Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol
O ribadumiense Rafael Louzán, novo presidente da Real Federación Española de Fútbol. O actual presidente da Federación Galega de Fútbol impúxose nas votacións ao máximo responsable da Federación da Comunidade Valenciana e logo da retirada da candidatura do presidente da Federación estremeña. Louzán está condenado a sete anos de inhabilitación por prevaricar cando era presidente da Deputación de Pontevedra. Unha medida que recorreu ante o Tribunal Supremo, que vai abordar esta cuestión o 5 de febreiro.
O legado de Don Dositeo a prol da normalización do galego nos cemiterios de...
RIBADUMIA> O uso do galego é cada vez máis frecuente nos cemiterios. A nosa lingua pasou de ter unha presenza case nula nos camposantos,...
Rafael Louzán Abal con opcións de ser elixido Pte. da Federación Española de Fútbol
Rafael Louzán presenta a súa candidatura á presidencia da Federación Española de Fútbol con máis de 80 dos 120 avais posibles.
A rapazada de Ribadumia, unida na reivindicación dos seus dereitos
Ribadumia conmemora o Día da Infancia. A rapazada do colexio Julia Becerra Malvar participou en distintas actividades para celebrar esta data. Acompañados polo alcalde, deron tamén lectura a un manifesto para reivindicar os seus dereitos, comezando por algo tan simple como o dereito que deberían ter todos eles a ser felices.
Mergulladores da Garda Civil buscan no Umia un veciño de Meis de 48 anos
Amplo dispositivo de busca dun veciño de Meis de 48 anos. O varón leva desaparecido dende hai unha semana. O seu coche foi localizado na zona de Covas de Lobos, en Cambados, con roupa no seu interior. Nesta xornada sumouse a ese operativo de busca un equipo de mergulladores da Garda Civil. Polo de agora mantéñense abertas todas as hipóteses, mesmo que poida ser unha desaparición voluntaria.
Internacionalización e desestacionalización, obxectivos do novo plan turístico do Salnés
A Mancomunidade do Salnés lanza a súa estratexia turística para os vindeiros catro anos. O plan márcase como obxectivo a internacionalización e desestacionalización do sector. Esta mañá tivo lugar a súa presentación en Ribadumia, nun acto no que o organismo comarcal estivo arroupado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta. Neste sentido, destacaron o aliñamento de todas as administracións á hora de deseña-la folla de ruta do turismo do futuro.
A realidade virtual mixta incorpórase ao programa de emprego da Mancomunidade do Salnés
A realidade virtual mixta incorpórase á formación do programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. É unha modalidade que mestura elementos da realidade aumentada coa realidade virtual, permitindo a interacción simultánea dos obxectos dixitais co mundo físico. Esta modalidade incorpórase a un dos cursos do plan de emprego do organismo comarcal no que tamén se introduciu a impresión 3D multicor, o que permite a creación dos prototipos en múltiples tons.
Invernadoiros esnaquizados por Kirk en Ribadumia: ‘Cada ano faise máis difícil seguir con isto’
O temporal kirk segue sumando estragos na nosa contorna. En Ribadumia, uns mozos agricultores traballan contra o reloxo para salvar as súas plantacións, logo de que o forte vento lles esnaquizase varios dos seus invernadoiros. Sen seguros nin axudas da Xunta que cubran as perdas, Consuelo e Luis afánanse en repoñer os plásticos estragados e preparar o terreo. Teñen centos de pés de leituga agardando para ser plantados nuns invernadoiros que, nestes momentos, están impracticables.
Uns pais de Ribadumia fan garda ás portas do colexio para que a súa...
Unha familia de Ribadumia loita para que a súa filla, que padece unha grave enfermidade rara, poida ir ao colexio con normalidade. A pequena ten tan só tres anos e puido comezar o curso porque, nestes casos, Educación ten que poñer ao seu servizo unha enfermeira. O caso é que agora esta sanitaria tivo que coller unha baixa e a Xunta non mandou a outra profesional. A familia sente que a súa filla está desprotexida e piden que manden canto antes outra enfermeira. A súa nai e o seu pai están a facer gardas ás portas do colexio por se a nena precisase axuda.
Xuventude de Sisán, Umia C.F. e C.D. Ribadumia enfróntanse no triangular do Torneo Concello...
Este domingo 18 de agosto o campo de fútbol da Senra, de Ribadumia, acollerá o tradicional torneo triangular Concello de Ribadumia. Xuventude Sisán, Umia Club de Fútbol e Club Deportivo Ribadumia veranse as caras nunha cita que cumpre xa a súa trixésimo segunda edición.

















