Vilagarcía tínguese de azul polo Día do Autismo reivindicando máis dereitos e inclusión

Vilagarcía conmemora o Día do Autismo. O colectivo BATA foi o encargado de ler no concello un manifesto a prol dos dereitos e a inclusión das persoas que padecen este trastorno. Piden que as administracións teñan en conta ás persoas con autismo para crear políticas públicas que ofrezan respostas reais ás súas necesidades. Este xoves, o convento de Vista Alegre da cidade tinguirase de azul para visibilizar o autismo entre a cidadanía.

Mobilización dos traballadores de Alcampo Vilagarcía pola obriga de traballar domingos e festivos sen...

Os traballadores de Alcampo Vilagarcía mobilízanse contra as súas condicións laborais. Poñen o foco na obriga de traballar en festivos e domingos sen incentivos. Consideran que nesas xornadas as grandes áreas tamén deberan permanecer pechadas. Pero de estar abertas, din, que sexa voluntario e se lles pague a maiores. Porque, ademais, denuncian está a pagar uns soldos moi baixos. Para este vindeiro Xoves Santo, que o centro vai abrir, van convocar unha xornada de folga.

33 colectivos presentan alegacións contra a proposta de dragado do río Lérez

Queren evitar que eses áridos acaben na boca da ria de Arousa. Advirten das consecuencias que esta operación pode ter, porque o punto previsto para o vertido é onde se produce o afloramento da ría, co impacto que iso pode ter na produción. Alertan tamén da presenza de mercurio neses lodos. Piden ademais que se compense economicamente aos sectores afectados no tempo que duren estes traballos.

Familias de Vilagarcía piden un curso de natación adaptado para os seus fillos con...

Un grupo de familias de Vilagarcía con fillos con necesidades especiais reclama crear un programa de natación adaptado na piscina municipal. Explican que para a rapazada con autismo, síndrome de Down ou parálise celebral unha actividade como este ten moitos beneficios, comezando pola seguridade, porque habitualmente son pequenos que non son conscientes do perigo. Reclaman que se adapten as instalacións de Fontecarmoa para esta proposta e se contrate persoal especializado. Este xoves leverán a súa demanda ao pleno municipal.

Choque total entre Vilagarcía e a Deputación pola perda de medio millón de euros...

O concello de Vilagarcía levará aos tribunais á Deputación de Pontevedra por quedar excluído do segundo Plan Extra. O municipio perdeu unha subvención de máis de medio millón de euros para a reforma das rúas Aduana e Cruz, no Carril. A Deputación argumenta que o proxecto que presentaron era 'incompleto e inexecutable'. Pero dende o goberno local cren que detrás desta decisión hai motivacións políticas e electoralistas. O alcalde fala dun 'cambio de formas' do goberno provincial e mesmo pon en dúbida que Luis López compatibilice a presidencia da Deputación co liderado do PP na provincia.

A gran obra de saneamento que está a executar a Xunta en Vilagarcía estará...

Por diante queda aínda unha das actuacións máis complicadas na desembocadura do río do Con. Nesa zona van perforar o leito do río para conectar as distintas canalizacións que rematan nese punto. Estes traballos, dunha gran complexidade técnica, durarán tres semanas agás dificultades técnicas inesperadas.

O GDR Salnés-Ulla-Umia mobiliza un millón de euros para o impulso de proxectos que...

Ata o vindeiro seis de abril está aberta a nova convocatoria de axudas Leader que xestiona o GDR Salnés-Ulla-Umia. Poden optar a estes fondos proxectos que favorezan o desenvolvemento de zonas rurais, que fomenten o asentamento de poboación ou xeren postos de traballo. Destes fondos pódense beneficiar empresas e autónomos, pero tamén asociacións, comunidades de montes e os propios concellos. A gran novidade desta edición é que a convocatoria pasou de dúas a tres anualidades.

A remuda xeracional e a regulación das rebaixas, entre as principais preocupacións do comercio...

A remuda xeracional é unha das cuestións que máis preocupa aos asociados de Zona Aberta. Pero non a única. As representantes da asociación aproveitaron a reunión co director xeral de Comercio para poñer sobre a mesa outras reclamacións: a regulación do período de rebaixas ou a ampliación do bono comercio.

Zona Aberta traslada as demandas dos pequenos negocios de Vilagarcía ao director xeral de...

A Xunta de Galicia reforza a colaboración co comercio local de Vilagarcía. Esta mañá, o director xeral de Comercio mantivo un encontro con representantes de Zona Aberta, que aproveitaron a súa visita para trasladarlle algunhas das principais preocupacións do sector. Son, por exemplo, afrontar os retos e impulsar a remuda xeracional.

A segunda edición do programa Depo Van da Deputación de Pontevedra medra ata o...

A Deputación de Pontevedra lanza a segunda convocatoria Depo Van, para facilitar a adquisición de vehículos ou remolques ás entidades deportivas da provincia. Nesta edición o orzamento medra ata o millón de euros, un 67% máis que na primeira. Anunciouno en Vilagarcía o presidente da Deputación, no acto de entrega dunha furgoneta ao Arousa.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete