Xunta e o Concello sufragarán ó 50% a reforma do centro de saúde de...

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que permitirá a reforma do centro de saúde da localidade, mentres se agarda pola tramitación do novo. A actuación, cun orzamento que roldará os 43 mil euros, será financiada ó 50% polas dúas Administracións.

Aprobadas as dedicacións do novo goberno noiés

A corporación municipal saínte da moción de censura en Noia celebrou onte pola tarde o seu pleno de organización. O novo goberno, conformado polo PSOE e a Marea, conseguíu sacar adiante a súa proposta, cos votos a favor do concelleiro do grupo de non adscritos, Luís Alamancos, e o BNG. Serán tres dedicacións exclusivas, a do alcalde, Francisco Pérez, e a dos edís Manolo Seijas e Sandra González, e unha parcial a do concelleiro Abel Pan.

O novo goberno de Noia denuncia a existencia de facturas sen consignar por máis...

O goberno de Noia denuncia a precaria situación económica do concello. 15 días despois de asumir a xestión municipal comprobaron que o estado das contas é moito peor do agardado. Acumula unha débeda próximo ós seis millóns de euros coa Mancomunidade Serra do Barbanza e outras administracións públicas. Aínda que o máis grave é a entrada de facturas sen consignar por valor de máis dun millón de euros.

A delegada da Xunta clausura o obradoiro de emprego Lousame-Noia

A delegada territorial da Xunta na Coruña presidiu esta mañá o acto de clausura do obradoiro de emprego conxunto entre Noia e Lousame. Vinte alumnos, dez de cada concello, recibiron o seu certificado de profesionalidade en Actividades Auxiliares de conservación e mellora de montes.

O novo goberno de Noia reducirá nun 20 por cento o gasto en retribucións

Noia celebrará o próximo luns o pleno de organización da nova corporación municipal. Ademais do reparto de competencias, procederase á aprobación das retribucións que suporán un aforro próximo ó 20 por cento.

O Palma Futsal medirase ó Noia no VIII Trofeo Noia Portus Apostoli

Esta mañá presentábase en Noia a oitava edición do Trofeo Portus Apostoli. O torneo, que terá lugar este vindeiro venres a partir das oito da tarde no pavillón municipal Agustín Mourís, enfrontará ó equipo local, o Noia Fútbol Sala e o Palma Futsal.

Porto do Son e Turismo de Galicia colaborarán na regulación de visitas ó Castro...

O director de Turismo de Galicia visitou esta mañá o centro de recepción de visitantes do Castro de Baroña en Porto do Son.  Alí puido coñecer as actuacións que ten previstas o concello para favorecer a accesibilidade na contorna do xacemento así como regular o fluxo de visitantes.

O Mirfak da Armada Española de Ferrol faise co Trofeo Pitusa Sabín

O Mirfak impúxose na Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín celebrada esta fin de semana en augas da ría de Muros Noia. A embarcación da Armada Española de Ferrol conseguiu facerse co trofeo por segundo ano, tras dúas xornadas moi disputadas.

O balance da tempada de socorrismo deixa incidencias leves nas praias do Barbanza

A piques de concluír a tempada estival, o balance do servizo de socorrismo nas praias do Barbanza é positivo. Foron poucas as incidencias graves nos areais da bisbarra a pesar da gran afluencia de bañistas. As intervencións máis habituais consistiron en curas de feridas, cortes ou picaduras.

Preocupación no Barbanza ante a presenza de carabelas portuguesas nas súas praias

A presenza de carabelas portuguesas é cada vez máis frecuente nas nosas costas. Esta mesma semana, a aparición de varios exemplares obrigou a pechar ó baño a praia das Furnas en Porto do Son despois de que unha nena de sete anos tivera que ser trasladada ó hospital trala picadura dun exemplar.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete