O Plan Especial do Porto de Cambados, clave para o asentamentos de novas industrias
Despois de dez anos de trámites, Cambados acaba de aprobar o seu plan especial do porto. Trátase dun documento clave para o desenvolvemento da vila, así como o asentamento de novas industrias. O documento, que xa foi aprobado en pleno, permite tamén despexar o futuro da praza de abastos, pendende dunha renovación dende hai anos.
Batería de actividades en Cambados para a defensa e posta en valor do medio...
Cambados pon en marcha un completo programa de actividades medioambientais para este outono. As propostas buscan fomentar hábitos saudables entre toda a veciñanza poñendo en valor os espazos naturais do municipio, con iniciativas como ioga ao aire libre, observación de estrelas ou andainas para descubrir a flora e fauna da contorna. O programa inclúe tamén unha campaña divulgativa entre a rapazada, con xogos que van repartir polos colexios.
María Deza despídese de Sanxenxo para dirixir a Axencia Galega de Infraestruturas
María Deza despídese do Concello de Sanxenxo. A primeira tenenta de alcaldía dá o salto á política galega. Será a nova directora da Axencia Galega de Infraestruturas. A popular, moi emocionada, despediuse hoxe da corporación nun pleno extraordinario no que, apuntou, pediu desculpas polos erros que puido cometer. O alcalde e os grupos da oposición agradecéronlle o seu traballo.
Meusviños segue gañando seareiros
As xornadas de autopromoción vitivinícola celebraron o seu sexto aniversario consolidadas como unha cita imprescindible no municipio. A resposta do público foi tal que a organización esgotou as 2.500 copas que tiña dispoñibles xa o sábado. Na cita, tamén destacou este ano o irmandamento co concello asturiano de Cangas del Narcea. O seu alcalde participaba tamén nas xornadas, inauguradas este ano polo presidente de Martín Códax.
Vinte proxectos optan ás axudas do GDR Salnés-Ulla-Umia, mobilizando 1,2 millóns de euros
Unha vintena de proxectos recibirán axudas a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia na convocatoria 2025-2026. A entidade celebrou onte a súa asemblea xeral, na que se informou das propostas de aprobación destas achegas. Así, estas iniciativas recibirán axudas de 430.000 euros, mobilizando un investimento total de 1,2 millóns. Na listaxe hai proxectos de concellos, de entidades sociais e culturais e de emprendedores, con propostas innovadoras como a creación dunha biorrefinería ou dun crematorio para mascotas.
Os futuros adestradores do Salnés fórmanse en Ribadumia
Ribadumia acollerá un curso de adestradores UEFA. A actividade, con varias sesións teóricas e prácticas, está liderada pola Real Federación Galega de Fútbol co apoio do concello. Vai arrancar o vindeiro 21 de outubro en el vanse formar máis dunha trintena de persoas.
Vilagarcía concentra os actos de apoio ao pobo palestino no Salnés nesta xornada de...
Aínda que marcharon por separado CIG e CCOO e UTX coinciden no fondo do programa: que malia o acordo de paz entre Israel e Hamás os crimes contra o pobo palestino persisten. No Salnés, as tres forzas sindicais saíron á rúa nesta xornada de folga e paros laborais. En Vilagarcía, o principal acto foi o da CIG, diante da casa do concello.
O concello de Meaño vai transformar a pista deportiva de Dena nun espazo polivalente
O proxecto, que xa está en marcha, permitirá crear tres novos equipamentos: unha pista de pádel, unha pista de fútbol indoor e un parque infantil cuberto. Trátase dun ambicioso proxecto, situado nunha localización estratéxica ao carón dos centros educativos, que conta cun orzamento de 670.000 euros.
Os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas achegaranse á edición máis internacional do...
A edición máis internacional do Curtas está a piques de comezar en Vilagarcía. O festival audiovisual comezará o próximo día 24 con máis dun cento de estreas, preto dunha vintena mundiais. Ademais das exposicións, que xa se poden visitar, o Curtas traerá á cidade este ano os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.
Seis coles de Pontevedra e O Salnés participan na programa de vacinación intranasal contra...
Trátase dunha campaña que busca inmunizar por vía intranasal rapazada de entre 3 e 11 anos. Na zona de Pontevedra están convocados 500 menores e na do Salnés, 1.200. Un dos centros seleccionados para participar neste programa é o San Tomé de Cambados, onde a rapazada recibiu a súa dose esta mañá.

















