A enquisa da Illa sobre vivenda confirma o alto interese da mocidade en mercar...
Case 250 persoas participaron xa na enquisa que ten en marcha A Illa de Arousa para coñercer as necesidades de vivenda no municipio. A sondaxe continúa aberta, pero xa ofrece datos que veñen confirmar que no concello hai un problema co prezo da vivenda e un motivo de expulsión da xente nova cara a outros municipios. De feito, de media, a xente que participa na enquisa rolda os 35 anos. O 80% dos que marcharon da Arousa estarían da Arousa estarían dispostos a volver se conseguisen unha casa a un prezo razoable.
O Día dos Namorados vivirase en Cambados con música
Cambados vai celebrar o Día de San Valentín con música. Zona Centro, en colaboración co concello, organiza para os días 14 e 15 deste mes concertos na praza de Asorei. O propio día dos Namorados, o 14, actuará Take It Easy. Ao día seguinte, será a quenda da Dani Barreiro.
‘Vendima’ e Treixadura no Ramón Cabanillas de Cambados
Xornada de divulgación da viticultura entre a rapazada cambadesa. O alumnado do Ramón Cabanillas elaborou un documental sobre o sector do viño no Salnés. Presentaron a peza nun acto ao que convidaron tamén a membros de Treixadura. Dúas rapazas do centro encargáronse despois de entrevistalos para coñecer un chisco máis da traxectoria deste emblemático grupo.
Unha unidade móbil da Policía permitirá renovar o DNI ou pasaporte en Cambados
A veciñanza de Cambados poderá obter ou renovar o seu DNI ou pasaporte sen saír da vila. A Policía Nacional ofrecerá no municipio un servizo para facer todo tipo de trámites relacionados con esta documentación. Trátase dunha prestación que se ofrece naqueles concellos onde non hai comisaría. A partir de marzo a unidade móbil desprazarase a Cambados de forma periódica en función da demanda.
Un photocall e o sorteo dunha cea romántica, propostas de Zona Aberta para este...
Zona Aberta pon en marcha a súa campaña de San Valentín. O colectivo de comerciantes e hostaleiros de Vilgarcía sorteará polo Día dos Namorados unha cea para dúas persoas. Ademais, en colaboración co Concello de Vilagarcía, vaise instalar un photocall cun gran corazón para que a xente poida sacar fotos.
Comezan as obras para converter o colexio do Cruceiro nun centro cívico e sede...
Comezan as obras de transformación do antigo colexio do Cruceiro, en Sanxenxo, nun espazo lúdico. Ademais, as instalacións tamén acollerán a parte práctica do ciclo de FP de Hostalaría e Restauración que se imparte no instituto de Vilalonga. O proxecto ten un orzamento de case tres millóns de euros, dos que case dous proveñen de fondos europeos. A reforma estará rematada dentro dun ano.
Meis celebrará o seu gran desfile de Entroido o 1 de marzo
¡O concello de Meis ten xa todo listo para os festexos deste ano, co gran desfile como prato principal da programación. Como todos os anos premiaranse os mellores disfraces nas diferentes categorías: induviduais, parellas e grupos.
Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...
O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.
O entroido de Cambados repartirá uns 15.000 euros en premios
En Cambados xa teñen todo listo para celebrar o entroido. Vaise celebrar do 28 de febreiro ao mércores 5 de marzo. Este ano con dúas grandes novidades. A primeira, é que toda a veciñanza poderá participar no concurso 'A túa cara sóame', unha proposta que xa veñen celebrando na vila nos últimos anos con figurantes. Outra das novidades deste ano chega o martes 4, co concurso de comparsas, que se traslada ao Auditorio da Xuventude.
Ribadumia e Meis van da man na creación das primeiras escolas inclusivas de emprego...
As primeiras escolas inclusivas de emprego do Salnés van situarse en Meis e Ribadumia. Os dous municipios únense a un proxecto impulsado por Acción contra a Fame, para formar a persoas desempregadas ou vulnerables. As persoas que queiran participar recibirán formación en sectores con alta demanda na zona, con prácticas en empresas. O proxecto arranca xa neste mes de febreiro co obxectivo de cubrir 60 prazas.


















