A mobilización anual contra ENCE tamén marchará contra a instalación de Altri
A loita contra Altri irrompe na mobilización anual contra ENCE que a Asociación Pola Defensa da Ría organiza en Pontevedra. Este ano uniranse as Plataformas en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva. Os tres colectivos queren unir as súas voces na mobilización do vindeiro 1 de xuño. Será baixo o lema ‘nin ENCE na ría. Nin Altri na Ulloa. Celulosas fóra’.
Fondos provinciais para o campo de Lampáns, no Grove, e o reasfaltado dun dos...
O Grove mellorará o campo de fútbol de Lampáns con fondos da Deputación de Pontevedra. O concello recibirá 140.000 do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que van permitir o cambio da herba artificial destas instalacións. Por outra banda, en Cambados, tamén se anunciou hoxe que o concello vai recibir 100.000 euros, neste caso do Plan +Provincia para o reasfaltado dun dos principais accesos ao porto de Tragove.
As xornadas de portas abertas na Ruta do Viño Rías Baixas colgan de novo...
A Ruta do Viño Rías Baixas celebrou por todo o alto a súa Primavera de Portas Abertas. Dende a organización salientan a altísima demanda que tiveron todas as propostas que se incluíron na edición deste ano. Un total de 22 adegas da Denominación de Orixe participaron nesta actividade, ofrecendo visitas de balde ás súas instalacións. A iniciativa completouse cunha ducia de actividades paralelas, nas que o eneturismo foi da man do territorio, a paisaxe e a gastronomía.
O representante de España no campionato do mundo de catas a cegas decidirase en...
Os 200 mellores sumilleres de España daranse cita en Cambados. A vila acolle esta vindeira fin de semana o sexto Campionato de España de Cata a Cegas por Equipos. De aquí sairá o representante de España para o campionato do mundo que se vai celebrar en Francia en outubro. A proposta, que se vai celebrar no Salón Peña, inclúe tamén un túnel do viño aberto a todo o mundo.
O albariño Rías Baixas volverá conquistar Vitoria do 20 ao 22 de xuño
Os días 20, 21 e 22 de xuño o albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas lanzarase á conquista do País Vasco. Concello de Cambados, Mancomunidade do Salnés e Centro Galego de Vitoria repiten coa Festa do Albariño de Vitoria; unha segunda edición que durará unha xornada máis.
Prisión para un dos tres detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico...
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para un dos detidos no marco da Operación Patrón contra o tráfico de drogas. Así o decretou a xuíza do xulgado de instrución número 2 de Pontevedra despois de que os tres detidos pasaran hoxe a disposición xudicial. As outras dúas persoas, un home e unha muller, foron postos en liberdade con medidas cautelares. Todos están a ser investigados por un delito de tráfico de drogas e branqueo de capitais.
A PDRA e ADEGA inician a batalla legal contra Altri: ‘Imos pararvos o chiringuito’
Fronte común da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e ADEGA contra Altri. Os dous colectivos anunciaron hoxe o inicio de accións legais conxuntas para evitar a construción do proxecto da macrocelulosa en Palas. Explican que as irregularidades na tramitación do proxecto dálles pé xa a acudir á vía xudicial. Van comezar pola presentación dun recurso de alzada. Unha acción que é posible grazas a unha campaña de recadación de fondos que en apenas 20 días permitiulles xuntar case 40.000 euros.
Un millón de euros para a ampliación do San Tomé e 240.000 para as...
Hoxe anunciáronse obras importantes para dous centros educativos do Salnés. En Cambados, hoxe sae a licitación a ampliación do San Tomé por preto dun millón de euros. A intervención inclúe a recuperación dun espazo do faiado no que se albergarán dúas novas aulas, unha biblioteca con sala de radio e dúas aulas de desdobre.En Ribadumia, entra tanto, adxudicouse este venres a substitución das cubertas do Julia Becerra Malvar, para a que se destinarán 240.000 euros.
Sanxenxo Degusta Tapas rolda o medio cento de propostas na súa edición máis ambiciosa
Este venres comeza en sanxenxo unha edición de récord do 'Sanxexo degusta tapas'. Este ano participan na iniciativa 28 establecementos con 44 tapas a escoller. A proposta repártese entre petiscos tradicionais e outros innovadores. Poderanse degustar ata o 1 de xuño a un prezo único de só 4 euros.
O Grove, capital do marisco… e dende este venres tamén do peixe azul
Emgrobes impulsa a primeira edición das xornadas 'O Grove azul', unha proposta que ten este tipo de peixe como ingrediente principal. Nesta proposta participan unha ducia de establecementos, ofrecendo ata o 31 de maio petiscos coa sardiña, o xurelo ou a xarda como grandes protagonistas.

















