O Revenidas volve a Vilaxoán con 40 grupos no cartel e unha sección dedicada...
Vilaxoán prepárase para unha nova edición do Revenidas. O festival vaise celebrar entre os días 10 e 13 deste mes. Traerá ata a localidade vilagarciá grupos como De Ninghures, Dakidarría, Fillas de Cassandra, 9Louro ou The Rapants. Con todo, a gran novidade deste ano é o escenario 'Ondas e partículas', unha iniciativa na que colabora a Universidade de Santiago. Neste espazo ofreceranse charlas e talleres divulgativos entre concertos durante as catro xornadas do festival.
A Confraría dos Viños Rías Baixas cumpre 20 anos e regresa a Vilagarcía para...
A pasada fin de semana decenas de confrarías enogastronómicas desfilaron polas rúas de Vilagarcía. Un evento cheo de cor e música que só podía significar unha cousa: o capítulo da Confraría dos Viños Rías Baixas volvía celebrarase na vila na súa vixésima edición. Unha cita que comezou co tradicional desfile dende a Casa Consistorial ao Salón García.
Os dous mellores albariños do 2025 da D.O. Rías Baixas elabóranse en Cambados
O albariño Condes de Albarei, o mellor Albariño Rías Baixas da colleita 2025. A cooperativa cambadesa alzouse coa medalla de ouro na trixésima edición da cata concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tamén no municipio quedou a prata, que foi para Lagar de Costa. En canto ao bronce, marchou para O Rosal, para a adega Terras Gauda.
O albariño xa rega Cambados: en marcha a LXXIV Festa do Albariño
Xa está en marcha a septuaxésimo cuarta edición da Festa do Albariño de Cambados. A cita arrancou este mediodía cun inicio xa multitudinario. Centos de persoas xuntáronse no Paseo da Calzada xunto aos stands das adegas para non perder nin un minuto da festa. Pasada a 1 do mediodía celebrouse a inauguración oficial, co pregón a cargo do actor cambadés Flako Estévez.
Everest e Nanook inauguran o regreso do Programa de Intervencións Asistidas con Animais en...
Cambados xa ten en marcha unha das súas iniciativas máis populares. Trátase do Programa de Intervencións Asistidas con Animais, unha actividade impartida polo colectivo COCAN en colaboración co concello e dirixida á cativada. As sesións son totalmente gratuítas e están enfocadas a favorecer o desenvolvemento de habilidades emocionais, sociais, cognitivas e comunicativas a través do traballo con cans. Aínda hai prazas dispoñibles.
José Ramón Abal atribúe o seu cese á súa oposición á suba do IBI...
En Cambados, o concelleiro de Pode, José Ramón Abal, síntese traizoado polo seu excompañeiro de goberno, o socialista e rexedor da vila Samuel Lago. Case unha semana despois de que os seus exsocios anunciaran o seu cese como membro do executivo, Abal atribúe a decisión á súa oposición a subir o IBI aos veciños. O independente sinala a Lago como responsable da medida e asegura que non volverá darlle o seu apoio.
Máis de 400 proxectos pasaron xa polo Polo de Emprendemento de Vilanova
Se está pensando en emprender, saiba que no Polo de Emprendemento de Vilanova pode atopar un gran aliado. O vindeiro mes de novembro cumpriranse dous anos dende que o servizo, localizado no Pazo de Vista Real, abriu as súas portas. Neste tempo, axudaron a que 401 proxectos colleran forma, con titorías e asesoramento personalizados.
A CIG denuncia falta de diálogo con Valoriza e a Mancomunidade en plena contra...
Conta atrás para o inicio da folga no servizo de recollida de lixo da Mancomunidade do Salnés. O arranque do paro está previsto para este venres, afectando aos concellos de Vilanova, Meis e Cambados. Neste último a situación pode ser especialmente complicada, xa que o vindeiro mércores comeza a Festa do Albariño. Dende o sindicato CIG denuncian a falta de diálogo coa concesionaria Valoriza e a inacción da Mancomunidade do Salnés.
O CIM comarcal auditará a seguridade urbana das rúas dos concellos do Salnés con...
O Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés auditará a seguridade urbana das rúas dos concellos que atende con perspectiva de xénero. A entidade lanzará a vindeira semana unha campaña para recoller a opinión dos veciños sobre os diferentes espazos públicos das súas vilas. A iniciativa porase en marcha coincidindo coa Festa do Albariño de Cambados para estenderse aos demais municipios.
O goberno de Cambados rompe o cuadripartito e cesa o edil de Pode, José...
Rompe o cuadripartito de Cambados. O goberno decidiu este mediodía cesar a José Ramón Abal, edil de Cambados Pode. PSOE, Somos e BNG explican que se trata dunha medida moi meditada, que chega despois de acumular numerosos desencontros. A pinga que colmou o vaso foi o voto en contra de Abal á RPT e a falta de vontade para acadar puntos de acordo.














