Meis recupera con éxito a súa Feira Labrega despois de cinco anos de parón

Meis recupera con gran éxito a súa Feira Labrega. Despois de cinco anos de parón, a cita volveu onte ao campo da feira con mostras de artesanía, xogos tradicionais, gastronomía e música. A cita, que cumpriu a súa décimo terceira edición, está enmarcada na programación das festas de San Bieito.

O Obradoiro de Hostalería do Salnés a AECC, unidos de novo polos bos hábitos...

O Obradoiro de Hostalería do Salnés e a Asociación Española contra o Cancro volven ir da man no fomento dos hábitos alimenticios saudables. Esta mañá, renovaron o seu convenio polo que o alumnado do obradoiro ofrecerá durante catro xornadas almorzos e aperitivos saudables. Unha iniciativa ademais solidaria, porque a recadación destinarase a proxectos de investigación contra o cancro. O ano pasado, logo de atender a máis de 500 comensais, conseguiron recadar uns 3.000 euros.

Sanxenxo xa presume das súas 17 bandeiras azuis

Esta mañá o presidente da Xunta e o alcalde de Sanxenxo encargáronse do izado da insignia da praia de Silgar. Unha escena que se repetiu de forma simultáneo nos outros 16 areais do municipio que tamén contan con este distintivo. Sanxenxo mantense como o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias. A elas hai que sumar bandeiras azuis en 3 portos deportivos, 1 centro azul e 8 sendeiros azuis, tamén o concello de España co maior número.

Reclaman que o Plan Hidrolóxico contemple as actividades produtivas das rías e o impacto...

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Plademar Muros-Noia presentan as súas alegacións ao Plan Hidrolóxico de Galicia Costa 2028-2033. Trátase do documento chamado a fixar a folla de ruta para a xestión sustentable da auga, equilibrando as necesidades humanas coa protección do medio ambiente. O colectivos basean as súas alegacións en tres piares: non se considera a conservación dos recursos dos que dependen as actividades produtivas das rías, non se contempla a presión que van exercer proxectos industriais como Altri ou as minas de Touro e San Finx e a falta de transparencia por parte de Augas de Galicia á hora de achegar información sobre o estado dos ríos e rías.

A Xunta construirá dez vivendas públicas en Vilagarcía

A Xunta e o concello de Vilagarcía asinaron hoxe o convenio para a cesión dunha parcela municipal para ese inmoble en Marxión. Estímase que o investimento total neste proxecto roldará os 1,9 millóns de euros. Hoxe mesmo publicouse a licitación para a redacción do proxecto deste edificio.

O BNG responsabiliza ao PP de calquera neglixencia por trasladar a ambulancia medicalizada a...

VILAGARCÍA> O BNG levará iniciativas ao Parlamento de Galicia contra a decisión da Xunta de trasladar a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés a...

Impulso ao desenvolvemento dun novo sistema de información para os bancos marisqueiros

Os conselleiros do Mar e Facenda asinaron hoxe un convenio de colaboración entre os seus departamentos para o desenvolvemento dun sistema de información relacionada cos bancos marisqueiros. Un novo sistema no que se van investir 185.000 euros que permitirá tomar decisións baseándose en datos científicos e técnicos.

Máis dun centenar de peregrinos náuticos chegan a Vilagarcía facendo o Camiño de Santiago...

> Hoxe O Salnés recibiu a visita dos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago a Vela. Os 120 participantes nesta ruta náutica fixeron parada en Vilagarcía, despois de realizar a última etapa por mar deste ‘Navega o Camiño’. Está previsto que mañá rematen a súa peregrinaxe en Santiago de Compostela, finalizando asía unha viaxe que comezaron a principios de mes na Rochelle.

Abre o albergue de Carril, o primeiro da ruta do mar de Arousa e...

Comeza a funcionar o albergue de peregrinos de Carril. Trátase do primeiro que se pon en servizo na ruta do mar de Arousa e o río Ulla. Coincidindo coa súa apertura, visitaron as instalacións o director de Turismo de Galicia e o alcalde de Vilagarcía. Xosé Merelles e Alberto Varela salientaron que neste proxecto a cooperación entre administracións foi fundamental.

A PDRA rexeita que os lodos da dragaxe do Lérez acaben en Sálvora

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa carga contra a posibilidade de que os fangos da dragaxe do Lérez rematen a escasas millas de Sálvora. O colectivo di que as localizacións que se están a estudar para esas verteduras son letais, porque as correntes arrastran os sedimentos de menor tamaño e máis contaminados cara o interior da ría. Como alternativa, dende a PDRA propoñen outra zona cunha profundidade de 150 metros para depositar residuos. Iso si, só os que proveñan da ría de Arousa e sempre e cando non sexan contaminantes.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete