Zona Aberta augura unhas boas rebaixas tras un Nadal animado no comercio local vilagarcián
Aínda que cada vez pasan máis desapercibidas, estamos de rebaixas. No comercio local din que polo de agora as vendas van lentas. En colectivos como Zona Aberta de Vilagarcía cren que esta campaña de descontos arranca demasiado cedo, poñendo a prezos de saldo os produtos de tempada, cando aínda queda moito inverno por diante. Con todo, agardan unha boa campaña, á vista do bo sabor de boca que deixa o período de Nadal nos establecementos asociados.
A patroa do Grove denuncia unha campaña de bulos mentres as mariscadoras a pé...
Segue a tensión entre as mariscadoras de a pé e a patroa da Confraría de Pescadores do Grove. Nas últimas horas María del Carmen Besada comparecía para rexeitar as críticas das mariscadoras que esixen a súa dimisión, por faltas de respecto e por poñer trabas ao seu traballo. Di que non pencha marchar e asegurou que está a sufrir unha campaña de bulos e desinformación. Mentres, ás portas do pósito, as mariscadoras volvíanse concentrar.
A reforma da estrada entre Xil, Covas e Barrantes estará rematada a finais deste...
A Deputación de Pontevedra reformará a estrada que conecta Xil, Covas e Barrantes, entre os concellos de Meaño e Ribadumia. O organismo provincial investirá máis de 1,2 millóns de euros para a mellora da seguridade nesta vía. A actuación afectará a un treito de cinco quilómetros e medio. A previsión é que a obra comece neste semestre para que estea rematada a finais de 2025.
Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía
Falece un repartidor de comida a domicilio nun accidente de tráfico en Vilagarcía. A moto na que circulaba bateu contra un taxi na recta de Rubiáns. A vítima tiña 37 anos. Ademais hai outra persoa ferida, un dos ocupantes do taxi, con prognóstico reservado. Este é o segundo accidente de tráfico mortal en Vilagarcía no que levamos de ano, logo do rexistrado o pasado venres nos Martices.
UPTA reclama a creación inmediata dunha mesa para a industrialización do Salnés
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos reclama a creación dunha mesa pola industrialización e o emprego na comarca do Salnés. Cren que debería ser a Mancomunidade a que liderase esta iniciativa para que se asenten novas empresas na comarca. Ao mesmo tempo tamén se queren reunir coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía para que o porto da cidade sexa moito máis que un punto de descarga de colectores.
40.000 euros para a posta a punto do Parque das Gaivotas de Vilagarcía
Vilagarcía segue traballando na recuperación dos seus espazos públicos. Esta mañá o alcalde achegouse ata o parque das Gaivotas, onde se está a levar a cabo unha actuación integral de posta a punto. Ademais da renovación da zona de xogos infantil, estanse a reformar os bancos e instalar novo mobiliario. Nesta posta ao día desta zona, o concello investiu uns 40.000 euros.
Os Mozos de Arousa ateigan Vilagarcía para recibir 2025 con 12 horas de antelación
Multitudinaria celebración en Vilagarcía para recibir o 2025. Milleiros de persoas déronse cita este mediodía na praza de Ravella para dar a benvida ao novo ano na XXIV Toma das Uvas. Os televisivos Mozos de Arousa actuaron este ano como mestres de cerimonia nestas badaladas adiantadas.
Un veciño de Ribadumia presume dun Belén que non deixa de medrar
Na casa de Francisco Martinez, en Ribadumia, o Nadal vívese todo o ano. El é o autor dun Belén que non deixa de medrar. Este ano incorporoulle novas figuras en movemento e tamén o seu propio sistema solar, co sol, a lúa e as estrelas. Pola súa casa están pasando estes días multitude de veciños e curiosos que queren ver en primeira persoa o traballo deste home. El entre tanto, xa está a maquinar outras melloras que lle quere facer ao nacemento.
Deputación e Concello de Sanxenxo destinarán 1,2 millóns de euros á estrada entre Noalla...
Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra asinan o convenio de colaboración para a mellora da seguridade viaria na estrada entre Noalla e Aios. O presidente do organismo provincial e o alcalde asinaron esta mañá ese documento no Pazo de Quintáns. O proxecto suporá un investimento total de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación achegará o 80%.
Máis de 370 xogadores convocados para esta fin de semana en Ribadumia no Arousa...
Ribadumia prepárase para unha nova edición do Arousa Fútbol 7 Indoor. O municipio acolle por quinto ano consecutivo este torneo, que se vai disputar entre esta fin de semana e o 4 de xaneiro. Na cita reuniranse 35 equipos de toda Galicia, implincando a máis de 370 xogadores e xogadoras.

















