A Pobra convoca un concurso fotográfico inspirado na obra de Victoriano García Martí

O concello da Pobra pon en marcha o I Concurso Fotográfico Victoriano García Martí, O obxectivo é dar a coñecer a figura do escritor a través da súa novela ‘Don Severo Carballo del Alma Gallega, ambientada no seu municipio natal.

500 deportistas danse cita este sábado en Vilaxoán na XVII Bandeira de Bateis ‘Porto...

Vilaxoán acolle este sábado a XVII edición da bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'. Un cento de embarcacións e máis de 500 deportistas daranse cita este ano na proba, presentada esta mañá na Autoridade Portuaria vilagarciá. A competición vaise dividir en 12 categorías, dende alevín ata absoluto feminino e masculino.

A. Pontón: ‘A mobilización é a única vía para parar Altri’

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse esta mañá á Pobra para facer unha chamada á mobilización convocada para este próximo sábado na localidade en contra da instalación da macrocelulosa Altri. Na súa intervención acusou á Xunta de traizoar a Galicia, impoñendo un proxecto que, segundo ela, resultará letal para a nosa comunidade.

A Gala Meisinas e Meisinos do Ano incluirá unha homenaxe póstuma a Paco Outeda,...

Meis recoñecerá nove persoas ou entidades na quinta edición da Gala Meisinas e Meisinos do ano. Entre eles, o bailarín de Paradela Rafael Martínez, varios deportistas, a adega Terras de Asorei ou a Asociación Cultural A Vertula, que celebra o seu 50 aniversario. Precisamente a Banda da Vertula será a encargada de animar a velada. Un evento que se vai celebrar o vindeiro 5 de abril.

O futuro centro de saúde de Noia podería entrar en servizo a principios de...

A adxudicación da redacción do proxecto do centro de saúde de Noia supón un novo avance na tramitación desta gran obra que podería ser unha realidade a finais do 2027. A intención da Consellería de Sanidade é poder licitar as obras ó longo deste ano. O prazo de execución é de dous anos e medio.

Situación límite nunha unitaria de Moraña: precisan dous nenos antes do xoves ou terá...

A unitaria de Lamas, no concello de Moraña, busca rapazada para evitar o peche. A escola infantil precisa que se matriculen dous nenos para o próximo curso antes deste xoves. Se non o conseguen, a Xunta pechará o centro. A mestra fai un chamamento ás familias a que aposten polo modelo educativo que se ofrece neste tipo de escolas, moito máis próximo e apegado á contorna.

Galaxia conmemora o seu 75 aniversario co libro ‘As poetas da colección Salnés’

Cinco autoras danse cita no libro 'As poetas da colección Salnés'. Trátase dunha publicación impulsada por Galaxia, coa que se conmemora o 75 anivesario da editorial. Un poemario que serve tamén de homenaxe á célebre Colección Salnés creada en 1961 de poesía en lingua galega. Neste novo libro, presentado esta mañá en Carril, inclúense textos de autoras como Xohana Torres, María do Carme Kruckenberg ou Pura Vázquez.

Condenados a 5 e 6 anos e medio de cadea os autores dun intento...

Condenados a 5 e 6 anos e media de prisión os autores dun intento de homicidio en Ribeira. Os feitos aconteceron en 2023 cando feriron de gravidade a outro home tras acoitelalo e dispararlle cun arma de fogo. Os acusados aceptaron as penas impostas tras chegar a acordo entre as partes.

Fronte común de Barbanza Arousa contra Altri

Os catro alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa fan fronte común ante Altri. Rexeitan o proxecto da macrocelulosa polo grave impacto ambiental na comarca así como as consecuencias sobre o subministro de auga en tódolos concellos que dependen do Ulla.

Pontevedra defende o Peprica e non ten sobre a mesa realizar ningún cambio

Introducir cambios no Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística, coñecido como Peprica, non entra nos plans do concello de Pontevedra. A pesares de que o ocio nocturno continúa a denunciar o goteo de peches de locais no Casco Histórico polas restricións da norma, o goberno local defende que a ordenanza permite que a zona vella pontevedresa sexa un referente. Pola súa banda, o Partido Socialista pide unha actualización do Peprica para evitar o declive do ocio nocturno na cidade.

REDES SOCIAIS

40,950FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete