O Botánico do Lago Castiñeiras: a nova aposta da Fundación Xoán XXIII polo emprego...

A Fundación Xoán XXIII presentou hoxe o ambicioso proxecto no que está a traballar. Trátase de Botánico do Lago Castiñeiras, co que busca xerar emprego inclusivo, normalizar o traballo das persoas con discapacidade intelectual e revitalizar a contorna deste espazo natural. A entidade agarda que esta iniciativa, que contempla a posta en marcha de diferentes espazos como unha cafetería ou un viveiro, poida estar funcionando na primavera do vindeiro ano.

O novo goberno de Ribeira saca adiante a súa proposta de organización

A corporación ribeirense celebrou onte pola noite o seu pleno de organización. O grupo  de goberno, formado polos 10 edís do PP e os 3 do PBBI, en maioría, logrou sacar adiante a súa proposta de novo goberno que inclúe un total de cinco dedicacións exclusivas e dúas parciais. O novo executivo defendeu a súa proposta, que suporá un aforro dun 13% menos con respecto ó anterior goberno.

Cambados volve ser o lugar elixido para unha nova edición das xornadas ‘Ti tamén...

Cambados acollerá este sábado a novena edición das xornadas 'Ti tamén formas parte do TDAH', que organiza TDAH Salnés. A cita porá sobre a mesa asuntos que afectan ás persoas que padecen este trastorno e ás súas familias. Van participar distintos relatores das áreas educativo-sanitaria e terapéutica. Tamén contarán co apartado 'En primeira persoas' no persoas contarán a súa experiencia convivindo con este trastorno.

O traspaso da UCA de Ribeira ó Sergas farase efectivo o 1 de xaneiro

O executivo ribeirense segue a dar pasos, esta vez a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, de cara ó traspaso ó Sergas da xestión da Unidade de Condutas Aditivas. Dende o Concello aluden a que o cambio do modelo de xerencia, que se fará efectivo o 1 de xaneiro, será beneficioso para todos.

O PSOE de Rianxo insta a Augas de Galicia a asumir a xestión da...

O PSOE de Rianxo insta a Augas de Galicia a asumir a xestión integral da EDAR e do tanque de tormentas. No seu defecto, apostan por activar a licitación do servizo que custa máis de 25 mil euros ó mes ás arcas municipais.

O concello de Noia habilitará crédito para o pago das facturas sen consignar

O executivo de Noia levará a pleno a habilitación de crédito para o pago das facturas pendentes. Con fondos propios e unha axuda da Deputación para gasto corrente asumirán o pago do 77 por cento da débeda cos provedores que ascende a máis dun millón de euros.

O Plan Especial do Porto de Cambados, clave para o asentamentos de novas industrias

Despois de dez anos de trámites, Cambados acaba de aprobar o seu plan especial do porto. Trátase dun documento clave para o desenvolvemento da vila, así como o asentamento de novas industrias. O documento, que xa foi aprobado en pleno, permite tamén despexar o futuro da praza de abastos, pendende dunha renovación dende hai anos.

Batería de actividades en Cambados para a defensa e posta en valor do medio...

Cambados pon en marcha un completo programa de actividades medioambientais para este outono. As propostas buscan fomentar hábitos saudables entre toda a veciñanza poñendo en valor os espazos naturais do municipio, con iniciativas como ioga ao aire libre, observación de estrelas ou andainas para descubrir a flora e fauna da contorna. O programa inclúe tamén unha campaña divulgativa entre a rapazada, con xogos que van repartir polos colexios.

O Barbanza contará cunha ambulancia medicalizada e un hospital de día oncohematolóxico

O Hospital do Barbanza contará a partir do ano que vén cunha ambulancia medicalizada. A Consellería de Sanidade destinará unha partida de 460 mil euros para poñer en marcha este servizo. O Conselleiro de Sanidade anunciou tamén a creación  dun hospital de día oncohematolóxico que podería estar operativo en 2027.

María Deza despídese de Sanxenxo para dirixir a Axencia Galega de Infraestruturas

María Deza despídese do Concello de Sanxenxo. A primeira tenenta de alcaldía dá o salto á política galega. Será a nova directora da Axencia Galega de Infraestruturas. A popular, moi emocionada, despediuse hoxe da corporación nun pleno extraordinario no que, apuntou, pediu desculpas polos erros que puido cometer. O alcalde e os grupos da oposición agradecéronlle o seu traballo.

REDES SOCIAIS

40,937FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete