Os comerciantes da zona da praza de Asorei de Cambados, en pé de guerra...

Os comerciantes da contorna da praza de Asorei, en Cambados, unen forzas para esixir ao Concello que reabran a zona ao tráfico. Os vendedores din que o peche está a afectar as vendas nos seus negocios. Critican que o peche se fixo sen contar con eles e sen ningún tipo de planificación. Logo de recoller 700 sinaturas e propoñerlle ao goberno local unha ducia de medidas, lamentan que o concelleiro responsable do peche, Jose Ramón Abal, non sente falar con eles.

Meis mantén viva a súa tradición do galo de curral poñendo á venda 250...

Meis prepárase para un dos seus grandes clásicos do Nadal. Falamos da Feira do Galo de Curral, unha cita que terá lugar o vindeiro día 22 no Mosteiro. As criadoras calculan que este ano venderán uns 250 exemplares, a un prezo de 12 euros o quilo. Para animar as vendas o Concello organiza de forma paralela para ese día un Mercado de Nadal e a visita de Papá Noel.

Falece un mariñeiro no Grove tras o afundimento dun bateeiro

O Grove está de loito pola morte de Jose Rey Domínguez, un bateeiro de 75 anos. Faleceu esta mañá logo do afundimento da embarcación Hermanos Rey. Os outros dous tipulantes, a súa filla -e patroa- e o seu xenro foron rescatados con vida. O barco foi a pique contra as 8 e media desta mañá cando volvían cara a Porto Meloxo. Logo de cargar mexillón, estaban a manipular a carga co guindastre, o que provocou que envorcara.

A recolección da mexilla contará por fin con garantías de seguridade para os bateeiros

O goberno central garantirá a seguridade dos bateeiros durante a extracción da mexilla. Esta mañá asinouse en Vilagarcía unha instrución de servizo que vai regular esta actividade que, ata o de agora, se estaba a levar a cabo en precario por falta dunha norma axeitada. A nova regulación permitirá aos bateeiros regularizar as súas embarcacións para navegar fóra das augas abrigadas. Deste xeito ponse fin a unha vella reivindicación do sector.

Hotusa despedirá 26 dos 36 traballadores do Hotel Balneario Illa da Toxa

Xa se coñecen os detalles do ERE extintivo que o Grupo Hotusa quere aplicar no Hotel Balneario Eurostars Illa da Toxa, no concello do Grove. Dos 36 traballadores que ten no cadro de persoal, a empresa manterá dez. Pola contra, despedirá a 21 e non renovará contrato a outros cinco. Para a CIG, esta proposta é inasumible e xa anunciou que levará as condicións ante os tribunais para reclamar a súa nulidade. Mentres, continuarán coas mobilizacións e a folga.

Toque de atención do BNG pola ‘improvisación e descoordinación’ do cuadripartito cambadés

O BNG de Cambados fale de descoordinación entre os grupos que compoñen o executivo, recoñecendo que a acción de goberno se limita a unha sucesión de improvisacións. Aseguran que levan meses advertindo da situación e que a pinga que reborda o vaso foi a moción sobre a adquisición do pazo de Montesacro que, segundo eles, foi modificada nunha reunión clandestina sen contar co Bloque.

O Goberno central inviste 700.000 euros na posta a punto do Parador de Cambados

A actuación contempla a renovación de 200 ventás e a renovación do mobiliario da cafetería. Ademais, acondicionarase o aparcadoiro, instalando tamén catro puntos de recarga para coches eléctricos.

O CIMA e as confrarías investigan sobre o marisqueo e a súa integración nos...

Afondar no punto de vista do marisqueo como unha actividade integrada no ecosistema. É o obxectivo do proxecto Ecosistémica24, unha investigación que está a levar a cabo o centro de Investigacións Mariñas, de Vilanova, coa Federación Galega de Confrarías. Un traballo transversal que demostra a ligazón entre o marisqueo e a súa contorna.

O PP de Vilagarcía pide o cese da concelleira Paola María ‘por mentir’ coa...

O PP de Vilagarcía pide o cese da Concelleira de Urbanismo pola súa xestión dos fondos Edusi. Dende o PP acusan a Paola María de mentir. Indican que logo de preguntarlle ao goberno central pola xestión destes fondos, comprobaron que Vilagarcía só xestionou 3,4 millóns dos máis de 6 que tiña aprobados; e non 4,1, como afirmou a concelleira no pleno de setembro.

López salienta que a reforma do paseo do Naval é ‘un plus’ para a...

Visita do presidente da Deputación de Pontevedra á Illa de Arousa pola reforma do paseo do Naval. A zona foi obxecto dunha remodelación, cun investimento de 440.000 euros, dos que o organismo provincial aportou o 90%. A reforma supuxo tamén a reordenación dos espazos da contorna.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete