Máis de 6.000 persoas secundan en Pontevedra a manifestación da CIG pola folga do...
Mentres a manifestación do comité unitario de folga chegaba ao seu fin ante a delegación da Consellería de Vivenda na cidade, na Praza da Ferrería arrancaba ás 12 do mediodía a segunda convocatoria da xornada. Desta volta o chamamento estivo encabezado pola CIG e contou tamén coa participación do Colectivo pola Vivenda de Pontevedra. Unha manifestación que mobilizou tamén a milleiros de persoas.
Centos de persoas secundaron a manifestación da CIG en Ribeira
RIBEIRA> O mal tempo e a chuvia non foron impedimento algún, e a resposta social á convocatoria de folga por parte da CIG en...
Seguimento desigual da folga nos sectores produtivos do Barbanza
A xornada de folga tivo un seguimento desigual. Maior incidencia na industria onde algunhas empresas se viron obrigadas a parar ante a presenza de piquetes. Pola contra, o comercio e a hostalería operaron con normalidade en boa parte dos concellos da comarca.
A sociedade arousá respalda os motivos da convocatoria de folga
Saímos á rúa para coñecer o sentir da sociedade ante a convocatoria de folga. Aínda que hai diversidade de opinións, a maioría considera que hai motivos máis que suficientes para secundala.
As Rías Baixas saen á rúa pola folga xeral con mobilizacións en Pontevedra, Vilagarcía...
As Rías Baixas prepáranse para a xornada de folga xeral deste 11 de novembro. Nas nosas comarcas hai previstas mobilizacións en Pontevedra, Vilagarcía ou Ribeira. A crise da vivenda centra o eixo deste paro, pero a folga servirá tamén para reivindicar medidas para frear a carestía da vida ou reclamar mellores condicións laborais. Os sindicatos fan un chamamento aos traballadores a secundar o paro e participar nas distintas marchas convocadas para este mércores.
A primeira poxa da tempada deixa na lonxa do Grove unha facturación superior aos...
Comezou con moi bo pé a campaña da centola no Grove. Na primeira poxa da tempada vendéronse máis de catro toneladas deste crustáceo, que deixaron na lonxa meca unha facturación superior aos 78.000 euros. Aínda que o prezo máximo baixou lixeiramente ata os 31 euros o quilo, o prezo medio subiu e sitúase preto dos 19 euros, deixando moi boas sensacións entre o sector.
Malestar en Palmeira ante os cortes de tráfico e as molestias derivadas das obras...
Malestar en Palmeira por mor das obras de humanización da travesía que manteñen cortada a circulación na estrada AC-305 ó seu paso pola parroquia. Ademais dos propios veciños afectados, son moitos os comerciantes e propietarios de negocios que denuncian os importantes prexuízos que lle está a ocasionar.
Kids&Us volverá colaborar coa Fundación Andrea a través dun festival solidario en Ribeira
O auditorio de Ribeira acollerá o seis de decembro a segunda edición do Festival Solidario Kids&Us para recadar fondos destinados á Fundación Andrea. As entradas, a cinco euros, xa se poden adquirir no local da academia situado na rúa Xohana Torres.
‘A chama azul das soldaduras’, o lema da Bienal 2027 que nos convida a...
A Bienal de Arte de Pontevedra xa ten imaxe para a edición do 2027. A trixésimo terceira edición da cita, a máis veterana de todo o Estado, desenvolverase baixo o lema ‘A chama azul das soldaduras’. Unha imaxe que fala da capacidade de unir o que é distinto sen borrar as diferenzas. Desenvolverase entre o 30 de abril e o 26 de setembro do vindeiro ano.
O noiés Iago Fernández, terceiro no Mundial de Xadrez Sub-17
Iago Fernández vén de conseguir a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Xadrez sub 17. Este mozo noiés partía no posto 22 do ránking inicial. A súa constancia e temperanza á hora de preparar as partidas xogaron ó seu favor e tras un inicio máis modesto conseguiu ir ascendendo na clasificación ata meterse no podio.

















