Boiro inviste preto de 200 mil euros nos campos de Barraña e Vista Alegre

O executivo boirense inviste preto de 200 mil euros na posta a punto de varias instalacións deportivas municipais, en con creto nos campos de fútbol de Barraña e Vista Alegre. As dúas instalacións deportivas foron renovadas para este inicio de temporada.

A Mancomunidade do Salnés recoñece o apoio de 40 empresas da zona para o...

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés reúne 40 empresas para poñer o punto e final á décimo cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego....

A Asociación de Xubilados de Boiro volve demandar unha residencia pública

A Asociación de Xubilados de Boiro insiste na necesidade de construír unha residencia pública no municipio. Despois de manter unha xuntanza co director xeral de Maiores, Antón Acevedo, este confirmoulle que o Concello non puxo a disposición da Xunta os terreos necesarios para poder acometer esta importante actuación.

PP e BNG responsabilizan ó concello dos cortes de auga polo mal estado da...

Aínda que a pasada tarde se restablecía por completo o subministro de auga no concello de Boiro, os cortes producidos ó longo desta semana seguen sendo obxecto de debate entre goberno e oposición. O PP acusa ó concello de tentar descargar responsabilidades sobre Augas de Galicia cando as avarías, din, producíronse na rede municipal e non na estación potabilizadora de Padrón.

O concello de Boiro insiste en que os problemas de abastecemento derivan da seca...

Dende o concello de Boiro volveron explicar que a situación vivida esta semana é froito da seca prolongada tal e como evidencia a súa inclusión na lista de 74 municipios en situación de seca prolongada.

O BNG levará novamente ó Parlamento a precaria situación da atención primaria no Barbanza

O BNG da Barbanza levará novamente ó Parlamento a situación de precariedade da atención primaria nos centros de saúde e nos PAC da comarca. Os nacionalistas denuncian que en todos eles a día de hoxe séguese con fallas de persoal, o que deriva no incremento das listas de agarda e provoca tamén a saturación do resto de facultativos que vén aumentado o seu número de pacientes.

Ribeira volverá camiñar polos nenos prematuros na VII Andaina de AGAPREM

Ribeira acollerá o domingo catro de outubro a sétima edición da Andaina Solidaria en favor de AGAPREM. A proba, organizada pola asociación de Amas de Casa, busca visibilizar a prematuridade e as complicacións que leva asociadas así como recadar fondos para as familias con nenos prematuros.

O estudo de viabilidade e a proposta de trazado da Vía Verde entre Pontevedra...

Este ano haberá avances importantes no proxecto da futura Vía Verde que unirá Pontevedra e Arcade. Segundo anunciou hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, antes de que remate este 2026 farase entrega do estudo de viabilidade e da proposta de trazado. Luis López visitou hoxe o terreo xunto co director de Ferrocarriles Españoles.

Catro roubos en 15 días e uns 13.000 euros en gastos na igrexa de...

Vaga de roubos  na igrexa de Sobrán, en Vilagarcía. En tan só 15 días entraron no templo catro veces. O ladrón non puido levar nada, pero si deixa cuantiosos danos materiais. Calculan que arranxar os desperfectos vai custar uns 13.000 euros. No último asalto, o ladrón feriuse ao cortarse cos cristais da porta pola que accedeu, deixando un Regueiro de sangue pola igrexa. A Policía xa recolleu mostras para tentar identificalo. Con todo, o párroco ten claro que ten que ser alguén da zona. Estes días, están a reforzar a seguridade de portas e ventás para evitar que volva entrar. Tamén van instalar cámaras.

Os cativos de Boiro contarán cunha zona de psicomotricidade no parque da Praza de...

O executivo boirense vén de adxudicar, por algo máis de 18 mil euros, as obras de instalación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da praza de Galicia. A actuación ten como obxectivo dotar a este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física e ó desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque. Un dos máis concorrido de todo o termo municipal.

REDES SOCIAIS

40,929FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete