Desaparece a cruz do miradoiro do Monte Xiabre

A cruz foi roubada nunha xornada indeterminada da semana pasada. Persoas que adoitan camiñar pola zona dirixíronse ao concello de Vilagarcía para denunciar os feitos. O goberno local lamenta o sucedido e considera a súa desaparición como un acto vandálico. A cruz é un dos grandes símbolos de Vilagarcía, situada nun dos principais recursos turísticos do municipio.

Sirát ou Matria, entre os filmes programados na primeira mostra internacional ‘Sanxenxo de cine’

Sanxenxo impulsa a súa primeira mostra internacional de cinema. O concello pon en marcha 'Sanxenxo de cine', unha iniciativa que traerá á vila catro filmes de renome a finais de xuño. Entre eles, Sirát, a última película de Oliver Laxe, premiada esta pasada fin de semana no festival de Cannes. A mostra, explicaron esta mañá, ten vocación de continuidade.

Canastras contra os estigmas no centro de Vilagarcía da man de LAR Pro Saúde...

Os usuarios da Asociación LAR Pro Saúde Mental bótanse á rúa para loitar contra os estigmas e os prexuízos. Organizaron en Vilagarcía unha actividade deportiva en plena praza de Galicia. A través do baloncesto, os membros desta entidade tiveron ocasión de achegarse á xente da rúa e rachar mitos ou prexuízos.

Un amigable entre o Kashiwa Reysol de Xapón e o Stuttgart alemán abrirá a...

Ribadumia desconta os días para acoller a fase final da Arousa Fútbol 7. A cita culminará a súa vixésimo oitava edición entre o 30 de maio e o 1 de xuño, reunindo con campo de fútbol da Senra a algunhas das promesas deste deporte a nivel mundial. O Fútbol Club Barcelona pelexará por defender o título ante clubs de primeira liña nacional e internacional, como o alemán Stuttgart ou o Tottenham inglés.

Vilagarcía despide por todo o alto a primeira edición do concurso de tapas e...

En Vilagarcía rematou a primeira edición do concurso de tapas e compras que impulsou Zona Aberta. O colectivo de comerciantes dise máis que satisfeito coa excepcional acollida que tivo esta proposta, con practicamente os 2.500 pasaportes para votar pola mellores tapas repartidos entre a clientela. O petisco de Pepé Quilé acabou resultando gañador do primeiro premio, dun certame que de seguro ha ter continuidade o ano que vén.

Expertos e produtores de aceite de varios puntos de España danse cita nunhas catas...

O Obradoiro de Hostalería do Salnés acolleu hoxe cuarta edición dunhas catas que traen ata a localidade expertos e produtores de toda España. Nesta xornada catáronse cinco propostas, entre elas dúas galegas.

Ribadumia agarda superar o éxito do ano pasado da súa Andaina do Tinto

Un ano máis a Ribadumia acollerá unha andaina pola Festa do Tinto. A actividade vaise celebrar o domingo 8 de xuño. Ten un carácter solidario, por segundo ano a beneficio de TDAH Salnés. O ano pasado participaron 200 persoas, cifra que agardan superar. Na edición anterior recadaron uns 500 euros.

Melloras na capela da Lanzada ás portas do verán

Sanxenxo continúa poñendo a punto a contorna da Lanzada. O concello instalou na contorna da capela un novo valado. Un novo equipamento que busca preservar os espazos naturais da zona, que forman parte da Rede Natura 2000. Na actuación investíronse uns 30.000 euros.

A Xunta completa o trámite de solicitude para a inscrición da folla redonda como...

aso adiante na legalización do Tinto de Barrantes. A Xunta completou o trámite de solucitude formal para a incrición da folla redonda como variedade comercial. A Consellería do Medio Rural entregou xa o material vexetal requirido para que desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación se inicien os ensaios oficiais concluíntes para o seu correspondente rexistro. O proceso podería rematar no 2027.

Día Interncional do Té dende o mosteiro da Armenteira

O Día Internacional do Té celebrouse na provincia de Pontevedra dende o Mosteiro da Armenteira. A Deputación de Pontevevedra conmemorou alí esta xornada cunha degustación de tés producidos con camelias da Finca Areeiro. Alí, ademais, extráese o aceite das sementes que recollen as monxas nos xardíns da Armenteira, co que logo elaboran xabóns e outros produtos cosméticos.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete