O rearme de Europa comeza en Valga: Urovesa prevé un incremento da demanda dun...

Urovesa ten sobre a mesa un aumento de persoal e investimentos nas súas instalacións de Valga ante o incremento da demanda. Aseguran dende a compañía que prevén aumentar a produción nun 50% 'de aquí a dous anos' polo rearme da Unión Europea e o incremento das solicitudes que está a recibir a nivel internacional. Esta mañá, en pleno debate sobre o incremento do gasto en defensa, recibiron a visita do delegado do goberno en Galicia.

Meaño faise cun novo camión do lixo e implementará o colector marrón a partir...

Meaño estrea novo camión do lixo. Trátase dunha nova máquina compactadora con dous compartimentos, o que permitirá facer a recollida do colector verde e do marrón a un tempo. Foi adquirido por máis de 330.000 euros, grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra. No marco desa mesma achega o concello tamén adquiriu uns 140 contedores marróns que se van comezar a repartir entre os establecementos hostaleiros a partir de Semana Santa.

A Pobra acollerá este sábado unha gran mobilización en contra de Altri

A PDRA convoca este sábado na Pobra unha gran mobilización en contra da macrocelulosa de Altri. Colectivos de toda Galicia marcharán por terra e por mar para amosar a súa oposición a este proxecto que vén de recibir a declaración de impacto ambiental favorable por parte da Xunta.

A Deputación da Coruña distingue os mellores deportistas da provincia

Ana Peleteiro e César Carballeira foron distinguidos pola Deputación da Coruña como mellores deportistas da provincia. Entre os premiados destaca tamén a empresa Congalsa polo seu labor de promoción do deporte base na comarca do Barbanza.

‘As mulleres que opinan’ volven ás súas orixes poñendo o foco no xornalismo feminista

Xa está en marcha o foro 'As mulleres que opinan son perigosas' na cidade de Pontevedra. Un total de 15 profesionais pasarán polo escenario do teatro principal, nunha cita que volve ás súas orixes oito anos despois, poñendo de novo o xornalismo no centro do debate. Esta mañá tivo lugar a inauguración do foro, no que as súas impulsoras, Diana López e Susana Pedreira, reivindicaron a necesidade de apostar por un xornalismo con perspectiva feminista.

O PP de Boiro critica o retraso no pago das axudas a deportistas

O PP de Boiro denuncia o retraso no pago das axudas a deportistas federados. Os populares critican tamén, que a día de hoxe, o 30% das subvencións a clubs e entidades deportivas seguen pendentes de realizarse.

A AECC de Ribeira agarda recadar 10.000 euros na Gala Benéfica que se celebrará...

A xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira celebrará o sábado 12 de abril a súa Gala Benéfica. Agardan recadar preto de dez mil euros que se destinarán á investigación oncolóxica.

O nihilismo centra a 41 edición da Semana Galega de Filosofía en Pontevedra

A Semana Galega de Filosofía que se celebra en Pontevedra vai estar dedicada ao nihilismo. Trátase dun pensamento que considera que ao final todo se reduce a nada e que, polo tanto, nada ten sentido. A organización decidiu traer esta doutrina á actualidade denunciando a falta de valores ou incluso o malestar instalado en boa parte da sociedade. Nesta edición participará unha quincena de relatores. Vaise celebrar do 21 ao 25 de abril.

As principais innovacións do sector vitivinícola de Galicia danse a coñecer en Ribadumia

A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía celebrou o quinto Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario. Un encontro no que se abordaron avances en tratamentos fitosanitarios ou na mellora da produtividade. Tamén, avances en canto a adaptación do sector ao cambio climático, como novos sistemas para atender as necesidades hídricas.

O Círculo Deportivo impulsa unhas xornadas de convivencia para os migrantes que acolle ...

Sanxenxo segue dando pasos a prol da inclusión dos migrantes que dende setembro residen no municipio. Desta volta é o Circulo Cultural Deportivo o que impulsa unhas xornadas de convivencia arredor do tenis e o pádel. Unha trintena destes mozos refuxiados entrarán en contacto con estes deportes nunha proposta que busca transmitirlles hábitos arredor da saúde e o benestar. Os participantes, que nunca xogaron a estes deportes, formaranse durante catro xornadas.

REDES SOCIAIS

40,950FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete