O Barbanza contará cun hospital de día oncolóxico
A Xunta de Galicia habilitará un Hospital de Día OncoHematolóxico no Hospital do Barbanza. A nova unidade dará servizoa máis de 600 paceinte ó ano, evitando o seu desprazamento ó Clínico de Santiago.
A Alameda e a Praza Maior da Pobra volverán ser titularidade do concello
Portos de Galicia e o concello da Pobra acordaron a reversión dos terreos innecesarios para a actividade portuaria. Pasaría novamente a titularidade municipal toda a zona da Alameda e a Praza Maior así como o treito da estrada que os separa .
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos na aprobación da Conta Xeral
O PSOE de Rianxo denuncia o incumprimento dos prazos legais para aprobar a conta xeral de 2023. Consideran que o executivo está a cometer unha grave irresponsabilidade que pode derivar mesmo na perda de subvencións
Os xubilados de Porto do Son estrean sede con vistas ó mar
Os xubilados de Porto do Son contan cunha nova sede social. Emprázase na facahda marítima nun inmoble duns 600 metros cadrados. Ademais de actividades recreativas, o novo club acollerá cursos e propostas culturais, constituíndo un punto de encontro para os maiores sonenses.
A Deputación da Coruña apoia ao Club de Remo Puebla con cen mil euros
Na Pobra seguen os apoios ó Club de Remo Puebla, que intenta rexurdir tralo devastador incendio que destruíu por completo a súa sede social, na Covecha. A Deputación da Coruña anunciou que destinará unha axuda de 100 mil euros para compra de novas embarcacións e diverso equipamento.
Ribeira estuda ampliar a instalación de paneis fotovoltáicos a máis edificios municipais
En Ribeira veñen de rematar as obras de instalación de paneis solares en diferentes edificios públicos. A actuación, que busca avanzar no aforro enerxético e no compromiso ambiental, contou cun orzamento de máis de 263 mil euros.
Seguen as inspeccións para dar coa posible orixe do vertido na Ribeiriña
Na Pobra seguen tamén as inspeccións no entorno da antiga fábrica de Hadasa, na Ribeiriña, co fin de detectar a posible orixe dun vertido aparecido no mar nos últimos días.
O conselleiro do Mar visita as instalacións de conservas Sotavento
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba esta mañá as instalacións da conserveira Sotavento en Outes. Alí destacou a aposta que realiza esta firma polo produto local que emprega na elaboración das súas conservas artesanais de máxima calidade.
Villares anuncia novas axudas para equipamentos portuarios por valor duns 9 millóns de euros
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba esta mañá Muros para comprobar a execución dos investimentos realizados na lonxa da localidade ó abeiro da convocatoria de axudas para equipamentos portuarios do pasado ano 2024. O pósito muradán beneficiouse desta liña de axudas para a adquisición dunha carretilla elevadora, unha nova máquina de xeo, novos equipos de pesaxe e tamén unha fregadora aspiradora. Todo por un investimento total que superou os 360 mil euros.
Os alcaldes do Barbanza súmanse á proposta de abordar a gratuidade da AP-9
Os alcaldes do Barbanza apoian a proposta do concello de Ames e solicitan unha comisión para abordar a gratuidade da AP-9. Consideran que se trata dunha medida moi necesaria para os veciños da comarca, xa que os elevados custes das peaxes impiden a moitos usuarios poder empregala.

















