Arousa Bay, Cantos da Terra e Lendaria protagonizan a Gala Solidaria de Cáritas Arousa

Cáritas Arousa celebrará este venres en Vilagarcía a súa Gala Solidaria. A cita, que acada xa a súa vixésimo oitava edición, reunirá no auditorio da cidade a Arousa Bay, Cantos da Terra e o grupo de danza Lendaria. O evento busca recadar fondos para os distintos proxectos que desenvolve a entidade na comarca. Na organización agardan mesmo superar a recadación récord do ano pasado, cando conseguiran xuntar máis de 2.000 euros.

O comercio local de Vilagarcía, cada vez máis praparado para a súa dixitalización

A Cámara de Comercio clausurou hoxe en Vilagarcía o programa 'Dixitaliza o teu posto', unha iniciativa que formou ao comercio local da cidade centrada na implantación do noso sistema de facturación e en competencias dixitais. A programación rematou cunha chocolatada, música e a antrega de premios do sorteo do Black Friday entra a clientela da praza de Abastos.

Meis queda sen a súa Feira do Galo de Curral

O concello de Meis decidiu suspender a edición deste ano da Feria do Galo de Curral ante a situación legal das produtoras. Só unha das criadoras conseguiu regularizar a súa situación. Aínda que afectadas pola cancelación da feira este ano, traballan co obxectivo de rematar os trámites a tempo para volver con máis forza e con todas as garantías no Nadal de 2026.

Actuación de urxencia no CEIP da Lomba, en Vilagarcia, tras a caída de casacallos...

Os traballos de arranxo da fachada do colexio da Lomba, en Vilagarcía, están a piques de rematar. A Xunta tivo que intervir de urxencia neste centro logo de que a comezos de mes se producisen varios desprendementos de cascallos. Dende o goberno galego recoñecen o risco que supoñía esta situación. Logo desta actuación, os técnicos de Educación volverán revisar o edificio para garantir que todos os danos quedaron arranxados.

Alta demanda de formación especializada en empresas punteiras de Arousa

En Vilagarcía, un grupo de mozos e mozas da cidade estanse a forman na empresa Thune Eureka, dedicada á fabricación de equipamentos para sectores como o naval ou defensa. Están a participar no programa de emprego que impulsa o concello, co compromiso da compañía de contratar unha parte do alumnado. A dirección da empresa explica que se trata de empregos de calidade, nun sector cunha alta demanda de persoal especializado.

Rexistran con retroescavadoras unha leira de Vilanova nunha nova operación contra o narcotráfico

Arousa volve ser o escenario dun novo operativo contra o tráfico de drogas. Dende primeira hora desta mañá, a Policía Nacional está a levar a cabo rexistros en varios concellos, entre eles Ribadumia e Vilanova de Arousa. A intervención está a ser dirixida por un xulgado de Santiago e, segundo explican dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, dá continuidade a un realizado hai semanas noutra comarca galega. Fontes da investigación apuntan a que hai varios detidos.

Cada vez máis mulleres fórmanse en maquinaria pesada no Salnés

15 persoas desempregadas participan no curso de manexo de minipás e retroexcavadoras da Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha acción formativa incluída no plan integrado de emprego do organismo comarcal. Nesta edición, a presenza feminina continúa aumentando, acadando xa o 30%. Trátase dun sector cunha alta demanda de operarios.

Falece un home tras caer á auga no Grove

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 14:45 horas, a través dun particular que solicitaba asistencia para un familiar, ao que acababan de retirar da auga e que, segundo indicaba, podería estar falecido.

Vilagarcía pon o foco nos ‘negacionistas’ das violencias machistas neste 25N

O salón de Plenos de Vilagarcía acolleu un acto no que a música foi unha das grandes protagonistas e onde se amosou o rexeitamento unánime da cidade á violencia machista. Tamén se deu lectura a un manifesto 'contra o negacionismo' e en defensa da igualdade. Ademais, coincidindo cos 50 anos da fin do franquismo, a voceira do goberno local pediu á cidadanía que reflexione sobre a gran conquista de dereitos para as mulleres en Democracia fronte os tempos escuros da ditadura.

A rapazada do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia crea un mosaico do 25N

> En Ribadumia, o epicentro deste Día contra a Violencia de Xénero foi o colexio Julia Becerra Malvar. Uns 70 nenos e nenas de 5° e 6° de primaria debuxaron no patio do centro un gran 25N na compaña do alcalde e membros do CIM da Mancomunidade do Salnés. A lectura do manifesto tamén correu a cargo do alumnado.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete