Ribadumia quenta motores para o Tinto co terceiro concurso de tapas

En Ribadumia xa teñen os fogóns acendidos para a terceira edición do Concurso de Tapas da Festa do Tinto. A cita vai ser na fin de semana do 16 ao 18 de maio. Nesta edición participan sete establecementos, con propostas do máis variado. Todas elas teñen algo en común: o uso do viño tinto como un dos ingredientes imprescindibles das tapas. A clientela que valore todos os petiscos entrará logo nun sorteo de entradas para o xantar do día grande da festa.

Primavera de Portas Abertas pola ponte das Letras Galegas na Ruta do Viño Rías...

Na ponte das Letras Galegas chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Nesta cita van participar 22 adegas do Salnés, con xornadas de portas abertas de balde. A proposta complétase con máis dunha ducia de actividades, co viño mesturándose coa paisaxe, o patrimonio ou a gastronomía.

Xornada de protestas nas residencias do Salnés polas súas condicións precarias

Nova xornada de folga en toda Galicia das traballadoras das residencias. No Salnés, convocadas pola CIG, organizaron concentracións diante das resistencias ServiSenior e Divina Pastora, en Vilagarcía. Despois levaron as súas reivindicacións ao centro de DomusVi en Ribadumia. Reclaman un novo convenio, con melloras nas súas condicións e un incremento salarial. Esta é a terceira das catro xornadas de folga que teñen convocadas.

Ruta de tapas e compras por Vilagarcía con 500 euros en premios

Vilagarcía proponnos gozar dunha ruta de tapas e compras. Zona Aberta impulsa esta iniciativa, na que a hostalería e o comercio van da man. Nesta ruta participan 11 locais. Como é habitual neste tipo de rutas, a clientela poderá ir facendo un percorrido por eles para optar a premios. A singularidade é que para iso terán que pasar tamén por outros dous establecementos comerciais adheridos ao colectivo. A ruta bota a andar este venres.

O Festival da Francofonía de Vilanova reivindica a aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira

Vilanova celebra unha nova edición do Festival da Francofonía. Máis de 2.000 mozos e mozas de 24 centros de toda Galicia, entre eles tres do municipio, déronse cita no pavillón municipal neste encontro. O festival serve para unir lazos entre os estudantes de francés dos distintos institutos. Tamén para reivindicar que se fomente a aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira na ESO, algo que en España non é obrigatorio.

Cantareiras e pandereteiras, protagonistas da romaría das Letras Galegas de Meis

O Concello de Meis celebrará o Día das Letras Galegas cunha romaría. Vaise celebrar na Casa de Parga, cun especial protagonismo para as pandereteiras e cantareiras. A festa arrancará xa a media mañá, coa intención de que a veciñanza vaia alí pasar o día e comer de campo. As actuacións musicais iranse sucedendo ao longo de todo o día, con formacións locais. O peche da xornada virá da man das Lembranzas.

A comisión de festas de Caleiro ‘dá o golpe’ cunha parodia da Casa de...

Xa está aquí o vídeo de presentación das Festas de San Isidro o Labrego, unha peza audiovisual coa que a comisión de festas inicia a conta atrás para un dos días máis agardados nesta parroquia vilanovesa. Este ano, fano cunha parodia da Casa de Papel. A festa vai ser o 17 de maio, incluíndo entre as súas propostas o reparto de chourizos con pan de millo ou o tradicional desfile de tractores.

Medio millón de euros para seguir avanzando na humanización da zona das Casas Modernistas...

Continúan as humanizacións na contorna das Casas Modernistas da Illa. As melloras acometeranse na rúa Marqués de Bradomín, Alcalde Graña e na praza interior do Naval. Contan cun investimento de medio millón de euros, financiadas ao 100% pola Deputación de Pontevedra. A actuación contempla tamén a creación dun pequeno anfiteatro ao aire libre para actividades culturais de tamaño reducido.

Xironsa, Os Firrás e a Banda Unión de Allariz na quinta Romaría da Música...

Xa está aquí a quinta edición da Romaría da Música de Ribadumia. O evento vaise celebrar este domingo na carballeira da localidade. Na cita deste ano van participar a banda Xironsa, Os Firrás do Grove e a banda Unión Musical de Allariz. A programación complétase con multitude de propostas gastronómicas e actividades para a rapazada.

Nova edición do curso de impresión 3D multicor en Ribadumia

Esta mañá clausurouse en Ribadumia unha nova edición do Obradoiro de impresión 3D multicor impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Neste curso participaron oito alumnos, que aprenderon a crear prototipos e obxectos en múltiples tons.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete