A Deputación pedirá a Patrimonio ampliar o BIC a todo o xacemento da Lanzada
Vanse retomar as excavacións no xacamento da Lanzada. Anunciouno esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra que tamén avanzou que se vai musealizar a zona. Ademais, o goberno provincial vai solicitar á Xunta a ampliación da zona BIC a toda a península da Lanzada. Ata o de agora o ben de interese cultural limítase á zona da capela. Ademais, o concello de Sanxenxo vai lanzar un concurso de ideas para a renaturalización de toda esa contorna.
Ribadumia acollerá unha andaina a favor de TDAH Salnés no marco da Festa do...
Ribadumia segue pouco a pouco dando a coñecer actividades relacionadas coa Festa do Tinto. Hoxe prsentaron a oitava edición da andaina solidaria que ten lugar no domingo da festa, o día 2 de xuño. Os fondos que se recaden nesta actividade entregaránse á asociación TDAH Salnés.
Os premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Serra, no ‘Vilagarcía, cidade de libro’
VILAGARCIA> Vilagarcía quenta motores para a súa 'Cidade de libro'. Hoxe avanzaron as datas e os autores que formarán parte desta cuarta edición. Vai...
Ribadumia abre boca para a Festa do Tinto coa súa segunda ruta de tapas
RIBADUMIA> Ribadumia volve apostar polo tapeo para ir abrindo boca para a Festa do Tinto. O concello xunto coa hostalería local organizan a segunda...
O Dinamo de Zagreb ou o Milan, entre os equipos estrela da edición deste...
Todo listo en Ribadumia para o Arousa Fútbol 7. O torneo vaise celebrar entre o 17 e 19 de maio, coa visita de equipos galegos, españois e internacionais de primeiro nivel. En total, sete nacionalidades e seis campeóns de Europa asistirán á cita. Entre eles o Dinamo de Zagreb ou o Milan. Por suposto, tamén estarán presentes o Celta, o Rácing de Ferrol ou o Deportivo da Coruña.
As corais Rosalía de Castro e Voces Amigas únense nun festival solidario a favor...
VILAGARCÍA> As corais vilagarciás Rosalía de Castro e Voces Amigas únense por unha boa causa. Os dous conxuntos musicais van protagonizar este venres un...
Caleiro agarda unha gran afluencia ao San Cidre grazas ao seu vídeo viral que...
A veciñanza de Caleiro, en Vilanova, anda estes días moi atarefada poñendo a punto os seus tractores e maquinillos. Este sábado moitos deles desfilarán pola parroquia, pola festa do San Cidre, patrón dos labradores. A xornada incluírá tamén degustación de chourizo con pan de millo, outras propostas gastronómicas, actividades para a rapazada e moita música, dende primeira hora e ata a noite. O broche final vano poñer este ano as orquestras New York e Fuego.
Comezan as precatas da Festa do Tinto do Salnés
Arrancan as precatas da Festa do viño tinto do Salnés de Ribadumia. As primeiras celebráronse onte á noite no Centro Social San Andrés de Barrantes. Continuarán ata o vindeiro luns, día 12. Ademais, o Concello xa puxo á venda as entradas para reservar mesa e participar nesta comida de confraternidade.
Zona Aberta entrega os seus agasallos polo Día da Nai homenaxeando á mamá máis...
Xa coñecemos a gañadora do sorteo do Día da Nai de Zona Aberta de Vilagarcía. O premio desta campaña é para Mercedes Espiñeira, que participou co seu ticket por unha compra feito no establecemento Nieves Álvarez. A afortunada fíxose cun premio de 300€ en vales de compra e unha visita guiada ao Pazo de Rubiáns.
Tamén lle entregaron un agasallo á nai con máis historia de Vilagarcía. Chámada Purita Ramos e, aos seus 105 anos, é a mamá máis veterana da cidade. Zona Aberta fíxolle unha visita á súa casa, onde lle entregaron un ramo de flores.
En marcha o reasfaltado da estrada das Sinas, con críticas ao anterior goberno provincial...
En Vilanova están en marcha os traballos de reasfaltado da estrada provincial das Sinas. Unha obra que se converteu no seu día nun dos cabalos de batalla entre o goberno local e a Deputación de Pontevedra que presidía Carmela Silva.
A actuación afecta a un treito de pouco máis dun quilómetro desta estrada EP-9702, que une As Sinas con Vilanova. Unha intervención, urxente -din dende a Deputación e o Concello- que supón un investimento de 200.000 euros nun dos accesos á vila.


















