Rematan as obras do módulo cuberto de atletismo da Fieiteira
Rematadas as obras do novo módulo cuberto de atletismo da Fieteira. O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Deportes supervisaron esta mañá o resultado dos traballos xunto cos arquitectos responsables do proxecto que veñen de asinar o certificado de fin de obra.
Seguen as mobilizacións ás portas dos centros de saúde do Barbanza
PORTO DO SON> Dende o pasado 10 de maio a Plataforma leva convocando concentracións tódolos venres en distintos centros de saúde da comarca para...
O aparcadoiro do Centenario xa presta servizo en horario ininterrompido
A empresa Cycle comezou hoxe a prestar servizo no aparadoiro do Centenario de Ribeira. Garántese así o persoal suficiente para manter as instalacións abertas día e noite durante todo o ano. ,
Suspendido o operativo de busca dos desaparecidos no naufraxio do Argos Georgia
Suspendida a busca dos desaparecidos do Argos Georgia. Así o decidiu o goberno das Malvinas, nove días despois do afundimento do palangreiro a 200 millas da costa de Stanley.
Trinta patrullas das Forzas Armadas vixiarán os montes no marco da Operación Centinela Gallego
As Forzas Armadas volverán colaborar na vixilancia dos montes galegos durante o verán. O vindeiro 15 de agosto comeza a Operación Centinela Galego, que suporá o despregamento de 30 patrullas e medio aéreos militares para contribuír á prevención dos lumes forestais. Aínda que o tempo podería ampliarse de ser necesario, nun principio estarán nos montes ata o 30 de setembro.
O noiés Antonio Barreiro podería estar entre os falecidos do Argos Georgia
Aínda que inicialmente se deu por desaparecido, todo apunta a que o noiés Antonio Barreiro está entre os falecidos do naufraxio do Argos Georgia. Á espera da confirmación oficial por parte das autoridades británicos, existen indicios sólidos de que o corpo do segundo enxeñeiro do buque foi recuperado xunto co resto das vítimas mortais.
Noia, orgullosa de Caetano Horta a pesar de non clasificarse para a final olímpica
Non puido ser. O noiés Caetano Horta non logrou clasificarse para a final de remo nos Xogos Olímpicos. Xunto co seu compañeiro Dennis Carracedo quedaron cuartos nas semifinais disputadas esta mañá en París. Aínda así, os seus veciños que seguiron a proba dende o Coliseo Noela, amosáronse moi contentos e orgullosos do papel do remeiro nestas Olimpíadas.
Unha multitude rende honores ao rei dos brancos na inauguración da LXXII Festa do...
Hoxe foi a primeira das cinco xornadas máis agardadas polos cambadeses e, por suposto, polos amantes do bo viño. Ao mediodía deuse o tiro de saída á septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño de Cambados. A inauguración foi multitudinaria. Unha afluencia de público que, de cumprirse as previsións, non fará máis que incrementarse cara a fin de semana.
Ribeira avanza na tramitación do polígono coa aprobación do proxecto de urbanización
Novo paso adiante no polígono de Ribeira. O pleno deu o visto bo ó proxecto de urbanización do novo parque que conta tamén co informe favorable de Patrimomio. O obxectivo do concello agora é conseguir financiamento doutras administracións para executar as obras.
A reforma do nó de Bombeiros xa está en marcha e estará rematada en...
Xa están en marcha as obras do nó de bombeiros, en Pontevedra. Despois de anos de agarda, hoxe por fin comezaron os traballos que contan cun investimento de 9,9 millóns de euros. A actuación vai dirixida á remodelación do enlace de Pontevedra norte coa AP9, para mellorar a mobilidade e o fluxo dos tráficos. Calcúlase que estará rematado en setembro de 2025.


















