Campaña da DXT contra as distraccións ao volante
A DXT pon en marcha unha campaña contra as distraccións ao volante. Un dos primeiros controis informativos tivo lugar hoxe en Vilagarcía. Garda Civil e Policía Local van da man para explicarlle aos condutores os perigos de usar o móbil ao volante, un hábito cada vez máis estendido. Así e todo, este non é o único perigo: buscar unha dirección no GPS, comer ou beber ou acender un pitillo son hábitos tan simples como perigosos cando estamos conducindo.
Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira
Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira.A actuación beneficiará a un treito de rúa duns 400 metros que nestes momentos carece de alumeado. A dotación deste servizo conta cunha achega da Xunta, garazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegará o 80% do investimento que aquí se vai facer, que ascende a 46.000 euros.
A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias
A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.
O Grove, ante unha das edicións máis multitudinarias da historia da Festa do Marisco
O Grove estes días é un auténtico fervedoiro. Pola vila están a pasar, como sempre, milleiros e milleiros de persoas atraídas pola ampla e saborosa oferta gastronómica que ofrece a Festa do Marisco. O evento superou xa o seu ecuador, polo de agora, manténdose como a segunda edición máis exitosa, logo da do ano pasado. Así as cousas, todo apunta a que non se van superar as cifras récord de 2023 porque este ano o festivo do 12 de outubro coincide en fin de semana.
O autobús Tintilán ofrece esta fin de semana 275 prazas para ir de balde...
A Mancomunidade do Salnés volve poñer en marcha o autobús Tintilán coincidindo coa fin de semana grande da Festa do Marisco do Grove. Aínda que este autobús turístico xa funcionou neste pasado verán esta é unha experiencia piloto, porque o que se pretende é ver como reacciona o público a este servizo para un evento determinado. A idea sería empregalo no futuro noutras grandes festas da comarca. Vai ser de balde e estará dispoñible entre este sábado e o domingo con cinco frecuencias diarias.
O alumnado das Bizocas retira máis dunha tonelada de especies invasoras das dunas de...
Retiran máis dunha tonelada de especies invasoras das dunas de Area da Cruz, no concello do Grove. Foi no marco dunha actividade de limpeza organizada por Afundación, na que participaron máis de 60 estudantes do instituto As Bizocas. O alumnado tamén recolleu 21 quilos de residuos que se acumulaban no areal. Un xeito de aprender ao tempo que fan un servizo á comunidade.
Meusviños volve a Meis cunha xornada máis e a implicación de 12 adegas do...
Meusviños volve a Meis do 18 ao 20 deste mes de outubro. Esta proposta vitivinícola acada a súa quinta edición cunha xornada máis e a implicación de doce adegas do municipio. Dentro da programación inclúese unha cata ameteur, distintas propostas musicais e tamén showcooking, este ano protagonizados por cociñeiros emerxentes de Meis.
AGTAMAR-UPTA propón que os parques de cultivo de bivalvos de Carril sexan considerados sector...
VILAGARCÍA> AGTAMAR-UPTA propón que os parques de cultivo de bivalvos de Carril sexan considerados sector primario. Din que así poderían optar a novas axudas...
Os migrantes que acolle Sanxenxo fórmanse en Dorrón
O grupo de migrantes que dende hai dúas semanas acolle Sanxenxo fórmase na cultural de Dorrón. Os mozos están a aprender castelán, un pouco de galego e tamén a coñecer mellor o noso país. O obxectivo é fomentar a súa inclusión na nosa sociedade e, polo que vimos esta mañá, estase a conseguir. Todos eles amósanse moi interesados en aprender e, polo que nos contan, con moitísimas ganas de poder comezar a traballar.
Música para festexar os 30 anos de solidariedade da Protectora de Animais de Vilagarcía
A protectora de Animais de Vilagarcía fai 30 anos. Para celebralo, a entidade organiza un concerto solidario o vinderio venres día 11 no Auditorio da Cidade. Trátase dunha cita na que participarán Pablo Vidal e Clara Pino, Chaladura Rock e Intro Cover. O prezo das entradas será de tres euros e ademais tamén se vai habilitar unha fila 0.


















