Nova edición do curso de impresión 3D multicor en Ribadumia

Esta mañá clausurouse en Ribadumia unha nova edición do Obradoiro de impresión 3D multicor impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Neste curso participaron oito alumnos, que aprenderon a crear prototipos e obxectos en múltiples tons.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

A Mancomunidade cifra en case 500 millóns o impacto economómico do turismo no Salnés

O Salnés recibiu 1,7 millóns de turistas o ano pasado. Con respecto a 2023, o número de turistas que pernoctaron na comarca medrou máis dun 8%, coa parte positiva de que estiveron máis repartidos ao longo de todo o ano. Segundo os cálculos do organismo comarcal, este desembarco supuxo un impacto económico na zona de case 500 millóns de euros.

As traballadoras de DomusVi Ribadumia retoman as protestas denunciando as súas malas condicións laborais

Primeira das catro xornadas de folga das traballadoras da residencia DomusVi de Ribadumia. Protestan, unha vez máis, polos baixos salarios e as súas malas condicións laborais. Aseguran que non se están cumprindo os hoarios ou os descansos. Unha situación insostible, cunha gran carga de traballo que, lamentan, está repercutindo na calidade asistencial aos residentes.

Ribadumia estrea a rúa Condesa con críticas á oposición por ter cuestionado o proxecto

A rúa Condesa de Ribadumia xa está a pleno rendemento. A vía foi obxecto dunha remodelación integral, grazas a un convenio entre o concello e a Deputación de Pontevedra, que supuxo un investimento de máis de 700.000 euros. Esta mañá percorreu esa rúa o presidente da Deputación, que avanzou unha nova actuación no acceso principal do Julia Becerra Malvar.

Sete parroquias ‘confluirán’ este ano nos actos de Xoves e Venres Santo de Paradela

Máis dun cento de persoas traballan xa para darlle forma á Semana Santa de Paradela. Este ano, os actos relixiosos veñen con novidades. Por unha banda, coa recuperación da Confraría de Santa María, que levaba inactiva máis dunha década. Pola outra, pola 'unificación' dos actos relixiosos de Xoves e Venres Santo en Paradela de sete parroquias distintas de Meis, Ribadumia, Portas e Meaño. Trátase dun evento declarado de interese turístico galego e que aspira a converterse de interese turístico nacional.

As principais innovacións do sector vitivinícola de Galicia danse a coñecer en Ribadumia

A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía celebrou o quinto Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario. Un encontro no que se abordaron avances en tratamentos fitosanitarios ou na mellora da produtividade. Tamén, avances en canto a adaptación do sector ao cambio climático, como novos sistemas para atender as necesidades hídricas.

A conmemoración do 8M arranca no Salnés con ‘Espellos íntimos’, un obradoiro sobre os...

Espellos Íntimos é a primeira proposta do Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés para conmemorar o 8 de marzo. O obradoiro desenvolveuse hoxe no Auditorio de Ribadumia, convertido nun espazo de encontro e de escoita das experiencias dunha trintena de mulleres. Empregando ferramentas teatrais, a actividade centrouse nos coidados e no autocoidado.

A Mancomunidade forma aos futuros caixeiros e repoñedores dos supermercados do Salnés

24 desempregados formáronse nas últimas semanas nun obradoiro de caixeiros e repoñedores impulsado pola Mancomunidade do Salnés. Trátse dunha acción formativa que forma parte do plan integrado de emprego do organismo comarcal. O curso, que acada a súa sexta edición, foi clausurado hoxe en Ribadumia.

Anónimas Viticultoras conquista a Barcelona Wine Week coa súa aposta por visibilizar a muller...

O proxecto de Anónimas Viticultoras, asentado no Salnés, premiado na Barcelona Wine Week. A iniciativa impulsada por Cristina Yagüe e María Falcón recibiu o recoñecemento de mellor novo proxecto nun dos salóns do viño máis importantes de España. Ademais de recoñecer a visibilización da muller no sector, o premio pon en valor tamén o traballo que están a facer na recuperación de variedades autóctonas.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete