Desencontro entre a Xunta e o concello de Vilagarcía polo futuro da Casa de...

O goberno local ameaza con demandar a Patrimonio se non se desbloquea este proxecto no prazo dun mes. En concreto, Ravella pídelle a ese departamento autonómico que o inmoble quede exento de necesitar a súa autorización para a súa rehabilitación. Algo que descartaba este xoves o delegado da Xunta en Pontevedra porque, lembra, trátase dun ben catalogado. Pablo Fernández lamenta a actitude do concello vilagarcián, ao que di tender a man na procura de avances.

O delegado da Xunta en Pontevedra considera ‘moi boa nova’ a construción dunha residencia...

A Xunta presentou este xoves novos detalles da nova rede de residencias que se vai construír en Galicia. En todo o territorio prevese a craeción de 25 novos centros, con máis de 1.800 novas prazas. Ademais da de Ribeira, contémplanse 12 lotes repartidos por Galicia, cunha residencia de máis de 100 prazas e outra máis pequena, situada nun concello próximo á grande para optimizar recursos. No caso do Salnés, o proxecto inclúe un lote: o equipamento principal en Sanxenxo e outra de menor tamaño, denominada ‘satélite’ en Cambados.

O cambio de localización da residencia de Ribeira segue a enfrontar a goberno e...

Tenso pleno o vivido este xoves en Ribeira. A oposición esixiulle ó goberno explicacións sobre o cambio de criterio para emprazar a futura residencia nunha parcela entre Cruxeiras e San Roque, desbotando definitivamente o proxecto das Saíñas. Dende o executivo aclararon que a busca do novo emprazamento realizouse trala modificación da normativa para a construción de edificios públicos en zonas potencialmente inundables.

1400 mariscadores de Noia volverán a faenar en Noia o 13 de outubro

Uns 1400 mariscadores da ría de Noia volverán ó traballo o próximo 13 de outubro. A campaña arranca con moitas ganas tras meses sen actividade por mor das riadas que acabaron co 80 por cento de recurso. Sen embargo, as expectativas son moderadas.

Reabre a piscina municipal de Noia despois de melloras por valor duns 70 mil...

A piscina municipal de Noia volve estar operativa despois de varios meses de obras. O Concello reabriu onte mércores  a instalación tras realizar nela diferentes actuacións de renovación e mantemento.

O PSOE defenderá no pleno de Pontevedra a creación dunha bolsa municipal de vivendas...

O Partido Socialista levará o problema da vivenda ao vindeiro pleno municipal de Pontevedra. A formación presentará unha moción con dúas propostas principais: dunha banda, a creación dunha bolsa municipal de vivendas en alugueiro; da outra, aplicación de incentivos fiscais para introducir pisos baleiros no mercado. Medidas de choque, dixo Iván Puentes, para atacar un problema que preocupa, e moito, a cidadanía.

Congalsa presenta en Conxemar 2026 as súas novidades para a hostalería e a restauración

Congalsa, empresa especializada na elaboración de todo tipo de produtos conxelados a base de peixe e marisco e pratos precociñados, está un ano máis presente en Conxemar, a feira internacional do sector que se celebra estes días no recinto feiral de Ifevi, en Vigo. A firma, con sede na Pobra, acudiu á Conxemar cun espazo propio, duns cen metros cadrados de superficie, para ofrecer as últimas novidades nas súas diferentes marcas propias orientadas ó canal HORECA, a través da súa campaña ‘O mellor está por vir’.

Un escudo en pedra na praza da Liberdade lembra o histórico concello constitucional do...

O Carril xa presume de escudo. Trátase dunha réplica en pedra da insiginia do antigo concello, que foi instalada na praza da Liberdade, unha vez foi retirado da zona o vello transformador eléctrico. O concello de Vilagarcía investiu neste escudo de 16 metros cadrados uns 17.000 euros. Hai uns meses xa se instalou un semellante en Vilaxoán.

O BNG de Outes demanda ó goberno a posta en servizo da vivenda pública...

O BNG de Outes demanda ó goberno que poña en marcha a vivenda municipal da antiga escola do Bosque. O anterior executivo deixou acondicionada e con mobiliario a instalación para o seu alugueiro pero cincocentos días despois segue baleira.

O concello de Noia desenvolve un plan de mellora dos parques infantís

O concello de Noia avanza na mellora dos espazos públicos do municipio cun plan de rehabilitación de parques infantís. As actuacións, coa reforma integral do parque da alameda como proxecto principal, superan os cen mil euros.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete