A provincia de Pontevedra convértese na meta do turismo deportivo en Fitur

A Deputación de Pontevedra centra no deporte a campaña que levou este ano a Fitur. 'A túa meta, o teu destino' presentouse en Madrid como un convite para "desconectar, conectar e reconectar" da rutina, descubrindo as Rías Baixas a través do deporte. O presidente provincial estivo acompañado durante o acto do xefe do executivo galego.

Sanxenxo fai balance en Fitur dun 2025 ‘fenomenal’ en materia turística

Sanxenxo aproveitou para facer balance dos datos turísticos do 2025. Dende Fitur, o concello fala dun ano 'fenomenal' con preto dun millón de visitantes. O concelleiro de turismo destaca que deles o 32% xa se achegaron en municipio en tempada baixa, o que demostra o traballo que se está a facer no municipio a prol da desestacionalización.

A Mancomunidade convida ao Salnes ao embaixador da China en España para afianzar lazos...

Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.

O Conselleiro de Comercio visita Arroupa en Vilagarcía tras recibir o galardón de Comercio...

VILAGARCÍA> Visita do conselleiro de comercio á tenda de Arroupa en Vilagarcía. José González puxo en valor este proxecto impulsado por Cáritas Diocesana de...

O Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas centra a promoción turística de Sanxenxo...

Sanxenxo promociónase na Feira Internacional de Turismo. Este ano o municipio centra parte da súa campaña no Pazo de Quintáns. Trátase dun Ben de Interese Cultural que o concello acaba de converter no novo Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas.

Oito alumnos fórmanse en elaboración de viños e enoturismo cun novo curso da Mancomunidade...

Enoturismo e Elaboración de Viños son as materias que trata o novo curso da Mancomunidade do Salnés. A acción formativa está enmarcada no Programa Integrado de Emprego e busca dar resposta a unha necesidade crecente do territorio: a escaseza de perfís profesionais especializados en enoturismo. Os oito candidatos xa empezaron a súa formación, que se desenvolverá en Condes de Albarei e Pazo Baión.

O desfile de Meis inaugurará o Entroido no Salnés o vindeiro 14 de febreiro

O Entroido de Meis volverá ser o máis madrugador do Salnés. O concello anuncia que as festas comezarán o vindeiro 14 de febreiro. E farano co desfile, o concurso, animación na rúa e 2.000 euros en premios. Só queda confiar en que o tempo acompañe.

Obradoiro de caixeiro-repoñedor para 15 desempregados en Ribadumia

Hoxe comezou unha nova edición do obradoiro de caixeiro-repoñedor que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha das accións formativas que se inclúen no plan de emprego do organismo comarcal. 15 mozos en situación de desemprego recibirán nas vindeiras semanas aprendizaxe teórica e práctica para favorecer a súa inserción no mercado laboral.

A primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente celebrarase en Meaño e xuntará fondos para...

Meaño acollerá a primeira carreira solidaria Polilla Ana Vicente. Trátase dunha proba que se vai celebrar o vindeiro 7 de febreiro, a favor da Asoación Española Contra o Cancro. Detrás desta iniciativa están os antiguos alumnos dos colexios da Garda Civil, co apoio de diferentes empresas e administracións. As inscricións xa están abertas. Polo de agora hai xa anotadas unas 150 persoas.

Unha rúa á altura da escritora Herminia Fariña

Meaño inaugurou este venres a renovada rúa Herminia Fariña. A vía acaba de experimentar unha completa reforma, mellorando a mobilidade na zona. Na actuación investiume máis de medio millón de euros. Parte do orzamento foi financiado pola Xunta a través do Fondo de Cooperación Local. O acto desta mañá serviu tamén de homenaxe á escritora á que se lle dedica a rúa.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete