A Bandeira Verde xa ondea en Ribeira

A bandeira verde xa ondea na praia de Coroso como recoñecemento da aposta do concello de Ribeira polo medio ambiente. Este distintivo destaca os proxectos desenvolvidos a nivel municipal para contar cun concello máis sostible e eficiente.

A Deputación de Pontevedra incrementa nun 9% os orzamentos para 2027, ata case os...

A Deputación de Pontevedra contará con 261,8 millóns de euros nos seus orzamentos para o 2027. Esta mañá o presidente Luis López presentou as contas do seu executivo, nas que se reforzan a cooperación cos concellos, o deporte, o turismo e o mantemento das estradas. Está previsto que os novos orzamentos se aproben de xeito definitivo no pleno do 6 de novembro, despois de presentarse no Parlamento de Galicia.

O Salnés vive a súa segunda campaña de recollida de oliva co obxectivo de...

As oliveiras do Salnés comezan a dar os seus froitos. Estes días Saraiba, o primeiro proxecto produtor de aceite da comarca, está inmersa na campaña de recollida da oliva. Trátase da súa segunda colleita. O ano pasado deron feito uns 75 litros de aceite de oliva virxe extra, pero este ano contan con triplicar a produción.

Acordo entre a Xunta e Sanxenxo para a construción dunhas 350 vivendas en Vilalonga,...

Impulso á vivenda pública en Sanxenxo. O presidente da xunta e o alcalde asinaron este martes o protocolo de colaboración que permitirá a construción de 350 vivendas en Vilalonga. Delas, o 80% serán protexidas. Vanse construír nunha parcela que o concello mercou á SAREB e que agora, a través deste acordo, vai ceder ao goberno galego. Esta actuación súmase ás dúas parcelas situadas en Noalla e na rúa das Cunchas nas que a Xunta ten previsto construír outras 65 vivendas de promoción pública.

O concello de Ribeira solicitará a reversión da titularidade da parcela das Saíñas

O pleno de Ribeira aprobou a reversión da antiga parcela das Saíñas á titularidade municipal. Aínda que se trataba dun trámite administrativo, este punto da orde do día xerou novamente un intenso debate sobre o cambio de localización da futura residencia.

Conmoción en Cambados pola morte dun can que alguén tirou ao mar con signos...

Terrible episodio de maltrato animal en Cambados. O Refuxio de Animais denuncia a morte dun can que foi atopado esta fin de semana no mar, na zona de Castrelo, con signos de violencia. Malia os incesantes intentos por salvarlle a vida, o animal acabou falecendo este domingo. Dende o Refuxio fan un chamamento á veciñanza para localizar aos seu dono. Explican que decidiron facer público este caso para concienciar á sociedade sobre o maltrato animal.

Mozos e maiores danse a man no magosto interxeracional da Asociación O Castro de...

 Un magosto interxeracional para loitar contra a soidade non desexada. Esa é a proposta  organizada este xoves á tarde pola Asociación O Castro de Baión, en Vilanova. Na actividade participou alumnado de varios institutos da zona, que se encargaron de compartir a xornada cos usuarios que acoden acotío ao espazo de maiores da entidade. Ademais de tempo para a conversa, gozaron todos xuntos do magosto, con castañas e música.

A Pobra segue a reclamar na rúa unha sanidade pública de calidade

A POBRA> Como cada venres continúan as mobilizacións na Pobra en favor da sanidade pública. Reclaman a apertura do PAC a tempo completo así...

Ribeira busca financiamento para retomar o proxecto da nova biblioteca

O concello de Ribeira traballa na busca de financiamento por parte doutras administracións para poder sacar adiante o proxecto da biblioteca municipal. O obxectivo é licitar a obra entre finais deste ano e principios de 2027.

Arranca con grande éxito a segunda edición do MercaNaVila para dinamizar o pequeno comercio

A campaña comercial MercaNaVila arrancou con gran éxito en toda a provincia. Nas primeiras xornadas xa se teñen descargado centos de bonos e se adheriron ó programa a práctica totalidade dos comercios que cumpren cos requisitos.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete