O Concello de Ribadumia conta xa cun protocolo de prevención fronte o acoso laboral...
O Concello de Ribadumia conta xa co seu primeiro protocolo de prevención fronte o acoso laboral, sexual ou por razón de sexo. O documento busca servir de folla de ruta na prevención ante calquera tipo de violencia dentro do concello, buscando promover tamén un clima laboral o máis respectuoso e igualitario posible. Hoxe tamén se constituíu a súa comisión de seguimento, na que están presentes a parte institucional, sindical e técnica.
Un estudo da EVEGA investiga a viabilidade de viñedos empalizados no Salnés
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, situada en Ribadumia, está a investigar a viabilidade de viñedos empalizados, máis ergonómicos que as espaldeiras tradicionais. Esta estrutura preséntase como alternativa aos emparrados clásicos do Salnés, que presentan como principal problema a deriva dos fitosanitarios. Na EVEGA levan xa cinco anos con este proxecto. Para acadar as conclusións definitivas precisan aínda recompilar datos da colleita e a súa calidade durante tres anos máis.
Novembro de obradoiros, charlas e formación en Ribadumia para loitar contra a violencia de...
Ribadumia pon en marcha a súa programación do 25N. O concello organiza distintos obradoiros e charlas durante o mes de novembro para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ademais, o goberno local levará o vindeiro xoves a pleno unha proposta para para a creación da Mesa Local de Coordinación Interdisciplinar fronte á Violencia de Xénero.
A escola infantil de Ribadumia mellora a súa eficiencia enerxética
Actuouse na envolvente térmica, na climatización e na iluminación do edificio. O proxecto contou cunha achega de 120.000 euros da Xunta, cofinanciado con Fondos Europeos. Na escola infantil de Ribadumia están matriculados un cento de pequenos e o concello está a estudar fórmulas para ampliar a súa capacidade.
Os futuros adestradores do Salnés fórmanse en Ribadumia
Ribadumia acollerá un curso de adestradores UEFA. A actividade, con varias sesións teóricas e prácticas, está liderada pola Real Federación Galega de Fútbol co apoio do concello. Vai arrancar o vindeiro 21 de outubro en el vanse formar máis dunha trintena de persoas.
As fins de semana comezan antes en Vilagarcía cos Xoves Abertos de Zona Aberta
Volven os Xoves Abertos de Zona Aberta de Vilagarcía. O colectivo de comerciantes e hostaleiros da cidade impulsa a segunda edición desta proposta, que encherá de música os distintos barrios da cidade.
Vai arrancar o día 26 deste mes no Piñeiriño.
O deseñador Roberto do Rego ‘renace’ cun desfile único no Espazo de Vilanova Peña...
O coñecido deseñador Roberto do Rego escolleu Ribadumia para a preesntación da súa nova colección. No evento desveláronse os novos deseños que se inclúen dentro da súa firma DRN, unha proposta que supón un punto de inflexión, iniciando unha nova etapa pero sen renunciar á súa esencia. O desfile tivo lugar no Espazo Vilanova Peña, cunhas instalacións que, como Roberto do Rego, levan no seu ADN a fusión dos novos estilos co clásico.
O Celta levanta por segunda vez a Copa Ribadumia
Outra fin de semana de deporte no concello de Ribadumia. O campo da Senra acolleu a quinta edición da Copa Ribadumia en categoría infantil. Unha cita na que este ano se coroou gañador o Real Club Celta. Fíxoo despois de impoñerse ao Vitoria de Guimaraes por 2 goles a cero.
Ribadumia vive xa ao grande a Festa do Tinto do Salnés
Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LiI edición, na que se dan cita máis dunha ducia de adegas. Pola carpa instalada en Barrantes pasaron xa multitude de persoas durante esta xornada. Por diante aínda queda moita troula, coas mellores orquestras de Galicia, o gran xantar de confraternidade ou a investidura dos valedores do viño.
Orquestras, Broken Peach ou A Roda para celebrar os 52 anos da Festa da...
Conta atrás en Ribadumia para a Festa do Tinto do Salnés. A festa, que celebra este ano 52 anos de historia, prolongarase do 5 ao 8 de xuño. Como todos os anos, o evento reúne tódolos ingredientes para que sexa un éxito. Ademais de bo viño, a programación inclúe a visita de grandes orquestras e o grupo A Roda.

















