Causan graves danos ó entrar a roubar nun 24 horas de Boiro
Novo roubo en Boiro. Dous individuos accederon a un local de vending e forzaron tódalas máquinas expendedoras para levar a recadación. Os propietarios do negocio reclaman máis seguridade posto que é o oitavo roubo que sofren.
Rematadas as obras de remodelación integral do paseo dos Mosqueiros
Rematadas as obras de renovación integral do paseo marítimo dos Mosqueiros. Esta actuación, xunto coa que se iniciará próximamente na Ameixada, suporán unha fonda transformación da fronte litoral de Castiñeiras.
O PSOE de Rianxo reclama a revisión da ordenanza de vados
O PSOE de Rianxo esixe a modificación urxente da ordenanza fiscal número 12 que regula a os vados a accesos á vía pública dende os garaxes. Os socialistas consideran que o equipo de goberno debe explicar claramente en que consiste o cambio, para evitar interpretacións arbitrarias e garantir un trato xusto para toda a veciñanza.
Muros demanda a cobertura das dúas prazas do servizo de pediatría
O concello de Muros demanda unha solución urxente ás carencias que presenta o servizo de pediatría. Na actualidade contan con tan só un especialista compartido co centro de saúde de Carnota.
O BNG rexeita a reactivación do depósito de lodos fronte a Sálvora
O BNG reclama a clausura definitiva do depósito de áridos nas inmediacións da Illa de Sálvora. Entenden que reactivar o punto de vertido nunha zona tan sensible pode ter efectos adversos tanto a nivel medioambiental como de produtividade da ría.
Ribeira homenaxeará ás traballadoras da limpeza polo 8M
O concello de Ribeira homenaxeará ó colectivo de mulleres traballadoras da limpeza co gallo do 8M. Farao durante o acto institucional previsto para este sábado no que recibirán un agasallo en recoñecemento ó seu labor.
Mar executará diversas actuacións portuarias en Muros por valor de máis de 800 mil...
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, anuncia investimentos en infraestruturas portuarias en Muros por un importe de máis dos 800 mil euros. Entre as actuacións presentadas figura a reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do peirao muradán e a mellora da rampla no porto de Esteiro.
O PSOE de Lousame demanda maior mantemento na contorna do Museo de San Finx
O PSOE de Lousame demanda arranxos na contorna do Museo Maneiro de San Finx. Os socialistas denuncian o mal estado en que se atopa un dos principais recursos turísticos do concello.
En marcha as obras de humanización da travesía de Palmeira
A Conselleira de Infraestruturas desprazouse esta mañá ata Palmeira onde comezaron os traballos de humanización da travesía que vertebra a parroquia. O obxectivo desta obra, que conta cun orzamento próximo ós tres millóns de euros, é dar prioridade o tránsito peonil con beirarrúas máis amplas e accesibles, zonas verdes e espazos de lecer.
Os empresarios de Ribeira sortearán 1000 euros polo Día do Pai
A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteará mil euros a gastar nun só día co gallo do día do Pai. A campaña, que conta con preto de 40 negocios participantes, desenvolverase dende este xoves ata o 19 de marzo.

















