Éxito de público e vendas no ‘Mercar na rúa’ de Zona Aberta de Vilagarcía
O comercio vilagarcián botouse á rúa esta fin de semana. Máis dunha trintena de establecementos de Zona Aberto levaron os seus mellores produtos á praza de Galicia grazas á iniciativa 'Mercar na rúa'. Aproveitando o bo tempo, centos de persoas achegáronse por alí, nunha proposta que permite a todo tipo de establecementos achegarse un pouco máis á súa clientela e darse a coñecer.
Rueda detalla no Grove as vantaxes do Carné +65 da Xunta
Descontos en case un milleiro de establecementos comerciais de toda Galicia e un acceso máis doado a servizos culturais, de ocio ou turísticos. Son algunhas das vantaxes do Carné +65 da Xunta. A Atlántida, no Grove, foi o escenario elixido polo goberno galego para a posta de longo desta prestacións, da que xa se poden beneficiar máis de 600.000 persoas en toda Galicia.
O Circo de Pinocho, o primeiro da historia en galego, visitará Vilagarcía en abril
Pinocho visita Vilagarcía. O boneco de madeira máis famoso do mundo achegarse á cidade co seu circo. Trátase do primeiro circo galego íntegramente na nosa língua. O espectáculo instalarase no peirao do Ramal do 4 ao 13 de abril, con varias funcións ao día e prezos de 10 a 20 euros. Esta mañá Pinocho e Pepiño Grilo xa estiveron por Vilagarcía. Prométennos moita diversión para todos os públicos, cunha boa dose das tradicionais acrobacias do circo de toda a vida.
A gripe A eleva ata o 96% a ocupación das camas de hospitalización en...
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten máis dun 95% das camas de hospitalización ocupadas. Así o informou hoxe o seu xerente. A situación vén dada polo elevado número de casos que se están a rexistrar de infeccións respiratorias, principalmente de gripe A. Por iso, explicou José Flores, mantéñense abertas a totalidade das camas de hospitalización convencional e non hai risco de colapso.
Ribadumia estrea a rúa Condesa con críticas á oposición por ter cuestionado o proxecto
A rúa Condesa de Ribadumia xa está a pleno rendemento. A vía foi obxecto dunha remodelación integral, grazas a un convenio entre o concello e a Deputación de Pontevedra, que supuxo un investimento de máis de 700.000 euros. Esta mañá percorreu esa rúa o presidente da Deputación, que avanzou unha nova actuación no acceso principal do Julia Becerra Malvar.
A coral Xuntanza levará o nome de Meis ata Lanzarote cun concerto este sábado
A coral Xuntanza de Meis vai actuar en Lanzarote. Coincidindo co seu trinta aniversario, a formación ofrecerá unha actuación este vindeiro sábado en Puerto del Carmen grazas a un intercambio cultural cunha agrupación musical canaria que proximamente virá actuar a Meis. Para a ocasión, a coral Xuntanza está a preparar un completo repertorio con temas galegos e mesmo unha adaptación dunha popular canción canaria.
Membros da ONCE descubren o patrimonio e historia da Illa a través dos sentidos
Visitar a Illa de Arousa sempre é un bo plan. Esta mañá un grupo de invidentes participou nunha experiencia que lle permitiu descubrir a Conserveira de Goday, a través dos sentidos. Mediante o tacto ou o oído conseguiron mergullarse no patrimonio e na historia do municipio insular. O encargado de guiar este percorrido a través dos sentidos foi o alumando de turismo do Carlos Oroza de Pontevedra.
Trinta establecementos bótanse á rúa este sábado en Vilagarcía para presumir de comercio local
O comercio de Vilagarcía bótase á rúa. Esta sábado Zona Aberta vai reunir durante todo o día na praza de Galicia os mellores produtos dunha trintena de establecementos do máis variado. Este ano inclúese por primeira vez oferta do sector da alimentación. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que esta iniciativa sirve para darlle visibilidade a todos os negocios, en especial a aqueles que están algo algo máis afastados do centro ou en rúas que non son peonís e polas que transcorre menos xente.
O Salnés sairá á rúa este xoves para denunciar o ‘desmantelamento’ da atención primaria
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Salnés convoca para este xoves ás 20:00 horas unha concentración na praza de Galicia de Vilagarcía para denunciar o que consideran o desmantelamento da atención primaria. Denuncian que no centro de saúde de San Roque faltan tres médicos e que o Sergas non ten en previsión cubrir esas vacantes. Queren que a protesta deste xoves sirva tamén de antesala da gran mobilización en defensa da sanidade que se vai celebrar o 6 de abril en Santiago.
O goberno central ofrecerá cursos en Meis para ensinar á veciñanza a facer xestións...
Meis convértese nun dos primeiros concellos da provincia en adherirse ao programa 'A Administración preto de ti'. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet. Son actividades pensadas en especial para persoas maiores ou que descoñecen o funcionamento da administración electrónica. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a este programa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

















