O goberno central ofrecerá cursos en Meis para ensinar á veciñanza a facer xestións...

Meis convértese nun dos primeiros concellos da provincia en adherirse ao programa 'A Administración preto de ti'. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet.  Son actividades pensadas en especial para persoas maiores ou que descoñecen o funcionamento da administración electrónica. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a este programa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

BNG e PSOE piden á Xunta que rectifique e non autorice o proxecto de...

Ademais de asociacións e cidadáns anónimos, a mobilización contou coa presenza de tódalas forzas políticas agás o PP. Tamén se sumaron á protesta colectivos ecoloxistas de toda Galicia.

O PSOE da Barbanza chama a mobilizarse contra Altri

O PSOE da Barbanza fai unha chamada tamén á mobilizacion convocada para mañá sábado, ás 12, na Pobra contra Altri. Para os socialistas barbanzáns, de levarse adiante este macroproxecto de celulosa significaría unha grave ameaza para a nosa comarca, véndose gravemente afectado o noso medio de vida e o noso futuro

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza retoma as mobilizacións semanais en Ribeira

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza acordou manter as concentracións dos xoves no centro de saúde de Ribeira para reclamar a incorporación de tres médicos. Así o decidiron na asemblea celebrada a pasada tarde na que tamén secundarán a mobilización convocada por  SOS Sanidade Pública o 6 de abril Compostela.

O concello de Boiro dotará ó Campo da Mina de herba artificial

O concello de Boiro vén de sacar a licitación o proxecto de mellora do campo da Mina, en Lampón, para dotalo de herba artificial. A actuación, cun orzamento de máis de 700 mil euros, financiarase con cargo ó POS da Deputación da Coruña.

Sete parroquias ‘confluirán’ este ano nos actos de Xoves e Venres Santo de Paradela

Máis dun cento de persoas traballan xa para darlle forma á Semana Santa de Paradela. Este ano, os actos relixiosos veñen con novidades. Por unha banda, coa recuperación da Confraría de Santa María, que levaba inactiva máis dunha década. Pola outra, pola 'unificación' dos actos relixiosos de Xoves e Venres Santo en Paradela de sete parroquias distintas de Meis, Ribadumia, Portas e Meaño. Trátase dun evento declarado de interese turístico galego e que aspira a converterse de interese turístico nacional.

O Salnés toma conciencia da loita contra a explotación sexual da man da activista...

A coñecida activista Mabel Lozano foi a protagonista do acto central do 8M impulsado pola Mancomunidade do Salnés. A tamén cineasta ofreceu en Cambados unha charla sobre a prostitución. No acto proxectáronse tres das súas curtas, que abordan a trata de mulleres e a explotación sexual. Ademais dun acto aberto á veciñanza en xeral, mantivo tamén un encontro co alumnado de secundaria.

Pontevedra precisará dun ano e de 4,6 millóns de euros para destapar o río...

4,6 millóns de euros e 12 meses de traballos serán necesarios para levar adiante a renaturalización do río dos Gafos ao seu paso por Campolongo. Hoxe o equipo redactor presentou o ambicioso proxecto, que supón liberar a canle do río dunha cuberta de máis de sete mil metros cúbicos de formigón. As obras tamén se dirixirán a facer o trazado do Gafos máis natural e a restaurar un ecosistema que non existe na actualidade.

‘Martinho’ deixa un regueiro de incidencias en Barbanza

A borrasca ‘Martinho’ deixouse notar tamén no Barbanza durante toda a noite e principalmente, a primeiras horas desta mañá. Os equipos de emerxencias tiveron traballo arreo, con numerosas incidencias, aínda que a maioría delas sen demasiada importancia.

Touceda asume o mando da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra

A Garda Civil conta dende hoxe cun novo coronel xefe na Comandancia de Pontevedra. Manuel Touceda asumiu esta mañá o cargo nun acto presidido polo delegado do Goberno en Galicia. Pedro Blanco expresou a túa 'total confianza' na súa incorporación, augurando excelentes resultados para a seguridade da provincia de Pontevedra. O delegado apuntou que Touceda representa a modernidade e adaptación da Benemérita ás novas necesidades da sociedade.

REDES SOCIAIS

40,950FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete