O Salnés e A China destacan os avances do último ano nas súas relacións...
A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.
A Mancomunidade convida en Fitur a descubrir O Salnés con calma e ‘a lume...
O turismo 'slow' centrou o paso da Mancomunidade do Salnés por Fitur. A comarca presentouse como un destino no que poder escapar da rutina e desconectar. Dende o organismo comarcal explican que este produto turístico permite ao visitante mergullarse con calma nas orixes de todo o que ofrece O Salnés.
A Mancomunidade convida ao Salnes ao embaixador da China en España para afianzar lazos...
Encontro clave entre a Mancomunidade do Salnés e o empresariado chinés no marco de Fitur. O organismo comarcal organizou un acto en Madrid ao que tamén asistiu o embaixador chinés en España. A cita serviu para seguir promocionando o destino máis alá do verán. De aí a importancia do mercado chinés, caracterizado por viaxar fóra da tempada alta. O presidente da Mancomunidade aproveitou o acto para convidar ao embaixador chinés a visitar O Salnés este ano.
Obradoiro de caixeiro-repoñedor para 15 desempregados en Ribadumia
Hoxe comezou unha nova edición do obradoiro de caixeiro-repoñedor que impulsa a Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha das accións formativas que se inclúen no plan de emprego do organismo comarcal. 15 mozos en situación de desemprego recibirán nas vindeiras semanas aprendizaxe teórica e práctica para favorecer a súa inserción no mercado laboral.
Ducias de aspirantes para facerse con algún dos 25 postos de traballo para o...
Ducias de persoas achegáronse hoxe á feira de emprego que o grupo Vegalsa organizou en Ribadumia. A empresa está a piques de abrir un novo supermercado en Meis e está a buscar persoal na zona. A compañía seleccionará entre os que entregaron hoxe o seu currículo unhas 25 persoas para o seu novo equipo. Para aqueles que non se puideron achegar, manteñen en marcha o proceso de selección a través da súa páxina web.
O Belén caseiro máis famoso de Ribadumia faise maior de idade
O Belén de Francisco Martínez, veciño de Ribadumia, celebra a súa maioría de idade. Hai agora 18 anos que este home comezou a darlle forma a este nacemento que non deixa de medrar. Coa última ampliación, rolda xa os 40 metros cadrados, con diferentes escenas e representacións, todas elas con figuras en movemento. Para conseguilo, Francisco leva todo o ano traballando. Xa ten en mente novas melloras de cara ao ano que vén.
Ribadumia e Cambados saen á rúa para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos
Neste 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Unha xornada que en concellos como Ribadumia ou Cambados dedicaron a defender principios fundamentais como a vida, a liberdade, a igualdade e a non discriminación. En ambos casos, organizaron actos nos que a rapazada foi a protagonista.
Ribadumia implica aos distintos colectivos do municipio nunha programación de Nadal moi participativa
O Nadal arranca este venres en Ribadumia. Será co acendido do alumeado de Nadal. Un acto que lle dará paso a unha ampla programación, artellada grazas á colaboración de diferentes colectivos do municipio. Entre as principais propostas, salienta o Carnival Fest, varias propostas musicais ou a visita de Papa Noel ou os Reis Magos. Ademais, no concello hai en marcha dúas campañas solidarias, de recollida de alimentos e xoguetes.
Cada vez máis mulleres fórmanse en maquinaria pesada no Salnés
15 persoas desempregadas participan no curso de manexo de minipás e retroexcavadoras da Mancomunidade do Salnés. Trátase dunha acción formativa incluída no plan integrado de emprego do organismo comarcal. Nesta edición, a presenza feminina continúa aumentando, acadando xa o 30%. Trátase dun sector cunha alta demanda de operarios.
A rapazada do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia crea un mosaico do 25N
> En Ribadumia, o epicentro deste Día contra a Violencia de Xénero foi o colexio Julia Becerra Malvar. Uns 70 nenos e nenas de 5° e 6° de primaria debuxaron no patio do centro un gran 25N na compaña do alcalde e membros do CIM da Mancomunidade do Salnés. A lectura do manifesto tamén correu a cargo do alumnado.

















