Os Xóves de Códax reparte os 45.000 euros da recadación deste ano entre cinco...
Martín Códax fai entrega da recadación dos Xoves de Códax a cinco entidades sociais. En total, a adega entregou 45.000 euros, a repartir entre a Fundación Xoán XXIII, Dano Cerebral Galicia, Párkinson Galicia A Coruña, Art for Dent e Igaxes. Dende a posta en marcha do ciclo dos Xoves, a cooperativa supera xa os 350.000 euros achegados a asociacións e proxectos sociais.
Desencontro entre a Xunta e o concello de Vilagarcía polo futuro da Casa de...
O goberno local ameaza con demandar a Patrimonio se non se desbloquea este proxecto no prazo dun mes. En concreto, Ravella pídelle a ese departamento autonómico que o inmoble quede exento de necesitar a súa autorización para a súa rehabilitación. Algo que descartaba este xoves o delegado da Xunta en Pontevedra porque, lembra, trátase dun ben catalogado. Pablo Fernández lamenta a actitude do concello vilagarcián, ao que di tender a man na procura de avances.
O delegado da Xunta en Pontevedra considera ‘moi boa nova’ a construción dunha residencia...
A Xunta presentou este xoves novos detalles da nova rede de residencias que se vai construír en Galicia. En todo o territorio prevese a craeción de 25 novos centros, con máis de 1.800 novas prazas. Ademais da de Ribeira, contémplanse 12 lotes repartidos por Galicia, cunha residencia de máis de 100 prazas e outra máis pequena, situada nun concello próximo á grande para optimizar recursos. No caso do Salnés, o proxecto inclúe un lote: o equipamento principal en Sanxenxo e outra de menor tamaño, denominada ‘satélite’ en Cambados.
Un escudo en pedra na praza da Liberdade lembra o histórico concello constitucional do...
O Carril xa presume de escudo. Trátase dunha réplica en pedra da insiginia do antigo concello, que foi instalada na praza da Liberdade, unha vez foi retirado da zona o vello transformador eléctrico. O concello de Vilagarcía investiu neste escudo de 16 metros cadrados uns 17.000 euros. Hai uns meses xa se instalou un semellante en Vilaxoán.
Attis, 25 anos dunha adega cos pés en Meaño e presente xa en 25...
A adega ATTIS conmemora o seu 25 aniversario. Este martes, organizou en Meaño un acto conmemorativo para repasar este primeiro cuarto de século de traxectoria. Neste tempo, esta adega familiar foi expandindo o seu proxecto, elaborando viños brancos e tintos cun total de 20 marcas. Ademais, está presente a día de hoxe en 25 países.
Martín Códax investirá 18,6 millós de euros na ampliación das súas instalacións de Cambados
A Xunta declara Proxecto de Interese Autonómico a ampliación das instalacións de Adegas Martín Códax. A cooperativa ten prevista unha actuación que abarca máis de 47.000 metros cadrados, cun investimento de máis de 18 millóns de euros. O proxecto busca adaptar as distintas áreas ao incremento da súa capacidade produtiva. Tamén se habilitarán novos espazos para a área de enoturismo.
Mariscos Gilmar amplía as súas instalacións en Vilanova logo de investir 1,2 millóns de...
Posta de longo das novas instalacións de Mariscos Gilmar, en Vilanova. A compañía investiu 1,2 millóns de euros na ampliación da súa planta no polígono de Tremoedo. Con 40 anos de traxectoria especializada na transformación e produción de polbo, Gilmar abre agora unha nova etapa, coa incorporación de nova tecnoloxía, a mellora dos procesos produtivos e o avance cara a novos mercados.
A Mancomunidade do Salnés despide o seu Programa Integrado de Emprego con 83 insercións...
A Mancomunidade do Salnés clausura a décimo cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego superando todas as expectativas de inserción laboral. Actualmente, 83 dos 100 candidatos xa están traballando. Cando no arranque do programa o obxectivo era de 45. Unhas cifras que acreditan o bo funcionamento desta iniciativa, que articulou a realización de 30 cursos, 9 obradoiros de emprego e máis de 600 orientacións laborais.
Alberto Varela presenta a denuncia contra o home que o agrediu ao berro de...
O alcalde de Vilagarcía formalizou este luns a denuncia contra o home que o agrediu esta fin de semana nun local hostaleiro da cidade. O varón atacou a Alberto Varela propinándolle dous golpes nas costas e agarrandoo polo pescozo ao berro de ‘rojos de mierda’ e ‘iros de putas con Ábalos’. O socialista asegura que reflexionou sobre presentar ou non a denuncia. Asegura que o fai como xeito de chamar a atención sobre a gravidade que ten normalizar o insulto por razóns ideolóxicas e a escalada violenta que se está a producir como consecuencia.
Visita sorpresa de Pedro Sánchez á Festa do Marisco do Grove
Pedro Sánchez arroupa a Festa do Marisco do Grove na súa xornada inaugural. Horas antes de participar no Foro da Toxa, o presidente do goberno visitou a carpa gastronómica no arranque desta 63 edición entre apupos e aplausos. Estivo acompañado de distintas autoridades, entre elas, o alcalde do Grove e outros rexedores da zona, así como o secretario xeral dos socialistas galegos. Calcúlase que unhas 100.000 persoas pasarán por este evento ata o vindeiro 12 de outubro.

















