Noia pechou 2024 con máis de 700 mil euros de superávit orzamentario
O alcalde de Noia deu conta do bo estado das contas municipais tras aprobarse a liquidación da Conta Xeral de 2024. O superávit orzamentario supera ós 700 mil euros mentres que o remanente de tesourería rolda os 4 millóns e medio.
Ribeira inaugura unha Oficina EsMar de asesoramento sobre as axudas do FEMPA
O Conselleiro do Mar desprazouse ata Ribeira para inaugurar a nova Oficina EsMar, emprazada na Porta do Sol. Trátase dun dos sete puntos habilitados pola Xunta en toda Galicia para asesorar ó sector sobre as axudas europeas do FEMPA.
Comeza a transformación do antigo edificio de Fancenda en Pontevedra no novo arquivo provincial
Os traballos para a reforma da antiga sede de Facenda en Pontevedra están a piques de comezar. Hoxe anunciouse o inicio inminente da primeira fase da súa rehabilitación, que consiste no arranxo das cubertas. A partir de aquí iníciase un longo percorrido para a transformación deste edificio anexo ao Convento de San Francisco na nova sede do arquivo provincial. Este histórico inmoble leva pechado 15 anos e hoxe puido acceder ao seu interior unha cámara de Canal Rías Baixas.
Pontevedra busca voluntariado para o Mundial de Tríatlon Multisport
O campionato celebrarase na cidade do 20 ao 29 de xuño. Para dar resposta a todas as necesidades, a organización fai un chamamento á veciñanza a que forme parte do equipo de voluntariado. Con esta campaña agardan chegar axiña ás 350 persoas anotadas. A elas hai que sumar tamén a colaboración da Brilat, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Todo para que evento deportivo máis importante deste ano na cidade sexa un éxito.
As obras da ETAP de Noia estarán rematadas a finais de xuño
O alcalde de Noia mantiña a pasada tarde un encontro con técnicos de Augas de Galicia e responsables da empresa que está a executar das obras da ETAP. As melloras avanzan a bo ritmo e a previsión é que estean rematadas a finais de xuño.
Ribeira abordará a necesidade de dragar o porto no Consello Sectorial de Pesca
Ribeira celebrará este venres o Consello Sectorial de Pesca no que se abordarán temas clave para o sector. Ademais do dragado dos portos, estudarase a posta en marcha dun plan de acción para poñer freo á perda da produtividade marisqueira na ría.
Pontevedra buscará coordinación coa Xunta no centro de alto rendemento de Cernadiñas Novas para...
O concello de Pontevedra ve con bos ollos o proxecto da Xunta para converter o actual complexo de Cernadiñas Novas, en Santo André de Xeve, no primeiro centro de alto rendemento deportivo de Galicia. Onte o consello do goberno galego declaraba o interese autonómico do proxecto, ao que destinará ao redor de 30 millóns de euros. Esta mañá o alcalde pontevedrés anunciaba a súa intención de solicitar un encontro coa Xunta para evitar duplicidades entre esta instalación e outras que ten proxectadas o goberno municipal, como o pavillón da Parda.
O TSXG desestima o recurso da Mancomunidade contra o xeodestino Mar de Santiago
Gonzalo Durán gana a batalla contra a anterior administración socialista da Mancomunidade pola saída de Vilanova do xeodestino do Salnés e a súa inclusión en Mar de Santiago. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla en contra do organismo comarcal, que recorrera o mapa de xeodestinos aprobado pola Xunta. Foi o alcalde vilanovés o que deu a coñecer hoxe a sentenza, cargando contra a esquerda e a expresidenta da Mancomunidade. Pídelle á Marta Giráldez que pide desculpas.
Vilagarcía propón mover os postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago ao Castro e...
Vilagarcía estuda un traslado temporal dos postos do mercado ambulante de Arcebispo Lago á zona da praza do Castro e ao interior da Peixería. Trataríase dunha reestruturación que viría motivada pola reforma de Conde Vallellano e polas obras do tanque de tormentas detrás da Praza de Abastos. A idea do goberno local é, unha vez rematados estes traballos, recolocar os postos arredor do Mercado. O asunto tratouse na Mesa Local do Comercio, que volverá reunirse dentro de dúas semanas.
Cinco boirenses detidos por tráfico de drogas no marco da Operación Mansao
Detidas 5 persoas en Boiro por un presunto delito de tráfico de drogas. A investigación iniciouse tras detectar un incremento dos roubos nas inmediacións dos puntos de venda, cometidos polos compradores das substancias estupefacientes.

















