Aguiño retoma as mobilizacións pola falla de médicos
Esta mañá volvían as protestas ó centro de saúde de Aguiño. os veciños concentráronse novamente ás portas do ambulatorio para reclamarlle á consellería de Sanidade a cobertura total das dúas prazas de médico de familia que traballan neste centro de saúde.
Portos segue sen autorizar a instalación das festas de Ribeira tras novos requirimentos ó...
O concello de Ribeira descoñece aínda se poderá instalar as festas no recheo portuario. Portos de Galicia ven de requirir a subsanación de varias cuestións técnicas que o executivo local procedeu a emendar. Consideran, sen embargo, que se trata de escusas por parte do goberno autonómico para dilatar o procedemento e impedir finalmente a instalación.
Sanxenxo xa presume das súas 17 bandeiras azuis
Esta mañá o presidente da Xunta e o alcalde de Sanxenxo encargáronse do izado da insignia da praia de Silgar. Unha escena que se repetiu de forma simultáneo nos outros 16 areais do municipio que tamén contan con este distintivo. Sanxenxo mantense como o municipio de España con máis bandeiras azuis nas súas praias. A elas hai que sumar bandeiras azuis en 3 portos deportivos, 1 centro azul e 8 sendeiros azuis, tamén o concello de España co maior número.
Desartellado un punto de venda de droga que operaba en pleno centro de Boiro
A Garda Civil de Boiro desartella un punto importante de venda e distribución de droga na localidade. Foi no marco da operación ‘Jalea Real’. O operativo saldouse coa detención dun total de oito persoas, e a investigación de outras dúas. Nos rexistros realizados os axentes do Instituto Armado interviñeron unha gran cantidade de substancias preparadas para a súa venda, principalmente heroína, cocaína e de haxíx.
A Deputación da Coruña compromete o seu apoio ó Festival de Murais Salmoira de...
O Festival de Murais Salmoira de Ribeira contará o próximo ano cunha achega económica da Deputación. Así o anunciou o vicepresidente do organismo provincial e responsable de Cultura, Xosé Regueira, nunha visita realizada esta mañá para coñecer as novas obras desta edición.
Porto do Son estrea servizo de estimulación cognitiva da man de AGADEA
O concello de Porto do Son estrea unha unidade de estimulación cognitiva para persoas con demencia. O servizo, impartido por AGADEA, busca retrasar o deterioro dos doentes así como ofrecer asesoramento e apoio ás familias.
A Xunta construirá dez vivendas públicas en Vilagarcía
A Xunta e o concello de Vilagarcía asinaron hoxe o convenio para a cesión dunha parcela municipal para ese inmoble en Marxión. Estímase que o investimento total neste proxecto roldará os 1,9 millóns de euros. Hoxe mesmo publicouse a licitación para a redacción do proxecto deste edificio.
Temor en Ribeira trala pelexa mortal entre dous clans xitanos
RIBEIRA> Un morto, máis dunha ducia de feridos de diversa consideración e seis detidos. Este é o balance da multitudinaria liorta rexistrada este martes...
O BNG responsabiliza ao PP de calquera neglixencia por trasladar a ambulancia medicalizada a...
VILAGARCÍA> O BNG levará iniciativas ao Parlamento de Galicia contra a decisión da Xunta de trasladar a ambulancia medicalizada do Hospital do Salnés a...
O Conselleiro de Xuventude destaca en Porto do Son o incremento de prazas nos...
O Conselleiro de Xuventude inaugurou os campamentos que promove a Xunta durante o verán. Fíxoo en Porto do Son, nas instalacións do campamento do Loreto, que recibiron xa á primeira quenda de mozos procedentes de diversos puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades.


















