Emprendedores do Salnés, O Barbanza, Caldas e Pontevedra danse cita no Polo de Vilanova
Acompañar un proxecto dende que nace ata que se consolide ou axudar a expandir aquel que xa está en marcha. Esta é a dobre misión do Polo de Emprendemento de Vilanova. Un servizo que leva apenas un mes en marcha no pazo de Vista Real. Dende aquela, case medio cento de emprendedores recorreron a este servizo gratuíto de apoio e asesoramento.
Sanxenxo prende mañá o Nadal e inicia unha intensa e ampla programación
Achégase o Nadal e os concellos van iluminándose pouco a pouco para recibir estas festas. Mañá será a quenda de Sanxenxo. O prendido oficial do alumeado celebrarase mañá pola tarde na Praza Pascual Veiga. Un acto que marca tamén o arranque dun ambicioso programa que este ano incorpora novidades, como un mercado do Nadal.
Sanxenxo abre ao tráfico rodado o paso inferior da rúa Madrid
Deste xeito conclúe a primeira fase do prexecto do mercado. Ademais, habilitouse tamén para os peóns unha gran praza mentres non se execute o edificio.
O paso inferior ten 70 metros de longo. Poderse acceder a el dende a rúa Progreso pola Rúa Constitución, agás os vehículos cunha altura superior aos 3,3 metros.
Castro cifra en case 12 millóns de euros as xestións feitas dende a súa...
O presidente da Mancomunidade do Salnés fai balance dos seus primeiros once meses á fronte do organismo. David Castro cifra en case 12 millóns de euros as xestións realizadas neste tempo. Marca como obxectivos estratéxicos para 2025 a ampliación da ETAP de Treviscoso, a posta en funcionamento da planta fotovoltaica de Ponte Arnelas ou o arranxo da tubaxe do Grove. Tamén avanzou que ao longo do ano que vén implantarase unha rede de cargadores ultrarrápidos para vehículos eléctricos.
Meis anima o seu Nadal poñendo en xogo 3.000 euros para dinamizar o comercio...
Meis volve poñer en xogo 3.000 euros este Nadal para animar as vendas no comercio e hostalería local. A campaña arrancará este vindeiro luns, mantendo o formato dos anos anteriores. A iniciativa englóbase dentro da programación para estas Festas deseñada polo Concello. Ademais das citas clásicas, como a feira do galo de curral ou as visitas de Papá Noel ou os Reis Magos, destacan tamén outras propostas infantís, como un campamento dixital ou a Ludonadal Meis.
Acompañamento e apoio a proxectos novos ou consolidados no Polo de Emprendemento de Vilanova
Acompañar un proxecto dende que nace ata que se consolide ou axudar a expandir aquel que xa está en marcha. Esta é a dobre misión do Polo de Emprendemento de Vilanova. Un servizo que leva apenas tres semanas en marcha no pazo de Vista Real. Dende aquela, case medio cento de emprendedores recorreron a este servizo gratuíto de apoio e asesoramento.
O legado de Don Dositeo a prol da normalización do galego nos cemiterios de...
RIBADUMIA> O uso do galego é cada vez máis frecuente nos cemiterios. A nosa lingua pasou de ter unha presenza case nula nos camposantos,...
Rafael Louzán Abal con opcións de ser elixido Pte. da Federación Española de Fútbol
Rafael Louzán presenta a súa candidatura á presidencia da Federación Española de Fútbol con máis de 80 dos 120 avais posibles.
Os líderes das principais organizacións empresariais chinesas en España, embaixadores do Salnés
A Mancomunidade do Salnés recibe a representantes das principais organizacións empresariais chinesas en España. Ao longo destes días percorreron as primeiras etapas da Ruta do Padre Sarmiento, ademais, con fins solidarios a prol dos afectados pola DINA de Valencia. A visita permite tamén fortalecer os lazos de cooperación entre o organismo comarcal e o empresariado chinés, abrindo camiño para futuras oportunidades de colaboración. Esta mañá, ademais, os tres líderes das principais asociacións foron nomeados embaixadores de honra da comarca do Salnés.
Emendas do PSdeG aos orzamentos da Xunta para A Illa reclamando ‘equidade’ co resto...
O PSdeG presenta unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta para 2025 centradas na Illa de Arousa. Son en total seis propostas, centradas en servizos sociais ou infraestruturas. Entre elas, salientan varias vellas demandas do municipio insular, como a construción dun centro de día, un aparcadoiro no paseo do Cantiño ou fondos para a EDAR.

















