Sanxenxo conmemora o vinte aniversario do seu Centro de Día, no que reciben atención...
Na xornada participaron moitos usuarios e os seus familiares. Tamén asistiu o alcalde e a conselleira de Política Social da Xunta. Fabiola García puxo este centro como exemplo dun servizo pensado para garantir o benestar das persoas maiores.
Sanxenxo escenifica na Finca das Cunchas a ‘inxustiza’ da sentenza expropiatoria dos Rocafort
O Concello de Sanxenxo decidiu pintar de azul o vial que tamén entrou dentro dese proceso expropiatorio. Son máis de 1.200 metros cadrados polos que, xunto cos 1.700 da zona verde, Sanxenxo tivo que pagar 13 millóns de euros. Un pagamento que, por certo, xa foi completado. Agora buscaranlle un uso social a este espazo.
Unha vintena de novos profesionais rematan a súa formación no Obradoiro de Hostalería da...
Unha vintena de novos profesionais do sector da hostalería xa están listos para entrar no mercado laboral. Hoxe a Mancomunidade do Salnés despediu unha nova edición do seu obradoiro de hostalería, que acadou xa as 15 edicións. Unha iniciativa que ten demostrado o seu éxito co paso do tempo e para a que a Xunta de Galicia destinou 580.000 euros.
O programa de emprego da Mancomunidade do Salnés acada os tres millóns de investimento...
Rematou a décimo segunda edición do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés. Nos últimos doce meses o organismo comarcal puxo en marcha un ambicioso itinerario formativo.Na clausura desta edición salientaron que a inserción final está por riba do 85% das candidaturas. Tamén destacaron o investimento acadado ao longo destes doce anos, que supera os tres millóns de euros.
A construción da nave de servizos de Sanxenxo avanza a bo ritmo e estará...
SANXENXO> A nova nave de servizos do Concello de Sanxenxo estará lista no mes de xuño. A instalación estase a construír nunha parcela do...
A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias
A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.
Os migrantes que acolle Sanxenxo fórmanse en Dorrón
O grupo de migrantes que dende hai dúas semanas acolle Sanxenxo fórmase na cultural de Dorrón. Os mozos están a aprender castelán, un pouco de galego e tamén a coñecer mellor o noso país. O obxectivo é fomentar a súa inclusión na nosa sociedade e, polo que vimos esta mañá, estase a conseguir. Todos eles amósanse moi interesados en aprender e, polo que nos contan, con moitísimas ganas de poder comezar a traballar.
Investigado por homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang implicado no accidente no que...
Investigado por un presunto delito de homicidio imprudente o condutor do Ford Mustang que o pasado sábado provocou un accidente en Sanxenxo que lle custou a vida a un matrimonio do municipio. Apúntase a un exceso de velocidade como a causa máis probable do sinistro. As dilixencias están a ser dirixidas polo xulgado de garda de Cambados.
A Xunta propón nun informe a fusión de Meaño con Sanxenxo e de Lousame...
A Xunta reabre o debate sobre a posible fusión de concellos. O goberno galego presentará este xoves un informe no que propón sete posibles fusións. Na nosa zona de cobertura habería dous casos: a unión de Noia con Lousame e a de Sanxenxo con Meaño.
O Club Náutico de Portonovo xa presume das catro bandeiras que acreditan a súa...
Bandeira azul, Q de calidade, Galicia Calidade e S de Sustentabilidade. Son as catro certificacións das que pode presumir o Club Náutico de Portonovo, en Sanxenxo. Este mediodía celebrouse o izado das distincións, confirmándose como o único club da provincia de Pontevedra que conta con todas elas.

















