Vilagarcía estira as últimas horas dunhas festas de Santa Rita multitudinarias

Vilagarcía viviu onte o día grande de Santa Rita. Milleiros de persoas inundaron a cidade nunha xornada festiva, coa procesión como o evento máis multitudinario do día.

A II Regata Nacional de Kaiak de Mar atraerá ata Vilanova e O Grove...

Máis de medio milleiro de persoas pasarán esta fin de semana polos concellos do Grove e Vilanova no marco da segunda Regata Nacional de Kaiak de Mar, que une as dúas localidades. Celebrarase os días 25 e 26 de maio, e contará con representantes de ata catorce comunidades autónomas.

A Xunta pídelle á Mancomunidade un proxecto para a ETAP de Treviscoso

SALNÉS> A Xunta pídelle á Mancomunidade do Salnés que elabore un proxecto para a ampliación da ETAP de Treviscoso. O presidente comarcal mantivo unha...

Hojas de Lorien, o refuxio literario en Vilagarcía para os amantes dos libros de...

Centos de libros  usados agardan por unha nova vida en Hojas de Lorien. Trátase da primeira librería de Vilagarcía especializada en libros de segunda man. Detrás deste proxecto está Anabel, unha muller que decidiu darlle un xiro á súa vida poñendo en marcha este proxecto. Con el naceu tamén un club de lectura onde os libros se mesturan con café, galletas e moi boa compaña.  Este mes están a ler 'El juego de Ender'.

O Barça conquista o Arousa Fútbol 7

O Arousa Fútbol 7 fixo vibrar durante esta fin de semana o Concello de Ribadumia. Finalmente foi o Barça o que se impuxo na final, celebrada este domingo na Senra. Os blaugranas gañaron ao Valencia 3 a 0. Dous dos tantos anotounos Fode Dialbo Conde e o terceiro, Alán Guera. O equipo catalán chegou á final invicto nesta edición do Arousa Fútbol 7.

Os Ingleses incorporan ao seu torneo de rugby de Santa Rita unha minicopa entre...

16 equipos daranse cita na terceira edición do torneo de Rugby de Santa Rita, en Vilagarcía. Todos eles son conxuntos da categoría M14. A meirande parte son galegos e do norte de Portugal, aínda que tamén contarán coa visita do Palencia que, por certo, repite nesta cita.

O Concello de Meis renova o seu apoio ao festival Armenteira Jazz

O Concello de Meis seguirá apostando polo festival de jazz da Armenteira. Esta mañá, a alcaldesa da localidade renovou o convenio de colaboración coa Asociación Terras Altas do Salnés, entidade organizadora desta cita musical. En virtude desta colaboración, o concello concede para o festival unha axuda de 3.000 euros.

A rapazada do colexio Magaláns de Dorrón aprende a almorzar de xeito saudable

SANXENXO> A rapazada do colexio Magaláns de Dorrón, en Sanxenxo, aprendeu hoxe a preparar almorzos saudables. Eles foron o primeiro grupo en pasar por...

A Ruta Quetzal arrancará de novo en Vilanova, incluíndo actos de homenaxe a Valle-Inclán

VILANOVA> Vilanova será de novo punto de inicio dunha nova edición da Ruta Quetzal. Trátase dunha expedición de trece días por España e Portugal...

Máis de 500 nenos e nenas daranse cita na sexta edición da Mini BTT...

Máis de 500 nenos e nenas daranse cita este domingo na sexta edición da Mini BTT Concello de Ribadumia. A proba vai ter lugar no campo de fútbol de Leiro, onde o Club Ciclista Ribadumia ten a súa sede. Os organizadores prometen unha competición moi atractiva, que permita á rapazada gozar da xornada. Tamén de todo o público que mobilizará esta proba. Estímase que grazas a esta Mini BTT achegarnse en total ata Ribadumia unhas 2.000 persoas.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete