Investigadores do CIMA estudan como frear o desprendemento do mexillón das cordas das bateas

Un estudo do CIMA, o Centro de Investigacións Mariñas situado en Vilanova, busca frear o desprendemento dos mexillóns das cordas das bateas. A investigación ten nestes momentos mexillóns de iguais características en dúas zonas da ría de Arousa. A partir de aí estanse a facer comparativas entre como vai mudando o viso, o órgano de fixación do mexillón, así como as diferencias anatómicas que se xeran expoñendo o bivalvo a diferentes condicións mariñas.

Expectación en Sanxenxo pola apertura dun Gadis de 2.000 metros cadrados

O centro inaugurouse esta mañá cun ir e vir de curiosos e clientes, desexosos por coñecer estas novas instalacións. Están situadas no Vinquiño. Trátase dun espazo de case 2.000 metros cadrados. Ademais, dispón dun aparcardoiro de máis de 160 prazas, de balde para a clientela.

Sanxenxo conmemora o vinte aniversario do seu Centro de Día, no que reciben atención...

Na xornada participaron moitos usuarios e os seus familiares. Tamén asistiu o alcalde e a conselleira de Política Social da Xunta. Fabiola García puxo este centro como exemplo dun servizo pensado para garantir o benestar das persoas maiores.

Meis presume de xestión ao captar o 100% do financiamento para o arranxo do...

O Concello de Meis pon a punto a vía que une os lugares do Batán con Couso. Trátase dun treito de dous quilómetros. A actuación tivo un custo de 70.000 euros, financiado ao 100% a través do Plan Marco da Xunta. A alcaldesa meisina salienta a importancia de presentar bos proxectos para conseguir fondos para actuacións como esta, sen que teñan impacto nas arcas municipais.

As adegas do Salnés encaran a recta final do destilado de augardentes

MEIS> Trátase dunha práctica tradicional, moi arraigada en toda Galicia. Falamos da destilación de augardentes, un proceso que apenas variou  ao longo da historia...

A Mancomunidade do Salnés creará un sistema de bombeo alimentado por unha planta fotovoltaica

A estación de tratamento de auga potable que abastece ao Salnés contará cun novo sistema de bombeo alimentado por unha planta fotovoltaica. Vaise instalar na contorna de Ponte Arnelas nuns terreos que vai adquirir a Mancomunidade do Salnés. Esta actuación está presupostada en preto de 860.000 euros. A metade será financiado cunha achega da Xunta.

Os Mozos de Arousa darán as badaladas de Fin de Ano en Vilagarcía trala...

Un dos tríos máis queridos da actualidade despediuse onte do seu paso pola televisión. Despois de 400 programas, os Mozos de Arousa abandonaron onte o programa Reacción en cadena. Raúl Santamaría, Borjamina e Bruno Vila caeron ante ‘Los Alhambraos’. Marchan, iso si, despois de gañar 2,6 millóns de euros de premio e convertidos en profetas na súa terra. O concello de Vilagarcía xa anunciou que darán as badaladas de fin de ano no municipio, na tradicional convocatoria das 12 do mediodía.

O pleno de Vilagarcía apoia as demandas de reforzos para o alumnado con necesidades...

Vilagarcía apoia por unanimidade as demandas da comunidade educativa do colexio de Vilaxoán. No pleno de onte, a corporación comprometeuse a reclamar á Xunta a incorporación dun experto en Pedagoxía Terapéutica e un coidador. Persoal que consideran necesario para que o alumnado reciba a atención que precisa, tendo en conta que o centro conta cun 31% de nenos con necesidades especiais.

Sanxenxo escenifica na Finca das Cunchas a ‘inxustiza’ da sentenza expropiatoria dos Rocafort

O Concello de Sanxenxo decidiu pintar de azul o vial que tamén entrou dentro dese proceso expropiatorio. Son máis de 1.200 metros cadrados polos que, xunto cos 1.700 da zona verde, Sanxenxo tivo que pagar 13 millóns de euros. Un pagamento que, por certo, xa foi completado. Agora buscaranlle un uso social a este espazo.

A Deputación cifra en 30 millóns de euros os seus investimentos no Salnés e...

Nun almorzo informativo en Vilagarcía cos medios de comunicación da zona, o presidente da Deputación de Pontevedra fixo balance do feito neste último ano nas comarcas do Salnés e Caldas. Luis López cifrou o investimento en máis de 30 millóns de euros, a través de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o PON2030 ou en diversas actuacións do servizo de Infraestruturas.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete