A vendima, a pleno rendemento nos viñedos de Martín Códax
A vendima xa está a pleno rendemento na Denominación de Orixe Rías Baixas e en Martín Códax. As condicións meteorolóxicas adiantaron finalmente o inicio da recollida da uva, que está a entrar na adega nun excelente estado sanitario e cun bo equilibrio entre grao e acidez. Os traballos na cooperativa cambadesa desenvolveranse de xeito progresivo, co obxectivo de completalos na primeira quincena de setembro. Todo fai pensar que estamos ante unha gran colleita.
A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do polo...
A Xunta pon de relevo o emprendemento feminino no marco do labor do polo de Vilanova de Arousa. As instalacións do Pazo de Vista Real recibiron hoxe a visita da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Marta Mariño destacou que o polo vilanovés leva atendido máis de 200 proxectos. Deles, o 58% están impulsados por mulleres.
Centos de persoas protestan en Vilagarcía e Pontevedra contra os incendios e a política...
Milleiros de persoas mobilizáronse onte en Galicia para protestar contra a vaga de lumes que está a arrasar principalmente a provincia de Ourense. Houbo concentracións en diferentes localidades do territorio. Entre elas, Vilagarcía e Pontevedra. Os centos de participantes criticaron tamén a política forestal da Xunta de Galicia ao berro de ‘Lumes forestais nunca máis’.
O Salnés copa os premios da Cata-Concurso da Festa do Albariño de Cambados
O Salnés arrasou na trixésimo sétima edición da cata concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tres adegas desta subzona de Rías Baixas coparon o podio. Foron Mar de Ons, de Bodegas Aguiuncho, de Vilalonga; Bodegas Pazo Cilleiro de Meis e Lagar da Costa, de Castrelo, que se fixo co bronce. Foron os tres viños escollidos polo panel de expertos entre os 52 que se presentaron nesta edición.
Sanxenxo merca por 300.000 euros un terreo en Portonovo para construír un aparcadoiro público
Sanxenxo amplía a súa bolsa de aparcadoiro no centro de Portonovo. O concello vén de adquirir unha parcela na que construirá un parking público de cara ao vindeiro ano. Mentres non arranquen as obras, o terreo poderá ser empregado polos residentes como aparcadoiro gratuíto, cunha capacidade para uns 20 vehículos. A parcela tivo un custo de 300.000 euros.
As mariscadoras do Grove volven mobilizarse para o seu dereito ao paro remunerado
Nova protesta das mariscadoras a pé do Grove. Desta volta, na Xefatura Comarcal da Consellería do Mar en Carril. Esta mañá insistiron na súa reclamación: o seu dereito laboral de realizar un parón remunerado durante o verán por mor da baixa produtividade do marisco nesta época. Afirman que están nunha situación límite, con salarios que non superan os 500 euros.
Cheo ata a bandeira no Paseo da Calzada para inaugurar a XXLIII Festa do...
Este mediodía o Paseo da Calzada de Cambados estaba ata a bandeira. Ninguén quixo perder o arranque da raíña das festas, a do Albariño. Pasada a 1 do mediodía e despois do pregón, os stands das adegas comezaron a servir os seus viños. Comezando así cinco días de festa que se prometen intensos.
O falecemento dun vilagarcián de 49 anos intensifica a reclamación do BNG dunha medicalizada...
Un falecemento rexistrado esta fin de semana en Vilagarcía intensifica as reclamacións do BNG para que a ambulancia medicalizada volva ao Hospital do Salnés. A formación denuncia que a atención sanitaria tardou media hora en chegar a este veciño vilagarcián de 49 anos que acababa de sufrir un infarto. Un tempo que, consideran os nacionalistas, reduce significativamente as posibilidades de sobrevivir nos casos de emerxencias máis graves. Por iso volven reclamar ao PP que rectifique a súa decisión de trasladar a medicalizada a Sanxenxo durante o verán.
Cambados desconta os días para a LXXIII Festa do Albariño
Cambados xa conta os días para que o albariño encha as súas rúas. Do 30 de xullo ao 4 de agosto a vila celebrará a edición número 73 da súa festa grande, convertida nun evento multitudinario e un referente cultural e turístico. Haberá concertos, pasarrúas e actividades para todos os públicos pero o epicentro continuará a ser o Paseo da Calzada. Alí instalaranse as 42 casetas que acollerán as adegas da DO Rías Baixas coas neveiras cheas para que os seus viños sexan os verdadeiros protagonistas.
Vilagarcía contará por primeira vez cunha unidade móbil con dez cámaras para a Festa...
Vilagarcía deseña o dispositivo de seguridade para a Festa da Auga, a cita máis multitudinaria do concello. Por primeira vez, porase en marcha unha unidade móbil de vixilancia dotada con dez cámaras que axudarán a manter controlado o centro da vila. Este ano agárdase que a festa sexa multitudinaria, superando as 30.000 persoas que se contabilizaron o ano pasado.
Ao redor de 30.000 persoas contabilizáronse o ano pasado na Festa da Auga de Vilagarcía. Este 2025 a cita cae en sábado e agárdase que a afluencia sexa aínda maior. Por iso, o deseño do dispositivo de seguridade centrou a reunión que hoxe celebrou a xunta local de seguridade.

















