Cambados quere desbloquear dunha vez por todas o proxecto da praza de abastos
Cambados quere reactivar canto antes o proxecto da praza de abastos, que leva anos paralizado. Agora que Portos deu o visto bo ao plan especial, a Xunta comprométese a financiar a reforma do mercado, xunto con fondos do goberno central. A gran novidade é que agora todas as administracións están de acordo en darlle unha volta ao proxecto, apostando pola reforma da actual praza no canto de construír un novo edificio.
Cortegada, zona clave para a recollida de información do medio mariño na ría de...
A ría de Arousa conta con dous puntos clave para a observación e análise do medio mariño. Falamos da plataforma de Cortagada, do Observatorio Costeiro de Galicia, e da iniciativa REDEMAR, que conta con medidores nunha zona intermareal. A información que se recolle nelas permite facer predicións, ofrecendo respostas para o sector pesqueiro ou marisqueiro, pero tamén para facerlle fronte a posibles episodios de contaminación mariña.
Berros, insultos e críticas ao goberno da Illa nun tenso pleno centrado no plan...
Pleno de alta voltaxe na Illa centrado no plan de mobilidade. A sesión foi forzada polo PP para escenificar o rexeitamento da veciñanza ás restricións de tráfico para os non residentes nunha parte do centro urbano. O público chegou a parar en varias ocasións a sesión, con apupos e insultos ao goberno local. Socialistas e nacionalistas acabaron tumbado a moción dos populares para botar abaixo todo o plan. Unha votación, ademais, nula de pleno dereito, segundo un informe do secretario municipal.
Orquestras, Broken Peach ou A Roda para celebrar os 52 anos da Festa da...
Conta atrás en Ribadumia para a Festa do Tinto do Salnés. A festa, que celebra este ano 52 anos de historia, prolongarase do 5 ao 8 de xuño. Como todos os anos, o evento reúne tódolos ingredientes para que sexa un éxito. Ademais de bo viño, a programación inclúe a visita de grandes orquestras e o grupo A Roda.
Visitas a Cortegada, rutas, obradoiros e xincanas nunha campaña exclusiva para os vilagarciáns
Nace a campaña 'Vilagarcía 100%'. Trátase dunha iniciativa turistica que pon en marcha o concello de vilagarcía exclusiva para os vilagarciáns. Vanse ofertar 1.300 prazas para dar a coñecer a riqueza natural e histórica da vila de xuño a novembro. Haberá visitas a Cortegada, obradoiros, rutas e xincanas. Todas as actividades serán gratuítas.
Máis de 400 ciclistas participan este domingo na sétima edición da Mini BTT Concello...
Máis de 400 participantes daranse cita na sétima edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. As probas van ter lugar este vindeiro domingo no no campo de fútbol de Leiro. Alí vanse desenvolver as distintas probas, de diferentes categorías, de rapazada de entre 4 e 14 anos. Na presentación da proba, salientaron que o evento vai mellorando, gañando cada vez máis peso no calendario deportivo da zona.
O ribadumiense Luis Serantes, novo director xeral da Mutualidad de Futbolistas
O ribadumiense Luis Serantes, novo director xeral da Mutualidad de Futbolistas. Despois de nove anos traballando para esta entidade, a xunta directiva decidiu poñelo á fronte para liderar esta nova etapa. O seu principal aval para este nomeamento foi precisamente o seu coñecemento sobre o funcionamento da organización.
A campaña do 25N de Sanxenxo estará asinada por alumnas da Universidade de Vigo
As campañas de prevención contra a loita machista de cinco concellos da provincia de Pontevedra, entre eles Sanxenxo, levarán a firma do alumnado da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace da colaboración entre a universidade e a Subdelegación do Goberno. No seu marco, o alumnado do máster de Publicidade foi o encargado de deseñar estas campañas, que se desenvolverán nos municipios seleccionados co gallo do 25 de novembro.
Atascos e tráfico denso en Vilagarcía polo reasfaltado da céntrica avenida de Xoán Carlos...
Xornada de circulación intensa no centro de Vilagarcía polo reasfaltado na avenida de Xoan Carlos I, a que pasa por diante do Concello. Trátase dunha actuación moi necesaria, polo mal estado que presentaba o pavimento nesa zona. O treito forma parte da N-640A, unha estrada que presenta deficiencias tamén noutros puntos. O alcalde recoñece incomodidades no tráfico, pero salienta que os traballos se executaron en apenas dous días.
O BNG reclama unha segunda ambulancia medicalizada para O Salnés para atender a Sanxenxo...
Os nacionalistas denuncian a intención da Xunta de trasladar un ano máis a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés para Sanxenxo durante os meses de verán. Reclaman unha propia para ese municipio e O Grove para non deixar desatendida, din, o resto da comarca. Esta mañá iniciaron unha recollida de sinaturas en Vilagarcía.

















