Sanxenxo reforza a coordinación entre corpos para garantir a seguridade nos meses de verán

SANXENXO> Sanxenxo reforzará a súa seguridade e a coordinación entre corpos durante os meses de verán. Esta mañá celebrouse no concello a xunta local...

Salnés Ciencia, a feira onde a rapazada de dez colexios amosará os seus experimentos...

Dez centros educativos da zona daranse cita este sábado na primeira edición de Salnés Ciencia. Trátase dunha feira que se vai celebrar en Cambados, onde a rapazada poderá amosar os seus experimentos e proxectos. Cada un dos centros terá o seu propio stand, con experiencias relacionadas coas física, química ou outras áreas máis específicas como a robótica, viticultura ou a cosmética.

A reforma da rúa Condesa en Ribadumia mellorará a mobilidade e a seguridade viaria...

En Ribadumia, están en marcha as obras de reurbanización da rúa Condesa, na contorna do colexio Julia Becerra Malvar. O proxecto busca mellorar a seguridade viaria e a mobilizada da zona, ao tempo que se crean novas zonas de estacionamento. A actuación conta cun orzamento que rolda os 700.000 euros, dos que a Deputación achegará o 70% e o concello, o 30 restante.

O PSdeG carga contra a Xunta polo retraso na reconstrución da ponte de Pontearnelas

O PSOE critica os retrasos que está sufrindo a recontrución da ponte nova de Pontearnelas. Denuncian a falta de compromiso da Xunta coa comarca e din que unha mostra máis é como se xestionou o arranxo desta infraestrutura. Lembran que a súa posta en uso estaba prevista para finais do ano pasado e que xa no mes de xuño, aínda está pendente de rematar. Advirten ademais dos danos que esta situación está a provocar na ponte dos Padriños, por onde se está a desviar o tráfico.

‘Do que se come, se cría’: xa está aquí a cuarta edición de Vilagarcía,...

A cuarta edición de 'Vilagarcía, cidade de libro' traerá 25 autores destacados. A feira celebrarase do 11 ao 16 de xuño. Cada unha das xornadas estará dedicada a unha temática e con propostas pensadas para tódolos públicos, especialmente para a rapazada. Entre os autores que este ano visitan a cidade do libro salientan os premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Sierra, xunto cun bo feixe de escritores galegos, locais e emerxentes.

O bo tempo acompaña ao mellor viño esta fin de semana na Festa do...

RIBADUMIA> Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LI edición, na...

A agricultura ecolóxica biointensiva, unha nova oportunidade laboral no Salnés

MEAÑO> A agricultura ecolóxica biointensiva ábrese paso como unha nova oportunidade laboral nas Rías Baixas. Trátase dun modelo sostible que busca a autosuficiencia dos...

Rueda anuncia en Vilagarcía que Galicia terá o curso que vén a oferta de...

Hoxe arrancou en Vilagarcía o Congreso de Mobilidade Sustentable e Medios de Transporte, organizado polo IES Vilalonga e o CIFP de Fontecarmoa. O evento, que reúne a empresas e a formación profesional da automoción, foi inaugurado esta mañá polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda aproveitou para anunciar que Galicia terá o próximo curso a oferta de FP máis alta da súa historia. Serán 24 as titulacións de alta especialización que se ofertarán en Galicia, trece delas de nova implantación.

Recollida de tapóns do alumnado do cole de Ribadumia para loitar contra a enfermidade...

Alumnado do colexio Julia Becerra Malvar, de Ribadumia, impulsa unha campaña solidaria sobre a enfermidade de Dent. A rapazada de 3º da ESO puxo en marcha un proxecto de recollida de tapóns para recadar fondos para esta doenza. Pero a iniciativa vai máis alá, incluíndo a creación dun cartel publicitario ou mesmo dando unha rolda de prensa para difundir entre a veciñanza a súa campaña.

Cinco hoteis de Sanxenxo reciben 670.000 euros da Xunta para a mellora da eficiencia...

SANXENXO> Cinco hoteis de Sanxenxo beneficiáronse dunha liña de axudas da Xunta para a mellora da súa eficiencia enerxética. En conxunto, recibiron unha subvención...

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete