Zona Centro de Cambados pide máis zonas para aparcar logo da peonalización da praza...

Zona Centro, o colectivo de comerciantes cambadeses, amósanse conforme coa peonalización da praza de Asorei. Cren que este cambio pode afectar algo aos comercios, especialmente nas tarefas de carga e descarga. Por iso, pídenlle ao concello que axilice o cambio de normativa para que se estableza uns horarios para que os vehículos de transporte poidan acceder á zona. Piden tamén recuperar as prazas de aparcadoiro que se van perder co peche.

Unha ducia de detidos nunha nova operación antidroga con epicentro no Salnés

Nova operación antidroga con epicentro na comarca do Salnés. Hai polo de agora máis dunha ducia de persoas detidas nun operativo contra o tráfico de heronía que, ademais, tería ramificacións na provincia da Coruña e Portugal. Estase a desenvolver dende primeira hora deste mércores, con rexistros en varios puntos da comarca, como A Illa ou Vilanova. Neles teríanse incautado máis de 20 quilos de heroína.

A praza de Asorei de Cambados, peonil dende este xoves

CAMBADOS> A partir deste xoves a praza de Asorei, en Cambados, será peonil. O concello culmina así a reordenación do tráfico na contorna de...

Investigado por homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang implicado no accidente no que...

Investigado por un presunto delito de homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang que o pasado sábado provocou un accidente en Sanxenxo que lle custou a vida a un matrimonio do municipio. Apúntase a un exceso de velocidade como a causa máis probable do sinistro. As dilixencias están a ser dirixidas polo xulgado de garda de Cambados.

O Salnés acada o seu teito turístico en agosto e a Mancomunidade céntrase na...

O Salnés volve celebrar un novo récord en materia turística. A Mancomunidade fixo públicos hoxe os datos do mes de agosto que confirman o éxito do destino: recibiu 815.000 visitantes, dos que máis de 430.000 pernoctaron nalgún dos concellos. Con estas cifras sobre a mesa, o ente comarcal cre que o turismo non pode medrar máis no verán, por iso concentrarán gran parte dos seus esforzos na desestacionalización.

Acordo entre Xunta e Recursos de Galicia para realizar a maior auditoría enerxética da...

A Xunta vén de asinar un convenio de colaboración coa sociedade Recursos de Galicia para desenvolver actuacións que permitan reducir os custos enerxéticos das empresas implantadas nos polígonos industriais e nos portos pesqueiros galegos. O acordo pechouse hoxe, nun acto que se celebrou no porto cambadés de Tragove. Un paso máis, aseguraron, cara a descarbonización e na aposta pola economía azul.

A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame...

A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño.

Os paneis solares instalados na azotea de Ravella permitirán reducir á metade a súa...

En Vilagarcía, a Casa do Concello pode chegar a reduci-la súa factura da luz ata nun 50% grazas aos seus novos paneis de enerxía solar. Foron instalados na azotea do consistorio. Segundo estiman, o novo equipamento produce uns 20 kilovatios. Detrás deste proxecto está o obradoiro de emprego Labora Xove de enerxías renovables.

Os motores de 200 coches únicos ruxen en Vilagarcía na segunda concentración Ride’N Nice

Os afeccionados ao mundo do motor déronse cita este domingo en Vilagarcía. A cidade acolleu a segunda edición da concnetración Ride’N Nice, unha iniciativa aberta a todo tipo de vehículos, sen importar marca ou a súa idade. No evento participaron uns 200 coches.

Unha Lei do Viño de Galiza e os contratos homologados, demandas do BNG para...

Unha Lei do Viño e contratos homologados para dar estabilidade ao sector vitivinícola e conseguir mellores prezos. Son dúas das medidas incluídas na batería de iniciativas que o BNG trasladará ao Parlamento de Galicia. Ana Pontón visitou esta mañá a adega Martín Códax, mergullada de cheo na campaña da vendima.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete