Preocupación no sector bateeiro polo peche do 80% dos polígonos das rías galegas

Preocupación polo avance imparable da toxina en todas as Rías Baixas. Nestes momentos as rías de Pontevedra e Muros-Noia atópanse totalmente clausuradas, así como boa parte da de Arousa. En concreto, están pechados 41 dos 52 polígonos das rías.

As limpadoras dos hospitais do Salnés e O Barbanza reclaman a equiparación laboral e...

Xornada de folga das traballadoras da limpeza do Hospital do Salnés. Xunto coas compañeiras dos complexos hospitalarios do Barbanza e Cee reclaman equiparación de salarios e condicións ao resto de hospitais do SERGAS. Dende esta semana, convocan os martes e mércores paros de dúas horas por cada quenda.

O Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova conmemora o seu décimo aniversario

O Pazo de Vista Real, en Vilanova, pasou de ser un emblema do narcotráfico en Arousa a unha referencia no eido do apoio ao emprego. O concello adquiriuno no 2010 e dende hai 10 anos, entre outros usos, é a sede do Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova. Un espazo de apoio ao emprego e ao emprendemento, polo que nesta década pasaron milleiros de persoas.

As primeiras centolas do Grove cotizáronse a 34,65 euros o quilo

Arrancou a campaña da centola con prezos á alza. No Grove superáronse os 34 euros. E malia que o tempo acompañou poucas foron as embarcacións que conseguir coller os topes. Os mariñeirs explican que moita alga e lixo que lles dificultou o traballo. Así as cousas, na primeira xornada descargaron na lonxa meca case cinco toneladas, cantidade moi superior á do ano pasado.

Xornada arredor da dixitalización do sector turístico no Polo de Emprendemento de Vilanova

Xornada arredor da dixitalización do sector turístico no Polo de Emprendemento de Vilanova. Nesta acción formativa participaron algúns dos emprendedores que reciben asesoramento neste servizo que a Xunta ten no Pazo de Vista Real. Un espazo no que continúan achegándose persoas que teñen en mente a creación ou expansión dun proxecto.

O CIM do Salnés adapta as súas instalacións ás necesidades reais do servizo que...

O CIM Mancomunado do Salnés estrea instalacións renovadas. O espazo, que dá servizo aos concellos de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño e Vilanova, foi obxecto dunha fonda reforma para adapatalo ás necesidades das súas usuarias. As instalacións contan agora cunha sala de conciliación e espazos axeitados nos que se gaña privacidade e confidencialidade.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico pide cambios lexislativos ante un escenario ‘altamente preocupante’

Trinta anos despois da primeira experiencia, a Fundación Galega contra o Narcotráfico impulsa a segunda edición do Congreso de Lexislación Antinarcotráfico. Trátase dun foro que busca poñer sobre a mesa solucións a través de conferencias e mesas de traballo nas que van participar membros das forzas e corpos de seguridade do estado, profesionais da adminitración de xustiza, representantes políticos e a sociedade civil.

Campaña da volandeira ‘ilusionante’ en Cambados

En Cambados arrancou unha campaña da volandeira que cualifican de 'ilusionante'. Nestas primeiras xornadas as capturas foron boas, cunha descarga de case 6.000 quilos no primeiro día. Os prezos tamén acompañaron, acadando os 11,90 euros, na liña do ano anterior. Na confraría falan dun produto de boa calidade e dun tamaño bo, semellante ao do ano pasado ou incluso máis grande. A campaña do bou de vara prolongarase ata marzo, cunhas altas expectativas para o Nadal.

A CIG ameaza con mobilizacións se non hai avances na negociación do convenio da...

A patronal acaba de presentar a súa proposta para o convenio da conserva. Hoxe a CIG analizouna nunha asemblea en Vilagarcía. Na central nacionalista critican as subas salariais que se poñen enriba da mesa, practicamente nulas nas categorías máis baixas, así como o sistema de clasificación de persoal. A vindeira xuntanza vai ter lugar o día 13 en Madrid. Agardan que logo dun ano de inmobilismo, comece a haber avances. Do conctrario, advirten, chamarán á mobilización do sector.

As familias do CEIP A Lomba amósanse ‘moi preocupadas’ pola caída de cascallos da...

Preocupación na comunidade educativa do CEIP A Lomba, en Vilagarcía, pola caída de cascallos da fachada deste centro. Técnicos municipais inspeccionaron hoxe o exterior do edificio logo dos desprendementos desta fin de semana. Segundo o seu informe, o centro presenta un problema estrutural, con diversas patoloxías. A ANPA reclama un arranxo urxente para garantir a seguridade da rapazada.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete