Zona Aberta celebra unha ‘moi boa’ campaña de verán coa vista posta xa no...
Zona Aberta de Vilagarcía fai un balance moi positivo da campaña de verán. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que a tempada foi moi boa en canto a vendas. Aseguran que detectaron nos últimos meses un repunte de clientela que se achega aos seus establecementos, atraída pola oferta ampla e todos os servizos que ofrece a cidade. Agora, na entidade traballan xa coa vista posta na campaña de Nada.
Adeus Conde Vallellano, ola Clara Campoamor!
Clara Campoamor xa forma parte do rueiro de Vilagarcía. A cidade despediuse hoxe da rúa Conde Vallellano, ministro franquista, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática. Este é o primeiro dos cambios previstos porque nos vindeiros meses tamén mudarán Xeneral Yagüe ou Almirante Fontán. Tamén se renovarán nos vindeiros meses todas as placas de rúas e parroquias do municipio.
O BNG márcase o tanto do xiro social e dos investimentos contemplados nos orzamentos...
Un día despois de asinar o acordo co PSdeG para a apoiar os orzamentos de Vilagarcía, o BNG defende que as súas achegas poñen as persoas no centro e definen o modelo de cidade. Aínda que lamentan que a aprobación das contas chega tarde, reivindican que son máis sociais e cun potente capítulo de investimentos no que o rural tamén vai estar moi presente.
O goberno de Vilagarcía sacará adiante os orzamentos apoiándose de novo no BNG
Acordo entre o goberno local de Vilagarcía e o BNG para sacar adiante os orzamentos municipais. O alcalde da cidade e o voceiro nacionalista asinaron esta mañá un acordo que lle permite aos socialistas sacar adiante no pleno deste xoves as contas, que ascenden a 39,4 millóns de euros. No documento asinado hoxe recóllese tamén un compromiso para sacar tamén adiante as contas de 2026 no primeiro trimestre do ano que vén.
En marcha as obras da rúa Herminia Fariña de Meaño, que transformarán a contorna...
Xa está en marcha en Meaño a obra de humanización da rúa Herminia Fariña. Unha actuación que transformará un dos principais puntos do centro da vila, na contorna de equipamentos como o centro de saúde, o colexio As Covas-Meaño ou o pavillón municipal de Deportes. Os traballos diríxense á renovación dos servizos e á humanización do espazo, apostando pola plataforma única. O proxecto ten un orzamento de 522.000 euros e calcúlase que estará rematado a finais de novembro.
Sanxenxo contará cun programa pioneiro de educación sanitaria e chequeo de balde para a...
Sanxenxo e a Sociedade Galega de Hipertensión van da man para impulsar un programa de educación sanitaria para a poboación. Trátase dunha actividade que se que se vai celebrar os días 26 e 27 deste mes. Enmárcase no 31 Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión e no 22 Congreso Sociedade Galega de Risco Vascular.
A Autovía do Salnés ampliarase ata Noalla
A Xunta destinará 40 millóns de euros para ampliación da Autovía do Salnés e tentar desconxestionar o tráfico entre Sanxenxo e o acceso ao Grove. O proxecto inclúe o desdobramento da actual vía rápida entre Sanxenxo e Noalla e a creación dun terceiro carril entre este punto e A Lanzada. Tamén a ampliación a catro carrís da PO-308 entre a vía rápida e a PO-550. A actuación, que comezará no 2027, inclúe tamén a creación dunha senda peonil e ciclista que percorra toda A Lanzada.
Os plans da Deputacion de Pontevedra contarán en 2026 cunha dotación económica ‘sen precedentes’
O goberno provincial mobilizará 128 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Avanzouno hoxe o presidente nun acto cos alcaldes e alcaldesas da provincia. Salienta a cifra récord do Plan +Provincia, que acada os 50 millóns de euros. Ademais, como novidade, os concellos poderán ter acceso anticipado as 35 millóns de euros do +Provincia do ano 2027 para proxectos plurianuais. Haberá tamén unha nova edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas con 8 millóns de euros e o segundo Plan Extra estará dotado no 2026 con 35 millóns de euros.
A chuvia pon en ‘stand by’ a vendima nas Rías Baixas
A chuvia condiciona a vendima en Rías Baixas. A entrada de uva nas adegas está paralizada por culpa do mal tempo. É o caso de Mar de Frades, onde están a vivir unha das campañas máis madrugadoras que lembran: comezaron o pasado 25 de agosto. Con todo os seus responsables auguran unha vendima longa, logo dun primeiro parón a semana pasada e agora outro que, como mínimo, se prolongará ata o venres.
Rubiáns converte a volta ao cole nunha feira de gando coa rapazada disfrazada de...
Comeza o curso escolar. Hoxe foi día de volta ás aulas para o alumnado de toda Galicia. Moitos nervios, algo de sono e, sobre todo, moitas ganas de reencontrarse coas amizadas neste primeiro día. Para as familias, xornada de volta á rutina, moi necesaria para conciliar o persoal co laboral. O CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía, organizou neste arranque do curso unha feira. Coa rapazada disfrazada de animais de granxa, a actividade serviu para facer máis levadeiro este regreso ás clases.

















