O goberno vilagarcián levara ao pleno un convenio coa Xunta para financiar a EDAR...
O goberno de Vilagarcía levará ao pleno deste mes o convenio con Augas de Galicia para a ampliación da depuradora. O proxecto terá un custo de 31 millóns de euros, dos que o concello terá que aportar 6. Dado o elevado desa contía, o goberno local chegou a un acordo coa Xunta para financiar con fondos propios a súa parte, achegando 600.000 euros ao ano durante 10 anos. O alcalde agarda que esta proposta sexa aprobada por unha ampla maioría da corporación.
Vilanova e a tradición xacobea de Arousa, grandes protagonistas da edición de 2025 da...
VILANOVA> Vilanova será un ano máis o punto de inicio da Ruta Quetzal. A expedición partirá o día 29 de xuño deste municipio, co...
Concentración de SOS Sanidade para denunciar que no Salnés hai 10.000 persoas nas listas...
Concentración ás portas do Hospital do Salnés para denunciar o incremento das listas de agarda. O acto foi convocado por SOS Sanidade Pública, que denuncia que a Xunta está desmantelando o sistema sanitario para favorecer a empresas privadas, ás que deriva doentes. Aseguran que só na zona do Salnés hai 10.000 persoas en lista de espera. A concentración serviu tamén para reivindicar que durante o verán a ambulancia medicalizada que ten base no hospital non marche para Sanxenxo, para onde piden unha segunda unidade.
O CIMA de Vilanova celebra 50 anos centrado no desenvolvemento do sector marítimo-pesqueiro galego
O Centro de Investigacións Mariñas de Galicia, situado en Vilanova, celebra 50 anos de actividade. Medio século de ciencia que foi clave para o desenvolvemento do sector marítimo-pesqueiro galego. A día de hoxe o centro conta con 35 profesionais e un plan de investigación estable ata 2027.
Baión consolida a súa Mostra de Oficios e Tradicións como unha das máis multitudinarias...
25 oficios tradicionais daranse cita esta fin de semana en Vilanova de Arousa. Será na oitava edición da Mostra de Oficios e Tradicións que organiza a Asociación O Castro, de Baión. A programación inclúe representacións de actividades como a malla, ir ao toxo ou traballos no lavadoiro. Todo nun ambiente festivo, con distintas propostas musicias e procurando a implicación da rapazada e mocidade para que nunca nos esquezamos de onde vimos.
A Lanzada viaxa ao medievo para poñer en valor a tradición e a súa...
Sanxenxo organiza "A Lanzada na Historia", un novo evento cultural que busca poñer en valor a tradición e rememorar parte da historia deste enclave. A cita terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño na contorna da torre e na explanada onde se celebran as festas patronais. A proposta inclúe actividades de temática medieval, cun mercado, xogos populares e representacións históricas.
Ribadumia vive xa ao grande a Festa do Tinto do Salnés
Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LiI edición, na que se dan cita máis dunha ducia de adegas. Pola carpa instalada en Barrantes pasaron xa multitude de persoas durante esta xornada. Por diante aínda queda moita troula, coas mellores orquestras de Galicia, o gran xantar de confraternidade ou a investidura dos valedores do viño.
Baión, punto de encontro de colectivos que traballan con persoas con diversidade funcional
A parroquia de Baión, en Vilanova, acolleu hoxe o primeiro Encontro de Discapacidade do Castro. Trátase dunha iniciativa impulsada por este colectivo no que distintas organizacións puxeron en común os seus proxectos e liñas de traballo. A proposta serviu tamén de punto de encontro para os usuarios das entidades, con obradoiros, teatro e un xantar de confraternidade.
As ciencias toman este domingo A Peixería na segunda edición de Salnés Ciencia
Preto dunha ducia de centros educativos daranxse cita en Salnés Ciencia. A segunda edición desta feira vaise celebrar este domingo na praza da Peixería de Vilagarcía. Alí a rapazada poderá amosar os seus experimentos e proxectos. Cada centro contará cun espazo propio para poder presentar as súas iniciativas. Este ano o instituto anfitrión é o Cotarelo Valledor de Vilaxoán.
Deza e Tabeirós queren ‘copiar’ o modelo de éxito da Mancomunidade do Salnés
A Mancomunidade do Salnés, exemplo para os concellos das comarcas de Deza e Tabeirós. Esta mañá representantes do organismo comarcal recibiron a visita de alcaldes de varios municipios desas comarcas, interesándose polo modelo de xestión mancomunado que se presta no Salnés. Un encontro que parte da idea da actual Mancomunidade do Deza de incorporar novos municipios desa comarca e tamén da veciña de Tabeirós-Terra de Montes. O presidente dese organismo e alcalde de Lalín felicitou á Mancomunidade do Salnés polo seu traballo, asegurando que é a que mellor funciona de Galicia.


















