Unha Lei do Viño de Galiza e os contratos homologados, demandas do BNG para...

Unha Lei do Viño e contratos homologados para dar estabilidade ao sector vitivinícola e conseguir mellores prezos. Son dúas das medidas incluídas na batería de iniciativas que o BNG trasladará ao Parlamento de Galicia. Ana Pontón visitou esta mañá a adega Martín Códax, mergullada de cheo na campaña da vendima.

O alcalde de Cambados, molesto coa Xunta por non permitirlle o acceso a un...

A estratexia turística do norte de España decídese en Cambados. O Pazo de Fefiñáns acolleu esta mañá unha xuntanza entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi para trazar a súa estratexia común de promoción do turismo verde. Sobre a mesa, entre ourtros asuntos, o desenvolvemento do denominado Corredor do Ecoturismo. Este encontro, por certo, abriu tamén unha fenda entre a Xunta e o goberno local de Cambados. Ao alcalde, que non fora convidado, quixo sumarse hoxe á xuntanza, pero non lle permitiron a entrada.

O 061 non desbota que a ambulancia medicalizada do Salnés volva operar dende Sanxenxo...

Xa está operativa a nova base da ambulancia medicalizada do 061 no Hospital do Salnés. As instalacións, renovadas e máis amplas, recibiron hoxe a visita do conselleiro de Sanidade. Un acto que se fixo coincidir co retorno da ambulancia medicalizada a este centro hospitalario despois de operar durante todo o verán dende Sanxenxo. A pesares da polémica, dende o 061 non aclaran se esta medida se volverá repetir o vindeiro ano.

A Orde da Ameixa de Carril celebra un capítulo exitoso estreándose no Pazo da...

O Capítulo da Orde da Ameixa estreou este ano localización. A cita celebrouse no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía, despois da ruptura entre a directiva dos Parquistas de Carril e a confraría. O que non cambiou foi a esencia do acto, no que se nomearon as novas donas e cabaleiros que xa son membros da orde.

O BNG reclama á Xunta que manteña a ambulancia medicalizada no Hospital do Salnés...

O BNG do Salnés reclama á Xunta de Galicia que devolva a base da ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés. Co inicio do verán trasladouse a Sanxenxo para atender o incremento de poboación polo turismo. Aquí continuará ata o 31 de agosto, deixando desprotexida, din, á poboación desta zona. A formación nacionalista reuniuse hoxe en Vilagarcía co persoal deste servizo. Reclaman que, en lugar de trasladar a ambulancia medicalizada, se dote Sanxenxo con outro equipamento.

Os veciños de Vilaxoán mobilízanse contra a supresión da parada de autobús do Freixo

O posible cambio dunha parada de autobús en Vilaxoán, no concello de Vilagarcía, enfada e moito aos veciños. Decenas de persoas concentráronse para opoñerse a esta modificación, que afecta á zona do Freixo. Aseguran que o bus para neste punto dende hai máis de 50 anos e culpan directamente á asociación de veciños de propiciar o cambio. O colectivo cre que as manobras do autobús neste punto non son seguras.

Xuventude de Sisán, Umia C.F. e C.D. Ribadumia enfróntanse no triangular do Torneo Concello...

Este domingo 18 de agosto o campo de fútbol da Senra, de Ribadumia, acollerá o tradicional torneo triangular Concello de Ribadumia. Xuventude Sisán, Umia Club de Fútbol e Club Deportivo Ribadumia veranse as caras nunha cita que cumpre xa a súa trixésimo segunda edición.

O albariño da adega Vionta faise co ouro na cata-concurso da Festa do Albariño...

O albariño da adega Vionta é o mellor de 2023 da Denominación de Orixe Rías Baixas. Fíxose co ouro na cata concurso da Festa do Albariño. A prata foi para Noelia Bebelia, da subzona de Soutomaior, e o bronce para Xión,da adega Attis, localizada en Meaño. A entrega de premios fíxose como sempre, tralo Xantar oficial que despide a Festa dende os Xardíns de Torrado.

O Club Náutico de Portonovo xa presume das catro bandeiras que acreditan a súa...

Bandeira azul, Q de calidade, Galicia Calidade e S de Sustentabilidade. Son as catro certificacións das que pode presumir o Club Náutico de Portonovo, en Sanxenxo. Este mediodía celebrouse o izado das distincións, confirmándose como o único club da provincia de Pontevedra que conta con todas elas.

A Festa da Ostra de Noalla agarda vender máis de 22.000 unidades deste bivalvo

A vindeira fin de semana Noalla, en Sanxenxo, será o epicentro do bo comer. A parroquia celebra a trixésimo primeira edición da súa Festa da Ostra. Será os días 9, 10 e 11 nunha carpa gastronómica que se instalará no campo de fútbol. A organización agarda superar os datos do ano pasado, cando esgotaron as 22.000 unidades deste bivalvo.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete