Unha vintena de novos profesionais rematan a súa formación no Obradoiro de Hostalería da...

Unha vintena de novos profesionais do sector da hostalería xa están listos para entrar no mercado laboral. Hoxe a Mancomunidade do Salnés despediu unha nova edición do seu obradoiro de hostalería, que acadou xa as 15 edicións. Unha iniciativa que ten demostrado o seu éxito co paso do tempo e para a que a Xunta de Galicia destinou 580.000 euros.

O Polo de emprendemento de Vilanova acompaña xa a 40 proxectos da contorna

Desde a súa posta en marcha hai apenas dúas semanas, o novo Polo de Em prendemento de Vilanova xa está acompañando 40 proxectos. Trátase dun servizo que presta de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio ou consolidar o que xa ten en funcionamento. Co de Vilanova, a rede conta xa en toda Galicia con 15 oficinas deste tipo.

Unha investigación do CIMA busca un berberecho máis resistente a baixas salinidades

Unha investigación liderada polo CIMA, o Centro de Investigacións Mariñas asentado en Vilanova, busca un berberecho máis resistente. O proxecto pretende obter marcadores moleculares da resistencia da salinidade deste bivalvo. E todo nun contexto no que cada vez son máis frecuentes episodios de baixa salinidade nas nosas rías, polos desaugues dos encoros ou fortes episodios de chuvia.

19 persoas fórmanse no manexo de minipás e retroexcavadoras grazas á Mancomunidade do Salnés

Case unha vintena de alumnos aprenden a manexar minipás e retroexcavadoras grazas ao programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. Ademais de formación en carretilla frontal, no programa tamén se inclúe o manexo da retráctil. Neste curso salienta tamén o incremento da presenza feminina, que acada xa o 33%.

O ‘Enoturismo a pedais’ da Ruta do Viño Rías Baixas, mellor iniciativa enoturística de...

A Ruta do Viño Rías Baixas segue sumando recoñecementos. Acaba de facerse con dous galardóns no marco da sétima edición dos Premios de Enoturismo das Rutas do Viño de España. O proxecto de Enoturismo a pedais foi recoñecido como a Mellor Iniciativa Enoturística. Ademais, as Adegas Fillaboa, da Subzona do Condado do Tea, foi considerada como o Mellor Rincón Enoturístico.

A rapazada de Ribadumia, unida na reivindicación dos seus dereitos

Ribadumia conmemora o Día da Infancia. A rapazada do colexio Julia Becerra Malvar participou en distintas actividades para celebrar esta data. Acompañados polo alcalde, deron tamén lectura a un manifesto para reivindicar os seus dereitos, comezando por algo tan simple como o dereito que deberían ter todos eles a ser felices.

Pazo Señoráns augura unha anada de 2024 de gran calidade

As adegas de Rías Baixas prepáranse xa para a campaña de Nadal. Fano con boas expectativas, aínda co bo sabor de boca dunha vendima que foi boa. É o caso da Adega Pazo Señoráns, en Meis. A uva entrou con moi boa calidade e cun estado sanitario excelente. E todo, a pesar dunha campaña revolta, en especial, polas abondosas precipitacións.

Rueda e López arroupan a Carlos Viéitez nun multitudinario xantar do PP de Meaño

Na cita reuníronse máis de 900 comensais no pavillón de Xil. Presidido polo alcalde, a comida contou tamén cos líderes do PP galego, Alfonso Rueda, e dos populares pontevedreses, Luis López. O rexedor, Carlos Viéitez, salientou a importancia deste tipo de encontros para reforzar a unidade da formación.

O sector da conserva chinesa interésase polo Salnés

Representantes do sector na China están a visitar a comarca, da Man da Mancomunidade, para coñecer a industria conserveira da ría de Arousa. Visitaron tres conserveiras, dúas adegas e outros puntos de interese turístico. A idea é afondar nesta relación para abrir liñas de mercado. Polo de pronto, ademais da elaboración dun memorando para marcar a folla de ruta desa colaboración, hoxe avanzaron que o organismo comarcal viaxará á China no mes de agosto de 2025 para seguir estreitando lazos.

A Xunta pon en marcha o novo Polo de emprendemento e de apoio ao...

O servizo foi inaugurado esta mañá polo Conselleiro de Emprego. Trátase da décimo quinta oficina deste tipo que forma parte da rede de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia. En conxunto, máis de 2.800 proxectos empresarias recibiron axuda nos úlitmos dous anos.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete