismo para figuras olímpicas como Patricia Suárez ou os irmáns Martín e Jaime Wizner. A gala terá lugar no Auditorio Emilia Pardo Bazán. Na presentación, o alcalde de Sanxenxo destacou que actos como este permiten seguir potenciando os deportes náuticos no municipio.
Semana Santa con boas previsións no Salnés cun aumento das reservas con máis antelación
As vacacións de Semana Santa están á volta da esquina e as previsións turísticas para O Salnés son boas. Aínda que tradicionalmente neste período a xente soe decidir destino moi tarde, este foron moitos os que fixeron con antelación a súa reserva. Coas previsións meteorolóxicas favorables, todo apunta a que nestes próximos días tamén serán moitas as reservas de última hora.
Primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero en Ribadumia coa implicación dos centros educativos
Ribadumia celebra a súa primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero. Trátase dunha ferramenta de coordinación entre os distintos actores implicados na loita contra esta lacra. Na xuntanza participaron representantes da administración a distintos niveis, Garda Civil e membros da comunidade educativa do municipio e do eido da saúde. Neste tipo de mesas faise unha radiografía de cal é a realidade do concello no referente á violencia de xénero, que necesidades presenta e que medidas cómpre tomar para o fomento da igualdade.
Caslua aposta pola construción industrializada para dar resposta ao problema da vivenda
Apostar pola vivenda industrializada para dar resposta á alta demanda. É a proposta que lanza a empresa Caslua. Con sede no Grove, a compañía traballa neste modelo de innovación no sector da construción, que permite optimizar os procesos e abaratar os custos. Esta liña de negocio súmase a outra que a empresa xa ten en marcha: a fabricación de casas cápsula sostible.

















